cermet

cermet

(< cer(ámica)

s m [IND]

Material constituído por unha mestura de compoñentes cerámicos e metálicos, obtidos mediante fusión, metalización ou sinterización. Os materiais cerámicos máis empregados son óxidos, carburos, boruros, siliciuros e nitruros. Utilízase para fabricar resistencias eléctricas, ferramentas de gume, pezas refractarias para turbinas, recubrimentos para cápsulas espaciais, etc.