"Adai" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 18.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de santa María Madalena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
Persoa que exerce as funcións de guía, xeralmente militar.
-
Dirixente ou líder dun movemento político, dunha asociación ou agrupación de persoas.
-
-
Bo coñecedor do terreo, que acompañaba un corpo de exército para amosarlle o camiño ou ben para axexar os movementos do inimigo.
-
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Sevilla, Andalucía, na beira dereita do Guadaira (56.313 h [1996]). Incluída na periferia urbana de Sevilla, ten unha industria diversificada: transformación de produtos agrarios (fariñas e aceite de oliva), cartón, confección, etc. Tamén hai canteiras de calizas. Conserva vestixios romanos, visigóticos e un castelo mudéxar; ademais das igrexas medievais de San Pedro e de Nuestra Señora del Águila e a renacentista de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico de vangarda que se orixinou en Zúric ao redor do Cabaret Voltaire, inaugurado en febreiro de 1916 polo escritor Hugo Ball e a actriz Emmy Hennings. Os membros do grupo fundador, Tristan Tzara, Hans Arp, Marcel Janco, Richard Huelsenbeck e Hugo Ball, concibírono máis que como un estilo artístico, como unha rebelión contra a arte convencional e a sociedade burguesa. O pulo inicial xurdiu da reacción contra a Primeira Guerra Mundial que, segundo eles, significaba o fracaso da cultura occidental, baseada nas leis da razón e do progreso. O termo dadá designa en francés ‘cabaliño de madeira’ e, segundo a versión de Tzara, o nome, que se asocia aos balbucidos infantís, atopouse ao abrir un dicionario ao azar. A incoherencia do termo e a posible relación coa bondade orixinaria do home, determinaron a súa elección como símbolo dun movemento que se propuxo destruír o sistema burgués e o seu modelo artístico por medio da imposición do azar e do irracionalismo, nun intento...
-
-
Relativo ou pertencente ao dadaísmo.
-
Partidario ou adepto ao dadaísmo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
espadana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa Cruz do Valadouro (O Valadouro). Consta de dous corpos principais, con capela pegada, e outros dous auxiliares anexos, nos que destaca a cheminea. Está rodeado dun muro agás na fachada NO. No lintel da porta destaca un escudo cuartelado con varios brasóns que alude, entre outros, aos Bolaño e aos Saavedra. Conserva outros escudos no muro e nas fachadas.
-
-
-
Oración que consiste nunha serie de peticións ou invocacións breves, á que se responde cada vez cunha fórmula fixada, normalmente “ten piedade” ou “escoitanos”. Son coñecidas as ladaíñas dos santos e a ladaíña lauretana ou da Nai de Deus, que se recita ao final do rosario. No rito romano hai as ladaíñas maiores, o día de san Marcos (25 de abril), e as ladaíñas menores, os tres días antes da Ascensión.
-
Procesión que se fai por san Marcos e os tres días antes da Ascensión.
-
-
Enumeración reiterada e longa de nomes ou cousas que causa ou provoca o enfado.
-
-
-
MONTES
Monte (564 m alt) situado entre os concellos de Oímbra, Verín e Monterrei.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no S da parroquia da Ponte (A Veiga). O seu cumio acada os 1.660 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno sistema montañoso, integrado na serra de Queixa, que está situado na parroquia de Requeixo (Chandrexa de Queixa). A súa altitude oscila entre os 1.615 e 1.753 m.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento iniciado en EE UU en 1955 por artistas que participaban da actitude fronte á arte de M. Duchamp. Baseáronse no illamento do obxecto fóra do seu contexto habitual, e con R. Rauschenberg e J. Johns, incorporaron, mediante a colaxe fotográfica, elementos da realidade como o fixeran K. Schwitters e Hausmann. OBS: Tamén se denomina New Dada.
-
-
Relativo ou pertencente ao neodadaísmo.
-
Seguidor do neodadaísmo.
-
-
-
Árbore monoica, caducifolia, de 10 a 30 m de altura, coa copa ampla; cortiza lisa, agrisada e con fendas, que pola idade, se desprende en placas; follas simples, opostas, pecioladas, palmeadas e divididas en cinco lobos agudos e serrados; flores unisexuais ou hermafroditas de cor amarelo-verdosas en acios paniculados e froitos en disámara. Florece entre abril e maio e os froitos maduran ao final do verán. Vive sobre solos profundos e frescos e é moi resistente ao frío e ás xeadas, alcanzando en Galicia altitudes de ata 1.300 m. É orixinaria do S e centro de Europa. En Galicia é frecuente na parte N e L pero sen chegar a formar masas puras, aparecendo mesturada con bidueiros e outras árbores autóctonas. A súa madeira emprégase en ebanistaría.
-
Árbore dioica, caducifolia, de ata 20 m de altura, coa copa frondosa e redondeada e a cortiza lisa ou finamente fisurada, de follas compostas, opostas, imparipinnadas ou trifolioladas, cos folíolos dentados irregularmente, flores unisexuais, apétalas de cor verde, as masculinas en corimbo e as femininas en acio, e froito en disámara. Florece entre marzo e abril, e os froitos maduran a finais do verán ou no outono. É orixinaria de América do Norte. En Galicia é moi frecuente en paseos, avenidas, parques e xardíns. Cultívase coma planta ornamental.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gupo de linguas da familia daica que se falan nunha extensa zona do SL asiático (Tailandia, Laos, Myanmar e algúns territorios de China e Vietnam). Inclúe, entre outros, o shan, falado nos estados shan de Myanmar e na provincia de Yunnan, en China; o lao ou laosiano, falado ao N de Laos e ao N e ao L de Tailandia; o tai ou siamés, falado no centro e S de Tailandia; o tai branco e o tai negro, falados ao N de Vietnam e en Guangxi; o lü, falado ao N de Tailandia; e o zhuang, falado nas provincias de Guangxi Zhuang e Guizhou.