"ASPI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 38.

  • Xénero de crustáceos da superorde dos sincáridos ao que pertence A. tasmaniae, que vive nas augas estancadas e profundas das montañas de Tasmania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • irano-turaniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Advanced SCSI Programing Interface] Interface de Programación SCSI Avanzada é a forma estándar utilizada para que os programas de aplicación accedan ao hardware SCSI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla clandestina semanal subtitulada “Periódico satírico e político”, aparecida o 17 de outubro de 1868. Saíu nos sábados e cesou no terceiro número. Editada na Imprenta del Siglo, incluía as seccións: “Editoriales”, “Revista semanal”, “Picaduras”, “Escenas sueltas” e “Sección amena”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes da familia das liliáceas, sen tallo, con grandes follas radicais, lanceoladas, dun verde escuro e coriáceas. As flores púrpuras aparecen pegadas ao chan. Orixinarias da China (A. lurida) e do Xapón (A. elatior) son moi apreciadas como plantas de interior pola súa resistencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘escudo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao gordo e curto co que se remexen as papas para que non formen gromos ao cocer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aspirar.

    2. Esperanza de acadar algunha cousa.

      1. Nos motores térmicos alternativos, acción de aspirar o aire (motor diesel) ou a mestura de combustible (motor de explosión) cara ao interior do cilindro, polo efecto de succión que provocan os émbolos dos pistóns.

      2. Nos motores térmicos rotativos (turbinas), acción de aspirar o aire cara ao interior da cámara do compresor, polo efecto de succión que provoca o xiro do rotor.

      3. Conxunto de tubos, condutos, colectores, etc, que canalizan o aire ou a mestura de combustible cara ao interior dos cilindros dun motor ou da cámara de compresión dunha turbina.

    3. Acción de aspirar un líquido cara ao interior da cámara dunha bomba, polo efecto de succión que provoca o xiro dun carrete ou o desprazamento mecánico de pistóns, engrenaxes, pas, etc.

    4. Característica fundamental dalgúns fonemas, chamados por iso aspirados, cunha realización que consiste nun sopro, xordo ou sonoro, localizado no veo do padal, úvula, farinxe ou larinxe.

      1. Evacuación mediante o aspirador de secrecións normais ou patolóxicas, especialmente da árbore bronquial.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Betanzos o 3 de abril de 1904 de tendencia caciquil. Subtitulado “Semanario independiente”, desapareceu o 17 de marzo de 1912 cando chegaba ao número 441. Oposto ideoloxicamente ao xornal La Defensa (1906), órgano das Sociedades agrícolas, mantivo duros enfrontamentos con estoutra publicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aspirar.

    2. Acompañado de aspiración ou producido por ela.

    3. Aplícase ao fonema que ten unha articulación que depende basicamente dunha aspiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que aspira.

      1. Aparello que produce movemento de gases ou de líquidos por aspiración, cunha bomba, un extractor, etc.

      2. Aparello empregado para a extracción de fumes e gases. En xeral, só é utilizado cando non se pode instalar un aparello de impulsión ao principio da liña, disposición máis vantaxosa que a de poñelo ao final, de xeito que aspire.

      3. Aparello utilizado na drenaxe de fluídos presentes nas cavidades do organismo.

      4. Conduto que enlaza a boca dunha bomba ou dunha turbina coa masa líquida situada no nivel máis baixo. Nas bombas, seguindo o sentido da circulación do líquido, o aspirador é un tubo converxente que fai que o líquido acade progresivamente a velocidade que ha de ter na boca de entrada. Nas turbinas, é un tubo diverxente en forma de tronco de cono ou, máis xeralmente, dun cóbado de 90°, con cambio de sección gradual dende a saída do carrete ata o aspirador.

    2. Máquina para a limpeza doméstica que saca o po por aspiración. Consta dunha pequena turbina que aspira o po xuntamente co aire a través dun tubo acabado nun bico, que se aplica sobre a superficie que se quere limpar. A aspiradora devolve o aire ao exterior despois de separar o po mediante un ciclón, ou de filtralo facéndoo pasar a través dunha bolsa de papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que aspira.

    2. Persoa que aspira a un cargo, un título, unha dignidade, etc.

    3. Deportista ou equipo deportivo que compite co campión da súa especialidade para intentar gañar o título que aquel posúe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Introducir nos pulmóns, a través da boca ou do nariz, o aire exterior.

    2. Introducir nos pulmóns, polo nariz ou pola boca, un gas ou unha substancia disolta no aire, o mesmo tempo que se respira.

    3. Poñer alguén os medios para a obtención dalgunha cousa.

    4. Pronunciar un son cun ruído gutural debido á expulsión do aire a través da glote aberta.

    5. Desprazar un fluído mediante a depresión creada por unha bomba, un ventilador, unha turbina, un motor alternativo, etc, para obter un caudal continuo deste fluído, ou para recoller ou transportar, vehiculados por aquel, outros fluídos ou sólidos de pouco peso respecto á forza de aspiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á aspiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marca rexistrada coa que se comercializou dende o ano 1898 o ácido acetilsalicílico.

    2. Calquera analxésico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos tríglidos ao que pertence o berete e o escacho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben os peixes fósiles do xénero Boreaspis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes fósiles da orde dos osteostráceos, de principios do Devónico. Acadaban ata 13 cm de lonxitude, tiñan o rostro alongado e presentaban coirazas frontais triangulares e longas protuberancias óseas aos lados da cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Mar Caspio.

    VER O DETALLE DO TERMO