1 cebro

1 cebro

(

s m [ANIMAL]

Équido extinto de tamaño dun asno e pelame riscado que habitaba a Península Ibérica. Ademáis das múltiples referencias na toponimia, presentes en toda a Península, caso do Cebreiro, as primeiras referencias escritas débense a Américo Castro, Menéndez Pelayo e, principalmente, ao Padre Sarmiento que recompilou todos os datos que tiña sobre este animal. Posiblemente o cebro se corresponde coa especie Equus hydruntinus, que os arqueozoólogos crían extinguida no Plistoceno, pero da que se coñeceron rexistros fósiles da Idade do Bronce. En Galicia o cebro estivo presente ata os ss XII e XIII e no Levante ibérico persistiu ata o XVII.

Palabras veciñas

cebriónido -da | cebrisca | cebriscar | 1 cebro | 2 cebro -bra | Cebros, Laxe dos | cebú