Cellán, pazo de
Cellán, pazo de
ou torre dos Pardo Construción nobre barroca situada en Castroverde. Trátase dun edificio con planta en forma de L, dotado dunha torre defensiva de tres andares nun dos seus extremos. Destaca pola súa fábrica de cadeirado ben labrado. Na fachada consérvanse dous brasóns labrados en pedra coas armas dos Pardo.