"Anju" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 31.

  • CIDADES

    Cidade da República Democrática Popular de Corea (186.000 h [estim 1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da Comunidad Autónoma de Madrid, no val do Tajo, na confluencia deste río co Jarama (38.900 h [1996]). É un centro agrícola importante (horticultura, espárragos), convertido progresivamente en satélite industrial de Madrid. O palacio de Aranjuez comezou a construírse en tempos de Filipe II (1561) a cargo de Xoán Bautista de Toledo, e foi continuado en 1567 por Xoán de Herrera. Giacomo Bonavia (1793) propuxo a urbanización da cidade segundo un esquema reticular para ligala co núcleo do palacio. Nel asinouse o Convenio de Aranjuez (13 de febreiro de 1801), polo cal a Armada Española se poñía ao servizo do exército napoleónico na súa loita contra Gran Bretaña. No 1808 a cidade foi escenario do Motín de Aranjuez, contra o Primeiro Ministro Godoy, e logo sede da Junta Suprema Central que gobernou o reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insurrección que tivo lugar en Aranjuez na noite do 17 ao 18 de marzo de 1808. O exército francés pactara o seu paso por España para atacar Portugal e, despois de ocupar o país veciño, dirixiuse cara a Madrid como primeiro paso para a ocupación de España. A Corte trasladouse a Aranjuez e Godoy conseguiu convencer o Rei Carlos IV de que fuxira a América. Esta decisión foi aproveitada polos nobres partidarios do infante Fernando para destituír e presionar a Godoy e facer abdicar a Carlos IV (19 de marzo) no seu fillo, Fernando VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de alianza asinado en Aranjuez polos plenipotenciarios de España (conde de Floridablanca) e de Francia (conde de Montmorin) o 12 de abril de 1779, que unía a ambos os dous países na guerra que Francia mantiña contra Gran Bretaña. Ademais de intentar manter a alianza con Francia, España aspiraba a revogar as concesións feitas a Gran Bretaña nos tratados de Utrech (1713) e París (1763).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Intelectual preocupado polos problemas do campo, interveu nas Asembleas de Monforte e en Solidaridad Gallega. Publicou, ao longo de moitos anos, numerosos artigos que recolleu coa denominación xeral de Papeletas e Papeletas cervantinas, xunto con outros artigos relacionados coa historia galega, mosteiros e vías romanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Gambia, na entrada do esteiro do río Gambia (42.326 h [1993]). Foi fundada polos británicos no ano 1816 como base para a supresión do comercio de escravos, co nome de Bathurst en honor do conde Henry Bathurst, secretario de asuntos coloniais do goberno británico. Formou parte da colonia británica de Serra Leona ata que en 1886 pasou a ser a capital da colonia de Gambia. Continuou como capital trala independencia (1965) e en 1973 adoptou o nome actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Ourense ? - Madrid 1909) Xornalista e político. Viviu en París, onde tiña negocios na bolsa e na banca francesa e foi presidente do consello de administración da Sociedad General de Anuncios de Madrid. Foi deputado no Congreso. En París editou, entre 1879 e 1882, Los fondos públicos, un xornal de carácter político, literario e económico, La crisis de la Bolsa (1882) e España renaciente (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza musical para guitarra e orquestra da autoría do compositor Joaquín Rodrigo Vidre. Estreouse en Barcelona en 1940 baixo a dirección de César Mendoza Lasalle e foi interpretada polo guitarrista Regino Sáinz de la Maza acompañado da Orquestra Filharmónica de Barcelona. A peza reflicte o Aranjuez do s XVIII, cidade na que se refuxiaba a monarquía, e as cortes de Carlos IV e Fernando VII. Síntese do clásico e do popular, constitúe a primeira obra composta especificamente para guitarra e a peza que máis dereitos de autor acadou no s XX. De enorme éxito internacional, ao longo dos anos foi interpretada por grandes figuras musicais como os guitarristas Narciso Yepes, Paco de Lucía e Juliam Bream ou polo arpista Nicanor Zabaleta, ademais de ser adaptada ao jazz, incluída unha versión de Miles Davis no disco Sketches of Spain (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Misioneiro. Catedrático de Humanidades da Universidade de Manila, foi vicario apostólico das misións de Tonquín. Entre outras obras publicou Relación de los principales sucesos y estado del Vicariato Central desde el año 1852 al 1857 (1858) e Cartas y pastorales (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de camiños. Foi inspector xeral do Cuerpo de Ingenieros de Caminos e traballou en Ourense, onde participou na construción da estrada nacional N-120. Interesado pola arqueoloxía, dedicouse á investigación e estudiou do campamento militar de Aquis Querquennis e o Itinerario de Antonino. Foi vogal da Comisión Provincial de Monumentos Históricos de Ourense e colaborou no seu boletín, onde publicou “Epifanía latina en la provincia de Orense” (1906), “Los caminos antiguos y el itinerario número 18 de Antonino en la provincia de Orense” (1906) e, con Arturo Vázquez Núñez, “La epigrafía latina en la provincia de Orense”. Escribiu De Clunia a Intercocia, según el itinerario número 18 de Antonino (1916). Pertenceu dende 1908 á Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, mestre e escritor. Xornalista político, defendeu o republicanismo federal e a xustiza social. Deputado a Cortes por Tortosa (1914), fundou, xunto con Layret, o Bloc Republicà Autonomista e presidiu o novo Partit Republicà Català (1917). Encarcerado pola súa participación nas folgas de Barcelona (1917), dende outubro do 1918 colaborou na campaña a favor da autonomía iniciada en Catalunya. Fundou o Partido Radical-Socialista, xunto con Álvaro de Albornoz e Ángel Galarza (1929). Interveu no Pacto de San Sebastián (1930) e, detido e procesado, exiliouse a Portugal e Francia. Participou na fundación de Esquerra Republicana de Catalunya (1931) e durante a Segunda República foi ministro de Instrución Pública do goberno provisional (1931), ministro de Agricultura, Industria e Comercio (1931), ministro de Agricultura (1933) e ministro de Instrución Pública (1936). Fundou, con Azaña, Izquierda Republicana e presidiu o Partit Catalá d’Esquerra (1933). Ao remate da Guerra Civil, exiliouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou en Marrocos e en 1926 ascendeu a xeneral. Foi deputado agrario por Cuenca (1931-1933) e subsecretario do ministerio da Guerra (1935). Participou nos preparativos do alzamento de xullo de 1936 e dirixiu en Madrid a rebelión do Cuartel de la Montaña, polo que foi sometido a consello de guerra e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de actores xaponeses, vinculada ao xénero do teatro kabuki. Comezou a súa andaina en 1660 co nacemento de Danjuro I, ao que seguiron doce xeracións de actores, Danjuro XX, nacido en 1946, foi o último deles, unha verdadeira institución teatral no país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vigo 3.6.1926) Poetisa e escritora. Integrante da Promoción de Enlace, está considerada como unha das máis destacadas autoras galegas da posguerra. A súa obra caracterízase polo intimismo e pola súa inclinación cara ao popular. Despois da súa formación no Colegio Alemán de Vigo, viaxou por Francia e Italia e instalouse en Arxentina, onde coñeceu a diversos escritores e intelectuais, como Castelao, Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, Rafael Alberti, Miguel Ángel Asturias, Jorge L. Borges, Alberto Girri e Olga Orozco. Ademais, no seu regreso a España, trabou amizade con Vicente Aleixandre e Dámaso Alonso, e asistiu aos parladoiros do café Gijón en compañía de Gerardo Diego. Colaboradora en diversos xornais e revistas, realizou as traducións dos libros Cantos del 6° Dalai Lama (1968), traducidos ao galego en 2003. É autora dos libros poéticos Cantigas de vento (1956), Canaval d ouro (1962), A sombra ergueita (1976), Cantigas para un tempo esquencido (1986), Alegoría do ensoño ferido (1992),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos principais bodhisattva do budismo. En China consideran que o emperador é unha encarnación deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Foi fiscal do xulgado de primeira instancia de Mondoñedo, maxistrado na Audiencia de Pontevedra e fiscal en Ourense, Palencia, Lugo e Madrid. Escribiu semblanzas biográficas e artigos relacionados coa historia e a cultura galega en diversas publicacións como o Boletín de la Real Academia Gallega e Galicia, revista en que iniciou a publicación da novela La nueva doncella (1887-1889). Pertenceu á Real Academia Galega (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Estudou na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, desde 1984 formou equipo con Salvador Fraga Rivas e F. Javier García-Quijada, e participou no proxecto Abrir Vigo ao Mar. Entre os seus proxectos destaca a remodelación do Auditorio ao aire libre do Parque Municipal Quiñones de León de Vigo (1997), a Xerencia de Urbanismo do concello de Vigo (1997) e a remodelación arquitectónica do MARCO (1998-2002). Recibiu, xunto cos seus socios, o Premio Joseph Lluís Sert polas actuacións no litoral da ría de Vigo (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e política. Foi designada subdirectora da delegación da Xunta de Galicia en Bruxelas (2000-2001) e directora xeral de Función Pública (2002-2004). En 2004 foi conselleira de Asuntos Sociais. Foi tamén Viceconselleira da Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid (xaneiro de 2006) e  deputada polo Partido Popular na Asemblea de Madrid desde outubro de 2008.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidad de Salamanca e en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, en 1920 trasladouse a EE UU para desempeñar unha cátedra de Literatura Española do s XIX na Cornell University Ithaca (Nova York). En 1932 converteuse en catedrático de Xeografía e Historia no instituto de Lugo. Experto en mitoloxía e astroloxía, e lector de Rubén Darío, Verlaine e Baudelaire, influíu intelectualmente nos membros da Xeración Nós, especialmente en R. Otero Pedrayo, cos que compartiu algúns parladoiros e conferencias no Ateneo ourensán. Colaborador de La Centuria co nome de Beta Herculis, escribiu Las mesetas ideales (1910), Escenas de gigantomaquia (1923) e Errores de la actual división provincial de España y fundamentos geográficos para una nueva división en provincias (1925). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Durante a Segunda República, foi membro do Partido Galeguista e estivo relacionado co anarcosindicalismo local. As súas obras teatrais foron moi apreciadas nos ambientes proletarios coruñeses. Escribiu Contrabando en el alma. Morreu fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO