cemiterio
(
-
s
m
-
Lugar onde se enterran os mortos. O costume de destinar un lugar determinado para soterrar aparece xa en épocas moi antigas coa necrópole, aínda que o concepto moderno de cemiterio naceu co cristianismo. En Roma e noutras cidades optábase polo tipo subterráneo (catacumba), pero en pouco tempo estendeuse o costume de enterrar os mortos preto das tumbas dos mártires e arredor das igrexas. A partir de finais do s XVIII, por razóns sanitarias e de espacio, as autoridades civís e eclesiásticas ordenaron a construción dun cemiterio para cada poboación afastado do centro urbano e mantívose, en xeral, o seu carácter confesional.
Ex: Os cemiterios énchense de xente o primeiro de Santos.
Sinónimos: camposanto. Confrontacións: necrópole. -
Lugar no que se enterran animais. OBS: Normalmente, especifícase o animal cunha frase preposicional.
Ex: Na viaxe que fixemos por África vimos moitos cemiterios de elefantes.
-
-
-
s
m
Lugar no que están depositados cousas ou materiais que xa non se usan.
-
cemiterio de coches/automóbiles
Sitio onde se amorean coches estragados e que xa non circulan.
-
cemiterio nuclear
Espacio preparado e protexido para poder almacenar produtos radiactivos.
-
s
m