ceo

ceo

(

  1. s m

    Parte do espazo observada desde a superficie terrestre, en forma de cúpula, circunscrita polo horizonte. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ceo agoado, herba no prado. Ceo apedrado, agro mollado. Ceo escamento, ou chuvia ou vento. Ceo lastrado, piso mollado. Ceo ovellado, aos tres días mollado. Do ceo veña quen nos manteña. Máis val entrar probe no ceo que rico no inferno. Non se vai ao ceo a cabalo. Quen ao ceo cuspe, na cara lle cai”.

    Ex: Non había ningunha estrela no ceo.

    Sinónimos: firmamento.
  2. s m

    Espacio que envolve a Terra, no que se inclúen o Sol, a Lúa e as estrelas.

    Ex: A nave espacial atravesou o ceo en poucos segundos.

  3. s m

    Reunión de esferas cristalinas concéntricas á Terra onde, segundo os antigos, se movían as estrelas e tamén cada unha desas esferas.

  4. s m [RELIX]
    1. Deus mesmo.

      Ex: Que o Ceo faga que todo acabe ben!

      Sinónimos: Deus, Deus.
    2. Lugar considerado como a morada de Deus e dos benaventurados. As cosmogonías das distintas relixións comezan, normalmente, coa separación inicial e física entre o Ceo e a Terra, e atribúen a realidade do ceo físico a unha serie de prerrogativas teolóxicas: é a residencia dos deuses, o lugar dos espíritos (hinduísmo, budismo, relixión azteca, xudaísmo) e, cando a evolución relixiosa chegou á crenza na inmortalidade individual do espírito humano, é tamén a morada das ánimas dos defuntos xustos. A Biblia, xa no Antigo Testamento, establece unha distinción neta entre o ceo cosmolóxico, que forma parte deste mundo, e o ceo teolóxico, que é a “residencia” de Deus. Os evanxeos prefiren o termo paraíso para referirse ao ceo dos benaventurados, mentres que o ceo como tal é expresión da realidade e da transcendencia divinas. Modernamente, fálase dunha comprensión máis personalista do ceo, como a realización da plenitude do home. Por outra banda, as concrecións máis explícitas sobre o ceo débense ao Islam. Para os musulmáns, o ceo é unha mansión eterna onde o home goza dos máis diversos praceres.

    1. s m

      Parte superior de certos espacios pechados ou recintos que cobre algunha cousa e que se asemella á curva do ceo.

      Ex: Decidiu pintar o ceo do coche de cor verde.

    2. ceo da boca

      padal.

  5. ceo raso [CONSTR]
    1. Teito no que non se ven as vigas.

    2. Revestimento dun teito feito para esconder os elementos estruturais, as instalacións eléctricas ou o aire acondicionado, diminuír ou illar a altura dunha sala, etc.

Frases feitas

  • A ceo descuberto. Ó aire libre.

  • Baixar do ceo/ caer do ceo/chover do ceo. Suceder algunha cousa positiva coa que non se contaba.

  • Caer o ceo. Chover dunha maneira torrencial.

  • Ceo cardado/ceo empedrado/ceo ovellado/ ceo rubio/ceo como sebo de carneiro/ceo con rocadas de la. Estar o ceo cuberto con nubes densas e compactas.

  • Cuspir ao ceo. Botar soberbias.

  • Estar no (sétimo) ceo. Vivir un momento de felicidade e benaventuranza.

  • Gañar o ceo. Sufrir con resignación as penas, os traballos, etc.

  • Querer atracar o ceo coas pernas. Tentar facer máis do que se pode.

  • Tocar o ceo coas mans. Pretender cousas imposibles.

  • Ver o ceo aberto. Ver o momento para conseguir algo ou saír dun problema.

Palabras veciñas

cenuro | cenurose | cenzo | ceo | CEOE | ceolita | cepa