"Anu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1145.
-
GALICIA
Fotógrafo, cámara e realizador de cine e televisión. Iniciouse no mundo do cine como cámara e foto-fixa no Equipo Imaxe desde 1974, onde permaneceu ata a súa disolución, intervindo nas primeiras películas do cine galego: Illa, A fala do muíño mudo e Arredor, entre outras. Socio fundador en 1981 da produtora Espello Vídeo-cine que, xunto con Trama, foi pioneira en Galicia. Ata 1985 realizou numerosos traballos como cámara, editor e realizador tanto de vídeo industrial como de documental e vídeo creación. Foi colaborador gráfico na revista Teima e creou varios vídeos de ficción (O neno con pernas de pomba) amais doutras obras no campo da imaxe como Hardo e 365. Dende 1985 traballa como realizador na TVG. Foi galardoado no ano 1987 co premio Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e historiador aragonés. Primeiro Bispo de Eivissa (1783), Bispo de Astorga (1787) e Arcebispo de Selimbria. En 1792 acadou o cargo de Inquisidor Xeral de España. Foi un reformista galicanista que, ao tempo que aprobou a Constitución Civil do clero francés, tentou abolir, coa axuda de J. A. Llorente, o Santo Oficio que presidía. Destituírono en 1794.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo e político. Foi Bispo de Michoacán en 1810. En 1814, de volta á Península Ibérica, Fernando VII nomeouno Ministro de Gracia e Xustiza, cargo que exerceu por pouco tempo debido ao seu encarceramento, ordenado pola Inquisición. Ceibado polos constitucionais liberais en 1820, nomeárono Bispo de Tortosa (1820-1824). Morreu no convento de Santa María de Sisla, onde se recluíra en 1824, unha vez rematado o Trienio Liberal ou Constitucional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pintor compostelán que viviu entre os séculos XVI e XVII. Ten actividade documentada en Ourense, segundo consta nos Protocolos do Arquivo Notarial de Ourense dos escribáns Francisco Fernández e Juan Prezado de 1598 e 1599. Traballou acotío como dourador e pintor xunto co escultor Francisco de Moure e o entallador Alonso Martínez. Entre outras obras pintou unha escultura de san Roque e un retablo de Francisco Moure.
-
GALICIA
Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña. En 1908 recibiu unha bolsa do concello da Coruña para a Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid e ampliou estudios na Academia de España en Roma (1914), dirixida por Eduardo Chicharro. Membro Correspondente da Real Academia Galega (1946). O coñecemento do mundo clásico afirmou e consolidou a súa idea conservadora da arte. Unha segunda bolsa da Deputación da Coruña (1930), permitiulle volver a Italia e visitar museos e exposicións en Bélxica. Participante nas Exposicións Nacionais de Belas Artes, obtivo a terceira medalla coa paisaxe Mañá de outubro desde o meu estudo (1943). A súa pintura caracterízase polo rexeitamento tanto das correntes de vangarda como da tradición, quedando nun termo medio. A súa formación en Madrid da man do academicista José Moreno Carbonero e do paisaxista valenciano Antonio Muñoz Degrain, así como do mencionado Eduardo Chicharro, explica o seu rexeitamento das vangardas, o seu dominio do...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sexto conde de Monterrei. Fillo de Gaspar de Acevedo e Zúñiga e de Inés de Velasco. Gozou da amizade dos grandes artistas da época como Velázquez, o Españoleto, ou Lope de Vega, quen lle dedicou La mañana de San Juan. Sen demasiada destreza no eido militar, acadou postos relevantes na corte de Filipe IV grazas á mediación do seu cuñado e curmán, o Conde-Duque de Olivares. En 1628 outorgóuselle a grandeza de España e pasou a se converter en Xentilhome de Cámara do Rei. Foi Embaixador en Roma, Vicerrei de Nápoles, Xeneral en Xefe do exército que loitou en Extremadura fronte aos portugueses e Presidente do Consello de Estado, do de Guerra e do de Nápoles. O seu servizo á Corte e ao Rei fóra de Galicia significou un afastamento progresivo da súa liñaxe con respecto á terra. Co tempo, a condesa Isabel de Zúñiga e Fonseca, sétima titular do condado, morreu sen sucesión, pasando o señorío de Monterrei a Catalina de Haro e Guzmán que, ao emparentar cos duques de Alba, desvencellou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Iniciou os seus estudios de Latín e Filosofía completando a súa formación en Valladolid como bacharel en Leis e Canons, onde exerceu como avogado da Real Chancelería e Relator do Crime e do Civil. Posteriormente foi maxistrado na cidade de Sevilla (1821-1823). Interesado polos asuntos históricos, consérvanse, entre outros, traballos seus sobre Henrique IV e Fernando IV.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote liberal moi activo na loita contra os franceses durante a Guerra de Independencia. Iniciou a súa carreira eclesiástica estudiando en Salamanca e Oviedo para volver a Galicia (1789) como párroco de Carreira (Ribeira). Pouco máis tarde foi nomeado cóengo do Cabido Compostelán, onde desenvolveu diversos cargos pastorais e administrativos. A súa vinculación ás ideas liberais valeulle o desterro a Valladolid en 1803 por orde do Arcebispo Múzquiz. En 1809 regresou a Galicia como representante da Suprema Xunta co obxectivo de recrutar tropas para se enfrontar ao invasor exército francés, participando na reconquista de Vigo e na posterior defensa dos ideas políticos emanados das Cortes de Cádiz de 1812. Non obstante , a volta do absolutismo de Fernando VII significará unha nova caída en desgracia: o cabido de Santiago embargou as súas posesións e foi detido e encarcerado no convento franciscano de Herbón (Padrón) desde 1814 ata 1820. A súa liberación durante o Trienio Liberal permitiralle...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor, poeta e xornalista. Exerceu a docencia en Galicia e Madrid. Colaborou nas publicacións Vida gallega, Resol e Nós e nos xornais La Region, Galicia, El Heraldo de Galicia e Faro de Vigo. Aproveitou para mostrar neles a súa produción poética que, anos máis tarde, dará lugar á publicación da obra Fírgoas (1933). Entre 1930 e 1936 colabora no xornal El Momento e nas publicacións Escuela del Trabajo e ATEO, onde mostra o seu compromiso galeguista coa educación e coa pedagoxía. Os seus ideais republicanos e galeguistas fixeron que trala Guerra Civil Española fose expulsado do sistema público de ensino, pasando a traballar no ensino privado en Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Autor do drama El pasado (1872). Entre as súas Poesías (1874), publicadas en París postumamente, salientan “Ante un cadáver” e “Nocturno a Rosario”, escrito pouco antes de suicidarse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor. Fillo dun procurador da República, José Nepomuceno Afonso e de María das Dores. Durante a súa infancia percorreu diversos países, entre outros Angola, Mozambique e Belmonte, que suporían continuas referencias no seu desenvolvemento artístico. Dende a década dos 40 ata 1953, Coimbra foi a súa residencia. Moi ligado á Facultade de Letras e ao Liceo, foi durante esta etapa integrante do Orfeão Académico e da Tuna Académica da Universidade. A partir de 1955, comezou a súa etapa dentro do ensino percorrendo varias vilas portuguesas. Zeca Afonso gravou o seu primeiro disco no 1953, Fados de Coimbra. Entre 1964 e 1967, volveu a Mozambique onde foi mestre. Esta etapa foi fundamental para cimentar a súa conciencia anticolonial. Por razóns políticas foi expulsado do ensino oficial e a música pasou a converterse no seu medio de expresión e de vida. Contrario ao réxime ditatorial portugués, entrou a formar parte do grupo de artistas prohibidos polo que as súas cancións foron censuradas,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor romanés. Nas súas novelas costumistas, como Arhanghelii (1914), a máis célebre, Popa Man (1920) ou Legea minţii (A lei espiritual, 1927) describiu o ambiente campesiño da Transilvania.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos linfocitos e monocitos. Son células leucocíticas de núcleo grande e nas que non se observan gránulos citoplasmáticos. Prodúcense no sistema linfático e na médula ósea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade do sangue caracterizada pola ausencia ou diminución moi marcada de neutrófilos no circulación periférica, que case sempre coincide coa súa ausencia en estado maduro na médula ósea. Xeralmente a provoca unha hipersensibilidade medicamentosa. Os síntomas son os propios dunha grave infección por ausencia de defensas orgánicas.
-
PERSOEIRO
Pintor castelán, discípulo de J. M. del Mazo. Pintou cadros de tema relixioso para os pazos do Buen Retiro e de Aranjuez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Licenciado en Dereito en Madrid, comezou a súa actividade profesional na administración do antigo Consejo Real. Despois dunha temporada en Cuba, onde marchara co Capitán Xeneral Marqués da Habana, volveu ao ser elixido deputado por Ferrol. Coa Unión Liberal ascendeu a director xeral da Administración e Fomento. Trala revolución de 1868 seguiu na liña borbónica e ingresou no Partido Conservador con Cánovas del Castillo, quen o nomeou Ministro de Ultramar, Presidente do Tribunal de lo Contencioso Administrativo e Ministro de Gracia y Justicia. Formou parte da comisión que redactou a Constitución de 1876. No 1875 foille concedido o título de conde de Tejada de Valdosera. Ingresou na Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Foi editor gráfico do periódico mensual Compostelán. Estudiou fotografía no obradoiro de Reinghar Gäde e foi responsable do estudo gráfico do Seat Ibiza e do proxecto Paris-Match en España. Participou nas exposicións de Amnistía Internacional en València, Madrid, Barcelona, París e Berlín. Publicou Galicia a pé de foto e Soutomaior. É reporteiro gráfico na delegación de Galicia do diario El Mundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote da diócese de Tui, gobernador, Provisor, vigairo xeral e xuíz examinador sinodal do Bispado de Mondoñedo. Publicou no 1842 Respuesta a la carta que, bajo el nombre de “Un venerable eclesiástico de San Justo” se publicó en 1842, en el “Boletín Oficial” de la provincia de Pontevedra núm 67. Á súa morte, parte da súa biblioteca doouse á Biblioteca Provincial de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Cáceres, Extremadura, na bisbarra da Vera (2.584 h [1996]). Dedícase ao gando lanar. Ten numerosos muíños e canteiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da Comunidad Autónoma de La Rioja, drenado polo Ebro (2.523 h [1996]). Ten cultivos de cereal e viño. Arquitectonicamente, unha igrexa do s XVl.
VER O DETALLE DO TERMO