"Arauca" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
RIOS
Río de Venezuela e Colombia, afluente do Orinoco pola marxe esquerda (1.300 km). Nace na serra Oriental, en Colombia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Intendencia de Colombia (23.818 km2; 96.972 h [1992]). A capital é Arauca (15.813h [1985]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico composto por Alonso de Ercilla. Dividido en tres partes (1569, 1578 e 1589), está composto por 37 cantos e escrito en octavas reais. Nel cántanse a valentía, a forza, a destreza física e o ideal de independencia dos indíxenas araucanos nos seus enfrontamentos cos españois. Aparecen personaxes como Caupolicán, toqui ou xefe máximo, Lautaro, segundo guía, e Tucapel e Galvarino, axudantes destes. Todos eles posúen o tratamento de heroes, ao contrario dos españois que non alcanzan ese nivel. Para lograr todos os seus obxectivos, o autor axúdase de comparacións ao xeito clásico (Ilíada), e imitacións de procedementos descritivos antes empregados por Virxilio e Ariosto. Esta composición foi incorporada por diversos cronistas á historia de Chile a partir do s XVII. Na terceira parte reprodúcese un soneto composto pola condesa de Altamira, Isabel de Castro e Andrade, unha das poucas obras en galego dos Séculos Escuros.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos araucanos ou á súa lingua.
-
Individuo pertencente ao grupo de pobos de lingua araucana que habitan no centro de Chile, entre os 30° e os 43° de latitude sur. A poboación actual é duns 250.000 individuos. Distínguese entre araucanos setentrionais e meridionais. Tamén hai araucanos na Arxentina, desde a serra andina ata o río Salado. A ocupación española do territorio araucano principiouna no 1541 Pedro de Valdivia, pero non foi totalmente sometido ata 1881. A súa economía baséase na agricultura. Ademais, practican a recolleita de vexetais, a pesca e a caza. As industrias traballan a cerámica, a metalurxia, a madeira, a pedra, o fiado e os tecidos. A familia, dirixida polo pai, é a unidade social básica.
-
Lingua falada por unhas 250.000 persoas en Chile polos contornos de Valdivia e Concepción e por unhas 10.000 persoas na Arxentina, sobre todo na rexión de Neuquén. Esta lingua recibe a miúdo o nome de mapuche. Presenta como características unha forte influencia do quechua no vocabulario; na morfoloxía, a existencia do número dual; sintacticamente, a posición do suxeito no final da frase e a posposición do adxectivo ao nome.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as árbores do xénero Araucaria, da familia das araucariáceas, presentes en América do Sur e Oceanía. Poden acadar os 50 m de altura e presentan pólas verticiladas, ramificación radial, follas persistentes de sección plana ou trígona, picantes e imbricadas, e piñas de gran tamaño. En Galicia pódense atopar como ornamentais as especies: A. angustifolia, de pólas secundarias só no extremo das primarias; A. araucana, de follas imbricadas e piñas de ata 18 cm de longo; A. bidwinlii, de follas lanceoladas e bicudas, e piñas de ata 30 cm de longo e A. heterophylla de pólas en verticilos pentámeros e piñas de ata 10 cm de longo.
-
-
Que pertence á familia das araucariáceas.
-
Árbore da familia das araucariáceas.
-
Familia de árbores da clase das coníferas á que pertence o xénero Araucaria.
-