Champagne

Champagne

Comarca natural do NL de Francia incluída na rexión administrativa de Champagne-Ardenas. Limita ao N coas Ardenas, ao L coa Lorena e o Franco Condado, ao S coa Borgoña e ao O coa Île-de-France e a Picardie. Correspóndese cunha chaira calcaria lixeiramente elevada na súa periferia e atravesada en dirección SL-NO polos ríos da conca do Sena. O produto máis coñecido da comarca é o viño escumoso. A capital administrativa é Reims, aínda que o seu principal núcleo histórico foi Troyes.