"Adoni" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
CIDADES
Cidade do estado de Āndhra Pradēsh, India, ao NL de Bellary (135.718 h [1991]). Ten un mercado algodoeiro e unha magnífica mesquita construída en 1680.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Festas da morte e a resurrección de Adonis celebradas no mundo antigo, sobre todo, en Biblos (Fenicia), Pafos (Chipre) e Alexandría. Nesas festas cantábanse himnos funerarios e plantábanse en vasillas de boca ampla herbas de crecemento rápido que morrían axiña, eran os famosos xardíns de Adonis. Representaban a conmemoración do ciclo primaveral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarto fillo de David e de Haguit. Segundo a vontade primeira de David el había ser o seu sucesor, sen embargo, os partidarios elixiron o Rei Salomón. Morreu durante o Reinado de Salomón, quen o mandou matar.
-
-
Relativo ou pertencente a Adonis.
-
-
erso clásico que consta dun dáctilo e dun troqueo, xeralmente empregado en combinacións estróficas precedidas de tres sáficos. O nome de adónico procede do pranto dedicado á morte de Adonis que tiña este mesmo esquema acentual (´ - - - ´ -).
-
erso da poesía española de cinco sílabas, a primeira e a cuarta acentuadas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Home notable pola súa beleza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade mitolóxica dos pobos mediterráneos. Simboliza a morte e a resurrección periódica da natureza, sendo a encarnación da primavera. Os rituais de Adonis, as adonías, relacionados co equinoccio de primavera e co solsticio de verán, insírense dentro dos ritos de fertilidade. Orixinado en Siria e en Fenicia, o culto a Adonis, despois de terse modificado en Exipto e en Chipre, foi adoptado polos gregos. Na mitoloxía grega foi un personaxe de gran beleza, disputado por Afrodita e por Perséfone. O simbolismo floral e o mesmo mito de Adonis foron tema de obras artísticas, como o poema L’Adone, de Giambattista Marino (1623).
-
VER O DETALLE DO TERMO
erso da métrica clásica composto dun dobre adónico, isto é, dous pés dáctilos e dous troqueos. Utilízase o termo para se referir ao decasílabo composto polirrítmico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos liquenizados da subdivisión ascomicotina, de talo crustáceo ou foliáceo, do que medran proliferacións erectas con ramificación arbustiva. Os apotecios son de cor vermella, parda ou amarela. A especie C. rangiferina ten un papel primordial no ecosistema da tundra, xa que chega a cubrir enormes extensións de terreo e dela dependen, nas épocas desfavorables, herbívoros como o reno.
-
-
Relativo ou pertencente ás cladoniáceas.
-
Lique da familia das cladoniáceas.
-
Familia de liques da orde das lecanorais, de talo fomado por dúas partes: un talo primario, foliáceo, escamoso ou crustáceo; e un talo secundario, erecto, de estrutura radiada, chamado podecio, que é o portador dos apotecios.
-
-
GALICIA
Cantautor. Director da produtora Articket. Comezou cantando na Escolanía da Catedral de Santiago, para estudar logo solfexo e guitarra. Foi un artista predisposto a abordar unha arte urbana, cun folk de estilo progresivo con influencias psicodélicas. Formou parte de Voces Ceibes pouco antes de se desfacer como colectivo. Membro da Sociedad General de Autores, do xurado dos Premios da Crítica e dos Premios Reconquista, desde a década de 1990 dedícase á produción musical. Da súa discografía en solitario cómpre salientar Estamos chegando ao mar (1976), Alcabre (1978) e Aluminio (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Heraldista e xenealoxista alemán. Fundou a xenealoxía científica, da que ampliou os límites e o campo de acción, ata daquela pechados na nobiliaria. En Ahnentafelatlas (1898-1904), deu os trinta e dous cuarteis dos xefes das casas soberanas de Europa.
VER O DETALLE DO TERMO