"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

  • Liñaxe orixinaria da antiga fortaleza de San Paio de Fiolledo, no concello de Salvaterra de Miño segundo probou en 1715 Manuela Xosefa Enríquez de Mendoza Doxo Tamayo e Guzmán viúva de Xoán Antonio Salgado de Avalle e Acuña, cabaleiro de Santiago e rexedor perpetuo da cidade de Ourense. Descendentes desta familia emparentaron cos Prego de Montaos, naturais de Redondela. Os de Fiolledo foron donos e señores xurisdicionais da Casa da Granxa nos arredores de Cambados, da de Salceda de Caselas e da de San Pedro da Ramallosa no Val Miñor, entre outras. Afincáronse en diversos lugares de Galicia e adoptaron os apelidos A Val, Da Val, Do Val, O Val e Ovalle. As súas armas levan, en campo de azur, un brazo nacente do flanco destro, empuñando unha espada de prata coa punta cara a arriba, flanqueado todo de tres lises de ouro, ben ordenadas, dúas no xefe e unha en punta. Outra, escudo cuarteado onde o primeiro e o cuarto levan, en campo de ouro, tres faixas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escultor tudense do século XVIII moi activo como retablista na diócese de Tui. Destaca a súa traza do retablo de San Vicente de Soutelo (Salceda de Caselas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de cantería no Colexio do Arcebispo Xoán de San Clemente en Compostela, que sucedeu nese posto a Xácome Fernández pai. Tamén se relacionou coa construción da capela da igrexa de Muros (1617), a capela da confraría do Rosario (1621) e as obras do claustro do mosteiro de San Domingos de Bonaval (1623), rematado en 1645 por Xácome Fernández fillo. Consérvanse, tamén, varios exemplos da súa obra escultórica, entre os que sobresaen as figuras dos sepulcros da capela de San Bieito, labrados en 1622 para Gonzalo Valladares Sarmiento, señor da vila de Fefiñáns (Cambados).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política de carácter conservador e católico, constituída oficialmente en Ourense o 8 de novembro do 1931, nunha xuntanza celebrada no Círculo Católico da cidade por iniciativa de destacados membros da burguesía local (comerciantes, propietarios, militares retirados, etc). Tiña como obxectivo o agrupamento do movemento conservador provincial baixo unhas únicas siglas, introducíndose no recén estreado xogo democrático da Segunda República como partido eminentemente católico, social e agrario, unificador de todas as clases sociais, sen restricións económicas ou laborais. Foi o primeiro grupo de significación dereitista aparecido en Ourense, e non tivo intención de estenderse polas demais circunscricións galegas. No seu programa político defendeu a liberdade de ensino e a pervivencia do sistema bicameral, empregando o Senado como a Cámara gobernativa representativa da vella organización política, protagonista política antes da proclamación da República. Sen dúbida, o obxectivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cando se evoca a cabeceira desta revista, pese a que corresponde con outras publicacións menores de ultramar, hai que pensar, en primeirísima instancia, naquela publicación que aparecía en Madrid -outro ámbito máis próximo da emigración galega- o 15 de xaneiro de 1910. Pero esta revista lévanos, de modo ineludible, a un movemento, o movemento agrario e anticaciquil de idéntica denominación que o da revista, e a un persoeiro, o sacerdote axitador Basilio Álvarez, verbo aceso que dirixiu a publicación ao longo de toda a súa singradura. Acción Gallega, que leva como subtítulo “Revista quincenal, defensora de los intereses regionales”, naceu con vocación de combate agrario e mesmo se confirmou como portavoz do movemento, nela atopan eco todas as organizacións campesiñas de Galicia. Contou esta publicación con tres épocas ben diferentes, malia perseguírense en todas elas os mesmos obxectivos, os do movemento agrario Acción Gallega: A primeira época, de curta duración xa que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación semanal bilingüe aparecida na Habana no 1910 e editada pola colonia galega presente en Cuba, principalmente seguidores de Basilio Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación da Casa de Galicia de Bos Aires, editada entre o 24 de xuño de 1920 e decembro de 1925 e dirixida por Antonio R. da Fraga, Manuel do Río Candamo e Rodolfo Prada. A partir do número 17 dirixiuna Pedro F. García. Nela colaboraron Blanco Amor, Xoaquín Pesqueira, R. Conde Salgado, Fortunato Cruces, Antón Zapata, Victoriano Taibo e Antón Rey Soto, entre outros. Tamén narracións de Xaquín Bacelo e Asieumedre xunto con traducións de textos de Tagore e Whitman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista subtitulada “Suplemento de Bahía Blanca” nada en abril de 1923 e da que saíron cinco números. Recóllense nela poemas de Ramón Cabanillas, Curros Enríquez e Xosé Rey González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador, nomeado tamén Adam le Bossu. Estivo ao servizo do Rei de Nápoles Carlos de Anjou. Autor de numerosas cantigas satíricas e de catorce rondeaux a diversas voces, un feito sen precedentes. Está considerado como o iniciador do teatro profano en Francia debido ás súas obras cómicas Jeu de la feuillée (Xogo das follas, 1260?) e Jeu de Robin et Marion (Xogo de Robin e Marion, 1282?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que agasalla, que gusta de dar mostras de afecto ou agasallos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en marzo de 1900 en Lugo e subtitulado “Órgano de la Cámara Agrícola de Lugo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade recreativa e cultural fundada en Bos Aires en 1913. O seu primeiro presidente foi Afonso Veiga. Dedicouse a desenvolver actividades lúdicas e instrutivas como clases de música, canto, pintura ou lectura. Celebrou tamén actos conmemorativos, homenaxes e exposicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ó inicio da Guerra Civil Española, o número de refuxiados galegos en Asturias superaba os 7.000, destacando pola súa importancia os militantes e simpatizantes anarcosindicalistas. Este colectivo comezou a organizarse a comezos do inverno de 1936-1937, creando a Agrupación Confederal Galaica en Asturias coa intención de prestar asistencia a evadidos e promover a incorporación dos galegos residentes en Asturias a unidades militares controladas pola CNT. Na constitución da agrupación, participaron cadros moi coñecidos da CRG, como Alfonso Fandiño, de Santiago, Serafín Varela, de Lugo, Melquíades Lestón, de Porto do Son, ou Miguel Vázquez Valiño, de Noia. Andando o ano 1937, a Agrupación foi recoñecida con carácter informativo polo Comité Nacional da CNT cando xa contaba con cerca de 600 afiliados e unha delegación en Bilbao. Pouco antes da caída da fronte do Norte, o seu exemplo espallouse a Madrid, Valencia, Barcelona, Cartagena e Girona, onde entre 1937 e 1938 se artellaron as dúas Agrupacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo teatral que principiou a súa andaina en 1926, ano no que presentou o espectáculo O menciñeiro, a partir do texto homónimo de Euxenio Charlón Arias e Manuel Sánchez Hermida, coa dirección de Emilio Nogueira. Nos anos sucesivos presentaron novos espectáculos creados a partir de textos representativos da dramática da época escritos por autores como Manuel Lugrís Freire, Leandro Carré Alvarellos, Avelino Rodríguez Elías, Herminia Fariña Cobián ou Armando Cotarelo Valledor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Foi a pioneira das agrupacións de afeccionados galegos, xa que se constituíu en Vigo no ano 1946, anos antes de que este tipo de asociacións fotográficas proliferasen no resto de Galicia. Entre os seus membros fundadores estiveron, entre outros, José Bellver, Federico Bermúdez ou Benedicto Conde. Tivo a súa sede na rúa Eduardo Iglesias, ata o ano 1975 en que cambia para a actual situación na rúa Uruguai. A súa época de maior actividade e importancia fotográfica corresponde ao período no que Raniero Fernández é o seu presidente (1954-1969). Durante esta época foron membros destacados da asociación fotógrafos como Smidt de las Heras, Veiga Roel ou Ricard Terré. A actividade centrábase entón sobre todo na concursística. Organizábase anualmente o Salón Nacional e Ibérico, e celebrábanse exposicións como a de Otto Steinert ou a do grupo mexicano “La Ventana”. A estética que imperaba entre os fotógrafos da asociación era formalista, academicista, en ocasións pictorialista, tónica xeral neste...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director dende 1985 do Institut Paleontològic Miquel Crusafont de Sabadell. Especialista en fauna de mamíferos fósiles nas bacías mediterráneas e en bioestratigrafía, na actualidade coordina diversos proxectos a nivel europeo sobre os cambios da fauna e do ambiente nos últimos quince millóns de anos. É autor de La evolución y sus metáforas (1995) e Memoria de la Tierra (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Cádiz, Andalucía, na Serranía de Ronda (5.208 h [1996]). Conquistado polos Reis Católicos en 1488 e vendido por Filipe II, os seus veciños redimíronse comprando a xurisdición en 1770. O primeiro de agosto de 1903 producíronse os Feitos de Alcalá del Valle, violentas algaradas entre obreiros anarquistas e a Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico bizantino, o máis importante da súa época. É o autor de Biblíon Therapeutikón en 12 libros, que resume os coñecementos da patoloxía e da terapéutica coñecidos daquela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos álcidos ao que pertence o arao pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO