champaña
(
iño branco ou rosado escumoso, o máis reputado dos deste tipo, propio da rexión francesa de Champagne (definida como rexión vitivinícola en 1927). É característico da súa elaboración que a segunda fermentación se realice en botella e de acordo co conxunto de normas definido no méthode champenoise. Este tipo de elaboración inventouno o monxe beneditino Dom Perignon no s XVII. As uvas autorizadas son a branca Chardonnay e as tintas Pinot Noir e Pinot Meunier. As rollas deben levar obrigatoriamente a palabra Champagne impresa. Entre as adegas máis representativas figuran Moët et Chandon, Charles Heidsieck, Pommery et Greno, Veuve Clicquot-Ponsardin, Veuve Laurent Perrier ou Mumm C. Rouce. Pode ser moi seco (brut), extra seco (extra sec), seco (sec), semiseco (demisec) ou doce (doux), segundo a cantidade de licor de expedición (champaña azucrado cun pouco de coñac) que conteña, de menos do 2% ata o 10%, co que se asocia como norma xeral menos azucre con maior calidade.