celeiro

celeiro

(< lat cellarĭu‘despensa’)

  1. s m

    Construción ou compartimento, especialmente o construído debaixo do hórreo, que se emprega para gardar e conservar os cereais. Na tradición oral recóllense ditos como: “Metín o rato no celeiro e fíxose o meu herdeiro”.

    Ex: Despois de mallar o centeo, houbo que carrexalo ata o celeiro.

  2. s m

    Hórreo de forma rectangular nalgunhas zonas de Galicia.

  3. s m

    Alpendre reservado para gardar a herba seca, a palla ou a ferramenta.

    Sinónimos: palleira.
  4. s m

    Sitio da casa que se emprega para gardar as provisións.

    Ex: As poucas provisóns que tiñan no celeiro mostraban a pobreza na que vivían.

  5. s m

    Casa pequena terreña onde vive unha persoa pobre.

    Sinónimos: bodego, cabana, caseta, caseto, casopa, casopo, chabola, choupana.
  6. s m [PESCA]

    Compartimento para gardar o peixe nas embarcacións pequenas formado polos taboleiros que pechan as bancadas.

Formas incorrectas

zuleiro

Palabras veciñas

celebridade | Celedonio/Celedonia | celeireiro -ra | celeiro | Celeiro | Celeiro | Celeiro