"ALCAN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 62.

  • Siglas da Aluminium Company of Canada, empresa fundada no 1928 por ALCOA como sección autónoma das súas actividades no estranxeiro, feito denunciado no 1944 como actividade monopolística. Dende 1951 é independiente e a principal competidora de ALCOA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Península Ibérica, na conca do Ebro, afluente pola dereita do Cinca, preto de Ballobar logo dun percorrido de 138 km. Nace na serra de Guaira e flúe en dirección a Somontano e aos Monegros. Pola banda dereita recibe o Guatizalema e, augas abaixo de Sariñena, o Flumen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Tarragona (7.727 h [1996]). É o municipio máis meridional de Catalunya. Cultivos de secaño (alfarrobeiras, olivos, amendoeiras). Laranxeiras e hortalizas. A apicultura ten unha gran tradición. Fábrica de cemento. Na moa do Remei encóntranse os restos dun poboado ibérico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alcanzar.

    2. Distancia ata a que se pode chegar a tocar, lograr ou obter unha cousa, os efectos ou a súa influencia.

    3. Relevancia ou importancia dunha cousa ou feito.

    4. Capacidade de entendemento.

    5. Audiencia total dun anuncio ou campaña.

    6. Saldo dunha conta debedora.

      1. Distancia ata a que chega o efecto eficaz dunha radiación.

      2. Distancia máxima á que resulta posible sentir unha acción física.

      3. Distancia horizontal entre o punto de orixe e o punto de caída dun proxectil.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario aparecido na Coruña no ano 1885 e subtitulado “Diario político y literario de la tarde”. O seu director foi Uxío Romo Jara ata 1886.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal fundado por Antonio Fernández Tafall e publicado no ano 1892 en Santiago. Subtitulábase “Diario católico, independiente, telegráfico. Defensor de los intereses morales y económicos de Galicia”. No seu suplemento dos xoves, introducía artigos vencellados a diversos campos da cultura e colaboracións poéticas, da autoría de Barcia Caballero e Lisardo R. Barreiro. Xunto a estes, versións de textos de autores estranxeiros como Víctor Hugo, Leconte de Liste ou La Bruyère, e algúns poetas españois. No número extraordinario do 1 de xuño de 1893 publicouse un monográfico sobre Alfredo Brañas, con artigos de Murguía e Salvador Cabeza, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido o 3 de febreiro de 1897 en Santiago de tendencia católica e relacionado co rexionalismo conservador. Continuador de El Alcance (1892). Alfredo Brañas e Romero Blanco, entre outros, foron redactores, identificados coa defensa da temática sostida polo xornal: a Igrexa, Galicia e o Rexionalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga peza de roupa interior con mangas, semellante a unha camisa que levaban os homes e as mulleres indistintamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia branca, cristalina e recendente, que se obtén a partir da madeira da canforeira, utilizada para resgardar a roupa da traza. É unha cetona terpénica existente nas dúas formas opticamente activas e na racémica. Obtense por destilación con arrastre de vapor da madeira da alcanforeira; desta maneira conséguese a forma dextróxira. A forma racémica obtense a partir do pineno. Os seus cristais desprenden un cheiro penetrante característico. É soluble en disolventes orgánicos e ácidos minerais. Emprégase como plastificante da celulosa e os seus éteres úsanse na fabricación de plásticos, sobre todo celuloide, lacas e vernices, en explosivos, pirotecnia e como bactericida en produtos farmacéuticos e cosméticos. A súa elevada constante crioscópica fai que sexa un solvente ideal para a determinación de pesos moleculares segundo o método de Rast. Inxectado en solución oleosa ( aceite alcanforado) actúa como estimulante cardíaco e respiratorio.

    2. borneol levóxiro.

    3. Derivado do alcanfor por substitución dun átomo de hidróxeno por un de bromo. Emprégase principalmente como sedante nervioso, antiespasmódico e anafrodisíaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia branca, cristalina e recendente, que se obtén a partir da madeira da canforeira, utilizada para resgardar a roupa da traza. É unha cetona terpénica existente nas dúas formas opticamente activas e na racémica. Obtense por destilación con arrastre de vapor da madeira da alcanforeira; desta maneira conséguese a forma dextróxira. A forma racémica obtense a partir do pineno. Os seus cristais desprenden un cheiro penetrante característico. É soluble en disolventes orgánicos e ácidos minerais. Emprégase como plastificante da celulosa e os seus éteres úsanse na fabricación de plásticos, sobre todo celuloide, lacas e vernices, en explosivos, pirotecnia e como bactericida en produtos farmacéuticos e cosméticos. A súa elevada constante crioscópica fai que sexa un solvente ideal para a determinación de pesos moleculares segundo o método de Rast. Inxectado en solución oleosa ( aceite alcanforado) actúa como estimulante cardíaco e respiratorio.

    2. borneol levóxiro.

    3. Derivado do alcanfor por substitución dun átomo de hidróxeno por un de bromo. Emprégase principalmente como sedante nervioso, antiespasmódico e anafrodisíaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impregnar calquera cousa de alcanfor.

    2. Tratar calquera cousa con alcanfor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore de ata 40 m de altura, de follas persistentes, ovadas, longamente pecioladas e con flores amarelas. Aínda que é orixinaria de China, Xapón e Taiwán, cultívase en terreos ricos e húmidos de África, da costa mediterránea, de Florida, etc. Todas as partes do vexetal teñen abundantes células secretoras, que producen, entre outras substancias, o alcanfor. É unha árbore moi empregada en xardinería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concello da provincia de Teruel, Aragón, á beira do Guadalupe (12.679 h [1996]). Industrias derivadas da agricultura e de material refractario. Ten pinturas rupestres nas que se poden recoñecer as catro fases da arte rupestre levantina. Ramón Berenguer lV de Barcelona reconquistouno definitivamente no 1157. Afonso l de Aragón cedeu Alcañiz aos cabaleiros de Calatrava, que estableceron alí a encomenda de Aragón. Carlos I concedeu no 1526 unha Carta Magna que independizaba a vila da tutela dos cabaleiros. Os privilexios e as franquicias foron suprimidos no 1591. O castelo domina a vila. Lonxa (s XV). Colexiata comezada no 1736.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en Alcañiz polos delegados dos parlamentos catalán e aragonés, polo que deixaban a cuestión da sucesión en mans duns xuíces ou compromisarios. Este pacto preparou o Compromiso de Caspe (1412).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na industria petroleira, condensación do isobuteno e de diversos butenos para formar trimetilbuteno e o chamado isooctano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos hidrocarburos saturados de cadea aberta, de fórmula xeral CnH2n+2presentes no petróleo e no gas natural. Chámanse tamén parafinas. O máis simple é o metano. Os outros alcanos derivan del formalmente por sucesivas insercións de metilenos -CH2-. A partir do cuarto membro da serie aparece a posibilidade de isomería por ramificación da cadea de carbonos e o número de isómeros medra moi rapidamente a medida que o número de carbonos aumenta. O nome dos alcanos lineais, excepto os catro primeiros, obtense combinando un prefixo numeral, derivado do grego ou do latín, que indica o número de carbonos, co sufixo -a. Os posibles isómeros noméanse con outros prefixos (n-, iso-, neo-) ou coa nomenclatura da IUPAC. A estrutura espacial dos alcanos vén determinada pola disposición tetraédrica das catro valencias dos carbonos, a causa da hibridación sp3dos seus orbitais atómicos....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Cáceres (Extremadura) á beira da confluencia do Alagón e o Texo (1.876 h [1996]). No seu termo, sobre o Texo, encóntrase a ponte romana de Alcántara (s I d C) de seis arcos, 194 m de lonxitude e 71 m de alzada máxima; é unha das pontes romanas máis grandes e mellor conservadas. A vila foi definitivamente reconquistada aos musulmáns no 1212 por Afonso IX. En 1479 celebrouse nela unha entrevista entre Isabel I de Castela e a súa tía Beatriz de Viseu, cuñada do Rei Afonso V de Portugal, preliminar doTratado de Alcaçovas.O convento de San Bieito, casa da Orde de Alcántara reconstruído entre o 1499 e o 1577, está en ruínas. Igrexa parroquial de Santa María de Almocóvar con fachada románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo andaluz. Fundou e dirixiu a revista La Escuela Moderna. Autor, entre outras obras, do Compendio de la Pedagogía, libro de grande influencia e difusión no seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e tradutor. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona en 1953, foi director da Escola de Turismo da Coruña e colaborou en La Voz de Galicia, Atlántida, Vida Gallega e El Ideal Gallego. No 1954 obtivo o Premio Nadal con La muerte le sienta bien a Villalobos; no 1957 o Premio Hércules de Prata do Teatro Nuevo da Coruña con La herida en la mano, e o Premio da Asociación de Prensa de Ourense. Trasladouse a Roma en xullo do 1972 onde publicou Antología de la Literatura Española (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO