cemiterio

cemiterio

(

  1. s m
    1. Lugar onde se enterran os mortos. O costume de destinar un lugar determinado para soterrar aparece xa en épocas moi antigas coa necrópole, aínda que o concepto moderno de cemiterio naceu co cristianismo. En Roma e noutras cidades optábase polo tipo subterráneo (catacumba), pero en pouco tempo estendeuse o costume de enterrar os mortos preto das tumbas dos mártires e arredor das igrexas. A partir de finais do s XVIII, por razóns sanitarias e de espacio, as autoridades civís e eclesiásticas ordenaron a construción dun cemiterio para cada poboación afastado do centro urbano e mantívose, en xeral, o seu carácter confesional.

      Ex: Os cemiterios énchense de xente o primeiro de Santos.

      Sinónimos: camposanto. Confrontacións: necrópole.
    2. Lugar no que se enterran animais. OBS: Normalmente, especifícase o animal cunha frase preposicional.

      Ex: Na viaxe que fixemos por África vimos moitos cemiterios de elefantes.

    1. s m

      Lugar no que están depositados cousas ou materiais que xa non se usan.

    2. cemiterio de coches/automóbiles

      Sitio onde se amorean coches estragados e que xa non circulan.

    3. cemiterio nuclear

      Espacio preparado e protexido para poder almacenar produtos radiactivos.