"AGN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 267.
-
FILOSOFOS
Filósofo italiano. Historiador da filosofía e formulador dunha versión do existencialismo na obra Esistenzialismo positivo (Existencialismo positivo, 1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia da sensación perceptiva nun membro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anoxia local que afecta ás extremidades, como na enfermidade de Raynaud.
-
PERSOEIRO
Rei de Galicia Asturias e León (866-910). Fillo de Ordoño I, que o elixiu para sucedelo nomeándoo Rei de Galicia. Este feito ocasiona a sublevación dos condes galegos Hermenexildo, que trataba de usurparlle a coroa, e o lucense Froila Vermúdez, que o acada, facéndoo fuxir a Castela; os propios homes do usurpador asasínano e proclaman Rei a Afonso. Ao longo do seu Reinado sucedéronse en Galicia as revoltas na súa contra: no 866 será novamente Hermenexildo quen se rebele; derrotado, perde os seus bens, doados polo Rei en agradecemento á basílica compostelá. Consonte o pulo que a Córdoba musulmá acadara, que obrigaba ao pago de diversas imposicións aos reinos cristiáns e á intervención na súa política interna, Afonso decidiu axudar no 873 aos Banū Qasī fronte ao Emir de Córdoba, Mu ḥ ammad I. No 876 aliouse co muladita de Mérida, ibn Marwān, vencendo entrambos o exército cordobés. No 877, ibn Marwān abandonou Badajoz poñéndose baixo a protección do rei cristián. O...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1416-1458). Fillo de Fernando, quen deixou trazada a política xeral dos reinos proseguida polos seus fillos, e Leonor de Alburquerque. Mostrou unha sensibilidade ao catalán moi axiña, aínda que no Parlamento de Barcelona (1416) fixera a proposición real en castelán, nas Cortes de Sant Cugat (1419) leu a proposición en catalán. En Sardeña afianzou o dominio catalán (1420) grazas a un acordo co vizconde Guillerme III de Narbona e na illa de Córsega puxo cerco a Bonifacio para facer efectivo o título de Rei de Córsega; así mesmo, entrou na cidade de Nápoles logo de vencer por terra a Luís de Anjou e por mar aos xenoveses. Afonso volveu a Catalunya e permaneceu nove anos nos seus reinos ibéricos. A súa política exterior estivo marcada pola oscilación de intereses entre a expansión mediterránea e a peninsular, con predominio definitivo da primeira. As guerras dos Trastámara de Aragón contra os de Castela, que custaron a vida do infante Enrique (1445), procuraron o dominio de Toledo...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Parentesco de consanguinidade por liña exclusivamente masculina.
-
Parentesco civil existente entre o pater familias e todas as persoas sometidas á súa patria potestade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parente por agnación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao agnato ou á agnación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non ten mandíbulas.
-
-
Que carece de mandíbulas.
-
Nome que designa as especies de homínidos que carecen de mandíbulas prominentes, polo que presentan unha faciana caracterizada pola verticalidade.
-
ertebrado que pertence á superclase dos agnatos.
-
Superclase de vertebrados acuáticos dos filocordados que non presentan mandíbulas. De aspecto semellante aos peixes presentan un esqueleto cartilaxinoso e unha boca zugadora con dentes duros. A este grupo pertencen os vertebrados fósiles máis antigos, procedentes dos estratos Silúrico e Devónico. Forman parte desta superclase os ostracodermos fósiles e os ciclóstomos, como a lamprea.
-
-
PERSOEIRO
Industrial e financeiro italiano. Fundou en 1899 a Fabbrica Italiana Automobili Torino (FIAT) da que foi presidente dende o ano 1920 ata a súa morte. O seu neto Giovanni Agnelli (Turín 1921) é presidente do grupo FIAT dende 1966, e membro do consello executivo da Trilateral. Foi nomeado senador vitalicio en 1981.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperatriz da Alemaña, casada co Emperador Enrique III (1043). Asumiu a rexencia do Imperio durante a minoría de idade do seu fillo Enrique IV (1056-1062), sendo deposta pola nobreza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rapaza duns 12 anos que morreu mártir, degolada. Os testemuños do seu martirio datan do s IV e a lenda posterior fíxoa irmá de santa Emerenciana. Represéntase cun año nos brazos. A súa festa celébrase o 21 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemática italiana. Sobresaíu pola súa precocidade. Publicou moitas obras, das que a máis importante é Istituzioni Analitiche ad uso della gioventù italiana (1748), na que trata a chamada cúbica de Agnesi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tokhari.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade da relixión védica que personifica o lume do sol, do lóstrego e, sobre todo, do sacrificio. Considerado fillo de Dyaus, é descrito como benefactor e protector do fogar.
-
-
Antigamente, aprobación ou recoñecemento dun dereito.
-
anagnórise.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bartolomeo Baglioni.
-
-
Nome adicional ou epíteto.
-
Sobrenome romano individual que se podía agregar ao convencional sistema dos tria nomina (praenomen, nomen, cognome). Nun principio, engadíase simplemente ao prenome (praenomen) e ao nome xentilicio. Posteriormente, coa subdivisión das gentes en estirpes, o agnomen primitivo converteuse en hereditario, pasando a se converter en apelido ou nome de familia (cognome). Tiña a súa orixe nunha característica particular, eiva ou ocupación predilecta do individuo ao que se lle aplicaba. Así, por exemplo, Decimus Iunius Brutus Gallaicus, famoso por levar a cabo a primeira campaña contra os gallaeci.
-