Celeiro
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica que procede do latín cella mais o sufixo -ariu. O topónimo Celeiro pode facer referencia á existencia no lugar dun cuarto pequeno aproveitado para usos agrícolas, tales como a almacenaxe de gran, palla, herba, etc, ou ben para designar casas humildes. O apelido documéntase no s XII: “Petrus Pelaiz de Celeiro” (doc ano 1167 en Ángel Rodríguez González/José Ángel Rey Caíña en “Tumbo de Lorenzana”, Estudios Mindonienses 8, 1992, p 69), “Johã do Celeyro” (doc ano 1307 en C. de Azevedo Maia en História do galego-portugués. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 148). Este apelido tamén se atesta en plural (Celeiros) e nalgúns casos castelanizado (Cillero).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae como armas, en campo de azul, tres patos, voando, de ouro, mal ordenados.