cebú

cebú

(< tibetano zeu)

Nome científico: [Bos indicus, Fam dos bóvidos]
s m [ANIMAL]

Mamífero artiodáctilo da suborde dos ruminantes e da subfamilia dos bovinos, de cornos máis ou menos desenvolvidos (polo xeral máis desenvolvidos nos machos) ou ausentes, papo grande e cunha xiba carnosa característica. Soporta ben as temperaturas elevadas, pode vivir cunha dieta relativamente pobre e resiste as enfermidades infecciosas. Emprégase para traballos agrícolas e para obter carne e leite. Orixinario probablemente de Bengala, distribúese como animal doméstico pola India, Indochina, Madagascar e na zona oriental de África. Os africanos teñen a xiba na rexión torácica, mentres que nos asiáticos tamén está na rexión cervical. Os híbridos obtidos con outros bóvidos son fértiles.

Palabras veciñas

1 cebro | 2 cebro -bra | Cebros, Laxe dos | cebú | Cebu | cebuano -na | cebullo