"Anido" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 32.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anido de Solloso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Castro de Anido, no concello de Cabana de Bergantiños. Unha rama desta caste pasou á Habana. As súas armas son as mesmas ca as dos Solloso, quen nun comezo tamén se chamaran Anido de Solloso: en campo de azul, un sol radiante de ouro cunha pomba da súa cor enriba e unha especie de niño, pendurado do seu bico.
-
PERSOEIRO
Foi presbítero e profesor de latín no Seminario de Santiago de Compostela. Interveu na polémica que no s XIX enfrontou os defensores da evolución cos da creación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Estableceuse en Vigo onde dirixiu o Hospital da Casa-Hospicio. No 1876, embarcouse cara a Montevideo onde exerceu a súa profesión ata 1882, momento no que se trasladou a Bos Aires. Coa idea de homenaxear a Rosalía de Castro, organizou no 1897 un acto literario e musical. En 1899, empezou a organizar tertulias na súa casa onde se reunían os intelectuais galegos de Bos Aires. Colaborou como articulista no Almanaque Gallego e foi presidente da Asociación Patriótica Española (1900-1901).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos cánidos.
-
Mamífero da familia dos cánidos.
-
Familia de mamíferos da orde dos carnívoros de aspecto homoxéneo, variando o tamaño dende o fenec, de 30 cm, ata o lobo de 130 cm, de formas esveltas coas patas longas e coa cabeza xeralmente pequena co fociño prolongado e orellas triangulares. Teñen a dentadura típica dos animais carnívoros, cos dentes caninos moi desenvolvidos, e as súas orellas son de longura variable, rectas e puntiagudas. O pelo é xeralmente abundante, laúdo e de tacto suave. Son fundamentalmente depredadores. Distribúense por África, América, Asia, Europa e unha especie en Australia, o dingo, probablemente orixinada a partir das formas introducidas polo home.
-
-
PRAIAS
Praia da beira meridional da ría de Vigo, no litoral da parroquia de San Miguel de Oia (concello de Vigo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de San Miguel de Oia (concello de Vigo). Na década de 1960 foi obxecto dun plano estatal de desenvolvemento turístico que foi aproveitado por particulares para convertelo nunha área residencial. Deste xeito, Canido converteuse a partir da década de 1970 nun dos primeiros exemplos do proceso de periurbanización en Galicia. Ten un porto deportivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barrio da cidade de Ferrol que se estende entre a enseada da Malata e o barrio da Magdalena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica que remite á abundancia de canas nun lugar. Presenta, por tanto, a mesma orixe que Canedo ou Caneda.
-
-
Que está débil.
-
engaraño.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos eriocránidos.
-
Insecto da familia dos eriocránidos.
-
Familia de microlepidópteros. Presentan unha espiritrompa rudimentaria cunhas maxilas que non utilizan. As súas eirugas aliméntanse de follas e son ápodas.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos fasiánidos.
-
Ave da familia dos fasiánidos.
-
Familia de aves, da orde das galiformes, á que pertencen os paspallás, as perdices e os faisáns.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos iguánidos.
-
Réptil da familia dos iguánidos.
-
Familia de réptiles, da orde dos escamosos, de cabeza grande e alongada, ollos protexidos por pálpebras móbiles, cinco dedos desiguais, lingua non protáctil e cristas sobre o lombo e a cola. Habitan en América, Madagascar e as illas Fixi.
-
-
-
Relativo ou pertencente á raza indomelánida.
-
Individuo da raza indomelánida.
-
Raza do grupo melanodermo integrada por individuos dolicocéfalos de talle baixo, beizos grosos, pero non eversivos, cara afiada e nariz non moi ancho. Ocupa basicamente a metade S de India.
-
-
-
Relativo ou pertencente á etnia khoisánida ou aos seus representantes.
-
Individuo da etnia khoisánida.
-
Etnia que habita no deserto de Kalahari nas rexións estépicas veciñas e que está formada por dous grupos de poboacións: os khoikhois (impropiamente chamados hotentotes) e os sans (impropiamente chamados bosquimáns). Os seus representantes son dolicocéfalos ou mesocéfalos, de talla pequena, pel amarela ou parda, cabelos moi crespos, labios carnosos, orellas moi pequenas ás que lles falta o lóbulo, curvatura vertebral á rexión sacrolumbar e sofren de esteatopixia.
-
-
-
Relativo ou pertencente os lánidos.
-
Paxaro dos familia dos lánidos.
-
Familia de paxaros, da orde dos paseriformes, de 15 a 30 cm, que presentan a cabeza voluminosa e ampla, o pescozo curto e bico robusto, ganchudo e provisto dunha serie de dentes córneos a cada lado. Son moi agresivos e aliméntanse de insectos, pequenos vertebrados e, ocasionalmente, paxaros pequenos. Case todas as especies adoitan cravar as presas en matogueiras espiñosas. Habitan en Eurasia, África e América do Norte.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao grupo das terras raras.
-
Cada un dos 15 elementos químicos ou números atómicos que van do 57 (lantano) ao 71 (lutecio), que, xunto co escandio e o itrio, forman o grupo das terras alleas.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos lucánidos.
-
Insecto coleóptero da familia dos lucánidos.
-
Familia de insectos coleópteros, da suborde dos escarabeoideos, que está formada por individuos de dimensións grandes ou medias, coas mandíbulas moi desenvolvidas no macho e máis pequenas na femia, cun claro dimorfismo sexual. As larvas son xilófagas. Algunhas das especies máis características que se poden atopar en Galicia son Lucanus cervus cervus (en status de conservación) e Platycerus spinifer.
-
-
-
Aplícase ao alimento que está en mal estado.
-
Aplícase ao tema ou asunto que xa foi tratado ou repetido, e que xa non é orixinal.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos mánidos.
-
Mamífero da familia dos mánidos.
-
Familia de mamíferos da orde dos folidotos á que pertencen os pangolíns. Son trepadores insectívoros, de cola longa, corpo alongado e recuberto de escamas córneas imbricadas; boca pequena, carente de dentes e lingua vermiforme para capturar formigas. Distribúese por África e Asia sudoriental tropical.
-