Cebros, Laxe dos

Cebros, Laxe dos

Gravado rupestre localizado en Fentáns, na parroquia de San Xurxo de Sacos (Cotobade). No petroglifo, gravado sobre unha rocha de granito fino lixeiramente inclinada, están representadas varias figuras de cérvidos asociadas intencionadamente a combinacións circulares. O centro xeométrico da rocha aparece decorado con deseños circulares e, ao seu redor, están dispostas o resto das figuras. Na parte superior, distínguense dous cervos machos cunha ampla cornamenta, separados entre si por unha serie de combinacións circulares sobre as que, segundo os expertos, estaría insculpido outro zoomorfo. Na parte inferior, destacan os dous cervos de ampla cornamenta, os dous pequenos zoomorfos situados baixo o segundo cervo e o conxunto de combinacións circulares unidas ao cervo da parte superior.

Palabras veciñas

cebriscar | 1 cebro | 2 cebro -bra | Cebros, Laxe dos | cebú | Cebu | cebuano -na