China Oriental, Mar da
China Oriental, Mar da
Mar do Océano Pacífico que se estende ao longo da costa oriental de China, desde Corea e o SO do Xapón, ao N, ata Taiwán, ao S. Ao NO ábrese ao Mar Amarelo. O estreito de Corea comunícao co mar de Xapón, e o de Formosa, co da China Meridional. As illas Ryūkyū forman o límite oriental. Ten unha profundidade media duns 350 m que, ao O, é de menos de 200 m, cunha zona ao longo da costa occidental de Ryūkyū que pasa de 1.800 m. Experimenta a forza dos monzóns e a miúdo prodúcense violentos tifóns.