Cerviño

Cerviño
  1. [ONOM]

    Apelido que ten a súa orixe nun alcume que remite a un diminutivo de cervo. Documéntase no s XIV: “Martin Çeruynno” (doc ano 1349 en Manuel Lucas Alvarez/Mª José Justo Martín, Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela. Pergameos da serie Bens do Arquivo Histórico Universitario 1237-1537, 1991, p 213).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que se asentou en Moimenta (Campo Lameiro), de onde partiu a rama de Granada, e en Carballedo (Cotobade). As súas armas levan, en campo de azul, dous cervos de ouro, postos en pao; bordo de goles, con oito aspas de ouro. Outra variante trae, en campo de sinople, unha montaña de ouro, sumada dunha torre da súa cor.