"Alca" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 261.

  • Denominación que reciben as esponxas non calcarias, que corresponden á clase das demosponxas e das hexactinélidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa pobre que traballa a terra sen ter facenda de seu.

    2. Xornaleiro que ten por oficio cavar ou labrar a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos álcidos ao que pertence o arao carolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tributo que gravaba as vendas de todos os produtos, pagado polo vendedor á facenda pública, consistente nunha porcentaxe do prezo que figuraba no contrato de compravenda. No caso de tratarse dunha permuta, debía ser pagado por ambos contratantes. Era, xa que logo, un imposto indirecto gravante das transaccións mercantís, que afectaba a todas as categorías sociais. Ben que a alcabala foi a máis importante fonte de ingresos da Coroa, constituíu un grave obstáculo para o comercio. Foi establecida no 1341 por Afonso XI de Castela, con carácter temporal e limitada ao 5% do valor das mercadorías; a dinastía Trastámara converteuno en perpetuo, elevándoo ao 10%. Foi suprimido polas Cortes de Cádiz, pero non desapareceu definitivamente ata 1845, coa reforma tributaria de Mon. A oposición ao establecemento das alcabalas nos Países Baixos Españois foi moi forte, sufrindo aprazamentos durante dous anos e rematando nunha parálise comercial. Nas colonias españolas impúxose entre 1571 e 1591 un dereito...

    2. alcabalas alienadas Aquelas que non eran computadas pola Real Facenda ao non as recadar directamente.

    3. alcabala do vento Tributo que alguén debía pagar polas mercadorías que vendía nun lugar no que era forasteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo á alcabala.

    2. Libro no que figuraban as leis e ordenanzas relativas á forma na que debían repartirse e cobrarse as alcabalas.

    3. Lista para a repartición e cobro de alcabalas.

    4. Territorio no que se cobraban ou se pagaban as alcabalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encargado de administrar ou cobrar as alcabalas.

    2. O que arrendaba as alcabalas dalgunha provincia, cidade ou vila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suco que atravesa un terreo de labradío e que se emprega como desaugadoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e descubridor portugués ao servizo do Emperador Carlos V dende o 1522. Contratado pola Coroa de Castela, efectuou unha expedición á Patagonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cereal como a cebada, centeo ou avea que se sega en verde para empregalo como forraxe na alimentación dos animais, especialmente vacúns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Monforte de Lemos. Outra variante gráfica é Alcácere. As súas armas levan sobre campo de azur e sobre terreo de sinople, un alcázar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba perenne do xénero Cynara da familia das compostas, de ata 150 cm de altura, de talo estriado, follas superiores pinnatífidas e capítulos grosos con brácteas amplas e ovadas, carnosas na base e comestibles en parte antes do desenvolvemento da flor. A alcachofa cultívase polo seu considerable valor nutricio en zonas cálidas de case toda Europa meridional e América con máis dunha decena de especies das que as máis comúns son C. scolymus e C. cardundulus. É unha importante fonte de vitamina C e ten efectos diuréticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar dedicado a plantar e recoller alcachofas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado no 1479 en Alcaçovas (Alentejo, Portugal), entre os Reis Católicos e Afonso V de Portugal. Este recoñeceu a Isabel I como Raíña de Castela e admitiu os dereitos da Coroa castelá sobre Canarias. Por outra banda, os Reis Católicos tiveron que recoñecer a Portugal a conquista e colonización da costa occidental de África e das illas dos Açores, Madeira e Cabo Verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos hidrocarburos acíclicos que teñen nas súas moléculas dous enlaces dobres. Cando estes enlaces están separados polo menos por un carbono saturado, as propiedades dos alcadienos son as xerais da serie olefínica. Teñen propiedades especiais os alcadienos cos dous enlaces dobres partindo dun mesmo carbono (alenos), e aqueles onde os ditos enlaces parten de carbonos contiguos (dienos conxugados).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado por Paracelso a un elixir con propiedades terapéuticas, e por Van Helmont a un imaxinario disolvente universal, capaz de disolver todas as substancias.

    VER O DETALLE DO TERMO