"Aman" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 250.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abd al-Ra ḥ mān de Córdoba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo policíclico saturado, interesante pola súa estrutura ríxida e moi simétrica, derivada da fusión de catro aneis de ciclohexano en forma de sela, sen tensións nin angulares nin conformacionais. Despide un arrecendo agradable e fúndese a alta temperatura (286°C). Atópase no petróleo. Por ataque directo deste obtéñense derivados haloxenados e nitroxenados.
-
-
Que ten as calidades do diamante.
-
Mineral que ten un brillo e unha dureza semellante á do diamante.
-
Que se caracteriza pola dureza.
-
-
Referente ao esmalte dentario.
-
órgano adamantino
Órgano de orixe ectodérmica que dá lugar ao esmalte dos dentes.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor do maxilar formado polos restos paradentais do esmalte dentario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nos vertebrados, célula prismática do órgano adamantino, relacionada coa diferenciación dos odontoblastos e, posiblemente, coa segregación do esmalte dos dentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
adamantino.
-
CAPITAIS
Capital do il de Adiyamán, Turquía, ao NL de Gaziantep (129.919 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Anatolia Central, Turquía (7.423 km2 ; 522.000 h [1990]). A capital é Adiyaman.
-
-
raia bicuda.
-
Home corpulento.
-
-
GALICIA
Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Santiago e en Teoloxía pola de Ávila. Foi reitor do Colexio de San Clemente en Santiago (1755). Un ano máis tarde gañou a maxistratura da Colexiata da Coruña e logo a mestrescolía. Tamén foi maxistral de Lugo e chantre, cabaleiro da Real Orde Española de Carlos III e no 1794 foi nomeado deán da Catedral de Santiago. O 15 de outubro de 1796 foi designado Bispo de Lugo. Publicou dúas cartas pastorais (1802 e 1807).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, economista e historiador mexicano de familia española. Foi ministro en gobernos conservadores (1823-1853) e axudou a facerse co poder a Santa Anna. Escribiu unha Historia de México (1849-1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión habitada polo pobo alamano. Nos ss VII e VIII concéntrase no L do Rin e alto Danubio (ó N do lago de Constanza e ao L de Baviera). No s VI entra a formar parte do Reino Franco (de Borgoña; no s IX de Austrasia, Baviera) e do Imperio Franco-Xermánico. Desaparece no ano 1096 ao ser repartida entre o Zähringen e os Staufen. Nas linguas románicas derivouse dela o nome que designa na actualidade a unha gran parte do que foi o Imperio xermánico (Alemaña).
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Ducado formado polo territorio ocupado polos alamanos no s VI baixo a soberanía franca. Contra o 650 foi suprimido e dividido en dous ducados: o de Alsacia e o de Suabia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos alamanos.
-
Grupo de dialectos do alemán falado en Suíza, en Alsacia, en Vorarlberg, na metade sur de Baden, en Württemberg, agás a zona setentrional, e na Suabia bavaresa.
-
-
PERSOEIRO
Escritor italiano, renacentista. Amigo de Maquiavelo, participou na conspiración contra o Cardeal Giulio de Médici (1522). Cultivou diversos xéneros imitando os clásicos. Escribiu La coltivazione.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo pobo guerreiro integrado por tribos xermánicas. Expulsados da zona de Brandenburgo no 178 por gots (godos) e eslavos, establecéronse na rexión do Main e á dereita do Rin. Foron vencidos en Argentoratum (Estrasburgo) por Xuliano (357) e por Valentiniano (453), que lles impediron establecerse en Alsacia. Clodoveo, Rei dos francos, derrotounos (496) apoderándose dos seus territorios. Pasaron a depender dos francos, feito reafirmado con Carlomagno e baixo Luís o Xermánico co Tratado de Verdún (843). Fundaron colonias en ambas beiras do Rin (actualmente Suabia, Suíza e Alsacia), núcleo da Alamania. Chegaron mesmo a penetrar no N de Italia. Moitos topónimos deben os seus nome ao seu paso e asentamento entre os ss III e X.
-
PERSOEIRO
Economista. Licenciado en Dereito e Ciencias Económicas pola Universidade de Deusto. Ingresou no PSOE en 1974. Deputado socialista dende 1977. Sendo Ministro de Traballo realizou a primeira reforma da Seguridade Social e como Ministro de Administracións Públicas promoveu un modelo estable de financiación das Comunidades Autónomas. Foi presidente e portavoz do grupo socialista (1994-1996) e dende o 34° Congreso do PSOE (1997) é secretario xeral do partido.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ministro do Rei Assuerus de Persia. Menciónase no libro de Ester como inimigo do pobo xudeu establecido en Persia e rival de Mardoqueo. Gracias á intervención de Ester, Aman foi colgado na forca preparada para Mardoqueo.
-
PERSOEIRO
Emir de Afganistán (1919-1929). Terceiro fillo de Ḥ ābib Allāh Khān, depuxo ao seu irmán, Na ṣ r Allāh, sucesor do seu pai, e tomou o poder (1919). Loitou contra o Reino Unido e logo asinou con este país o Tratado de Rāwalpindī (1919). En 1923 foi proclamado Rei. Os seus intentos de europeización provocaron a reacción dos ulemas, que promoveron revoltas que obrigarían a abdicar en 1929.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nos países islámicos, amnistía concedida aos non musulmáns. Proveniente dun costume preislámico, na Guerra Santa outorgábaselle ao inimigo despois de discutir as condicións de capitulación.
-
Salvoconduto outorgado por un soberano dun país islámico co fin de permitir o tránsito ou a residencia temporal dun estranxeiro.
-