celeiro
celeiro
(< lat cellarĭu‘despensa’)
-
s
m
Construción ou compartimento, especialmente o construído debaixo do hórreo, que se emprega para gardar e conservar os cereais. Na tradición oral recóllense ditos como: “Metín o rato no celeiro e fíxose o meu herdeiro”.
Ex: Despois de mallar o centeo, houbo que carrexalo ata o celeiro.
-
s
m
Hórreo de forma rectangular nalgunhas zonas de Galicia.
-
s
m
Alpendre reservado para gardar a herba seca, a palla ou a ferramenta.
Sinónimos: palleira. -
s
m
Sitio da casa que se emprega para gardar as provisións.
Ex: As poucas provisóns que tiñan no celeiro mostraban a pobreza na que vivían.
-
s
m
Casa pequena terreña onde vive unha persoa pobre.
Sinónimos: bodego, cabana, caseta, caseto, casopa, casopo, chabola, choupana. -
s
m
[PESCA]
Compartimento para gardar o peixe nas embarcacións pequenas formado polos taboleiros que pechan as bancadas.