"Ansur" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Antigo nome galego composto polos elementos xermánicos ans ‘Deus’ e uros ‘uro’ (especie de bóvido xa extinguida). Probablemente faga referencia a un animal sagrado, como no caso de Ansulfo. Algúns investigadores considérano, por outra banda, como un nome indíxena relacionado con Suario, de onde derivarían Sueiro e Suárez. Este antropónimo deu lugar á variante Ansurio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Lara. Tras a morte de Reimundo de Borgoña apoiou a Raíña dona Urraca, a súa amante, na loita polo trono de Galicia contra o seu fillo Afonso Reimúndez (1109-1116), que era apoiado polo conde de Traba e polo arcebispo de Compostela Diego Xelmírez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome galego derivado de Ansur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Foi un dos santos galegos da Rivoira Sacrata, no val do Sil. Bispo de Ourense, a tradición atribúelle milagres e o don da profecía. De familia nobre, doou a san Rosende, abade de Celanova, a igrexa de Santa María de Bonata. Nos últimos anos de vida, retirouse ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil. A súa festa celébrase o 26 xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do mu ḥ āfaa de Daqahlîya, Exipto, situada no delta do río Nilo (369.409 h [1996]). É un importante centro comercial e industrial, principalmente nos sectores téxtil e alimentario. Fundada polo sultán Al-Kamil entre 1218 e 1221, do seu patrimonio cultural destaca a casa medieval onde sufriu prisión o Rei Luís IX o Santo de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de León (960-966), filla de Ansur Fernández, conde en Monzón de Campos. A súa alianza matrimonial con Sancho I de León facilitou a derrota de Ordoño IV e a restauración de Sancho I. Ao morrer este en 966, asumiu a rexencia durante a minoría de idade de Ramiro III, xunto coa súa cuñada Elvira de León, e, tras a razzia de Almanzor, retirouse a un convento en 985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao núclido cuxo número atómico é superior a 92, que é o que lle corresponde ao uranio. Todos os núclidos transuránicos son radioactivos, con períodos de desintegración pequenos, e non se atopan na natureza, senón que son creados artificialmente por bombardeo de núclidos pesados con neutróns ou núclidos lixeiros. Os transuránidos forman parte do grupo dos actínidos.

    VER O DETALLE DO TERMO