"Alice" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • Composto de adición da celulosa con hidróxidos dos metais alcalinos e en especial co de sodio. As alcalicelulosas fórmanse impregnando a celulosa con solucións concentradas de sosa caústica, pero son moi inestables e descompóñense por lavado con auga, rexenerando a celulosa. Segundo sexa a concentración da disolución de sosa, as fórmulas das alcalicelulosas poden variar moito. A mercerización a miúdo non é outra cousa que a formación e descomposición ulterior da alcalicelulosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do S de Italia, na costa oriental de Calabria, no mar Xónico, na provincia de Cantazaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Base ou cimentos dunha construción sobre a que se asenta esta. OBS: Con esta acepción utilízase xeralmente en plural.

    2. Base ou fundamento sobre a que se apoia unha idea ou principio tanto filosófico coma político e social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semestral de alumnos nada en xuño de 1994 na Facultade de Xornalismo de Santiago. Coordinada por Rocío Castro Tarrío, conta coas colaboracións de Anxo Quintela, Carme Hermida, Pepe Carreiro, Wenceslao Caride, Carlos Taibo, Suso de Toro e Xaquín Marín. Incluía diversas seccións de humor, reportaxes, fotografía, entrevistas, información cultural, política, música, cine e teatro, xunto a temas de lingua e literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción dos elementos ou cimentos sobre os que soster calquera tipo de edificación.

    2. Establecer ou fundar unha serie de principios sobre os que basear unha ciencia, teoría, etc.

    3. Cimentarse nunha serie de razóns e fundamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deportista e promotora do deporte olímpico feminino. Durante a súa mocidade practicou diversos deportes, entre eles natación e hóckei, aínda que salientou principalmente como palista de remo. No ano 1915 convértese en presidenta da socieddae deportiva Femina Sport, fundada no ano 1911; ese cargo directivo permitiulle ter un papel relevante na fundación da Federación de sociedades deportivas femininas de Francia (FSFSF), en 1917, da que foi tesoureira e presidenta. En 1921 fundou a Federación Deportiva Feminina Internacional (FFSF), que asumiu a competencia da organización do deporte feminino a nivel internacional, o que lle levou a esixir a participación feminina nos Xogos Olímpicos. Ante a negativa do barón de Coubertin, organizou en 1921 o primeiro evento deportivo feminino internacional en Montecarlo, que se repetiu en 1922 e 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora canadense. De nome Alice Anne Laidlaw, iniciou o seu labor literario coa colección de relatos Dance of the Happy Shades (1968). Especializada en relatos curtos que teñen como base o carácter das xentes de Ontario e da comunidade escocesa, da súa obra destacan Lives of Girls and Women (1971), The Moons of Jupiter (1982), The Progress of Love (1986, Governor General s Award for Fition) e Hateship, Friendship, Courtship, Loveship, Marriage (2001), en que analiza os cambios inesperados que experimentan algunhas persoas sobre si mesmas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueóloga hindú. Naturalizada británica, dirixiu escavacións en Malta e en Menorca e publicou as primeiras memorias sistemáticas de escavacións en poboamentos talaióticos menorquinos coa serie Cambridge Excavations in Minorca: Trepucó (1932-1938) e Sa Torreta (1934). Tamén publicou Ancient Egyptian Legends (1904), The Genesis of Religion (1963) e My First 100 Years (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz estadounidense. Coñecida como Carol Lombard, debutou con trece anos en A Perfect Crime (1921). Acadou sona con Safety in Numbers (1930), aínda que tamén destacan os filmes Twentieth Century (1934), My Man Godfrey (1936), pola que foi nominada ao Oscar; Nothing Sacred (1937), Mr. and Mrs. Smith (1941) e To be or not to be (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano francesa. Coñecida como Lily Pons, estudou piano e canto en París e debutou en Mülhausen (1928) con Lakmé. Actuou (1931-1959) no Metropolitan de Nova York, onde debutou como protagonista de Lucia di Lammermoor, e interpretou óperas italianas, principalmente de Donizetti e Rossini, e francesas. Actuou tamén en Europa e destacan as súas interpretacións en La Sonnambula, Rigoletto, Linda di Chamounix ou Il Barbiere di Siviglia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre as de Tiñosa e Candieira, na parroquia de Landoi (Cariño).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Deputado nos Estados Xerais (1789), sostivo a anexión de Córsega a Francia. Membro da Convención, máis tarde fíxose partidario de Napoleón I Bonaparte, que lle confiou varios cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e musicólogo. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e co gaiteiro de Penalta aprendeu a técnica de tocar pechado coa gaita. En 1903 ingresou no corpo administrativo do Ministerio de la Gobernación e iniciou un periplo profesional que o levou por distintos organismos públicos, dos que destacou o seu posto de Secretario do Goberno Civil de Ourense. Ao mesmo tempo investigou na música tradicional galega e colaborou con Casto Sampedro na elaboración do seu Cancionero Musical mediante a recompilación de melodías antigas e profundizou na técnica de fabricación de gaitas de forma artesá. En 1922 comezou a súa colaboración como gaiteiro no coro ourensán De Ruada, que durou ata 1927, co que participou en múltiples actuacións e para o que gravou varios temas. Tamén formou parte do coro Os Enxebres, co que realizou un importante labor de divulgación da música tradicional galega. En 1951 creou, grazas ao patrocinio de Antonio Fernández López, o Taller-Escuela de Instrumentos...

    VER O DETALLE DO TERMO