"Arce" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 252.
-
PERSOEIRO
Comediógrafo francés. Autor de Jean de la lune (Xoán da lúa, 1929), Patate (Pataca, 1957), L´idiote (O idiota, 1960) e La Débauche (A relaxación, 1973). Foi membro da Academia Francesa (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista arxentino, neto de Carlos María de Alvear. Membro da Unión Cívica Radical (1890), participou nas revolucións de 1890, 1893 e 1905. Substituíu a Yrigoyen na presidencia (1922-1928) e seguiu unha política máis moderada. Dende o derrocamento de Yrigoyen (1931), exerceu o liderato do Partido Radical.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador latino. Como militar loita contra os alamanos e os persas. Escribe a Rerum gestarum, a historia de Roma entre os anos 96-378, dos que só se conservan os 16 últimos dos 31 libros, que abranguen desde o Emperador Constantino ata Valentiniano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe discutida. Para algúns investigadores provén do lugar de Arce, en Navarra ou Santander. Estendeuse polo resto da Península e por México. A rama que se asentou en Galicia procede de León. Os de Ourense descenden dos de Villalba, nas montañas de Burgos. Os de Asma, en Chantada, foron señores do pazo de Piñeiro en Pesqueiras. As armas dos Arce levan, en campo de prata, cinco flores de lis, de azul, postas en aspa; bordo axedrezado de prata e goles, en dúas ordes.
-
PERSOEIRO
Pintor e deseñador gráfico. Cursou estudios de serigrafía en Lisboa e deseño gráfico na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Participou en exposicións colectivas na Coruña, Ourense, Madrid, Berlín e Lisboa; as súas exposicións individuais desenvolvéronse nas galerías 4 Montras (Lisboa, 1991 e 1995), A Droguería (Lisboa, 1992), Le Ki (Madrid, 1993) e Museo da Electricidade (Lisboa, 1996). Dedícase preferentemente á técnica do trampantollo (trompe l’oeil). Foi decorador da TVG en colaboración con Suso Montero nos programas: “Imos Aló” (1990), “Aprendiz de Meigo” (1990), “T.V. Pirata” (1990-1991), “Supermartes” (1996) e “Salsa Verde” (1996). Traballa como dourador e restaurador de volumes do Teatro Rosalía de Castro da Coruña (1994-1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar, licenciado en Farmacia e bromatólogo. Participou na campaña de África e na Guerra Civil española. Foi concelleiro de Lugo, destacando polas súas preocupacións urbanísticas, e director da Escola de Artes e Oficios da mesma cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Desempeñou funcións xornalísticas, foi secretario de dirección do Semanario Sipe, redactor da revista Rumbos, e correspondente do diario Pueblo. Publicou en 1953 o seu primeiro libro La nieta del duque. Estableceuse, finalmente, en Barcelona onde deu ao prelo a maior parte da súa obra, entre as que destacan: Los Desgajados (1961), Tribunal de la muerte (1963), Por Europa en Auto Stop (1968), La borrachera de los olvidados (1971), Grandeza y servidumbre de 20 Premios Planeta (1972), Eros Blanco (1976), El Caminante (1991). Co pseudónimo Paul Reader publicou: Exploraciones famosas (1961), Lacras Sociales (1967), Biografía de las pasiones (1967), entre outros. Foi finalista dos Premios Nadal, Ciudad de Barcelona e Elisenda de Moncada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. Chegou a Galicia en 1571. Representa, xunto con Mateo López, a ponte entre as caducas tendencias renacentistas (as súas primeiras obras son goticistas e as seguintes renacentistas) e as novas ideas que farían triunfar o purismo en Compostela. En 1571 construíu o primeiro corpo da Torre das Campás da Catedral de Lugo, obra aínda goticista que leva como único ornamento a balaustrada. Seguiu coa Torre das Campás e coas obras da igrexa luguesa de Santo Andrés de Castro. Dirixiu as obras de edificación do hospital de San Roque de Santiago e construíu a capela de San Xacinto, na igrexa conventual de San Domingos de Bonaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e militar. Estudiou na Escola de Estudios Mercantís da Coruña e Periodismo en Madrid. En 1964 ingresou no Corpo de Intervención da Defensa e, en 1996, pasou á reserva activa. Foi colaborador dos xornais El Progreso (1955) e El Pueblo Gallego; en Madrid, de El Alcázar e ABC, amais das revistas Blanco y Negro (1973) e Gaceta ilustrada (1975). Traballou dende 1967 nos servicios informativos de TVE, onde foi editor do programa semanal “Crónicas de Siete Días”, subdirector de “Siete Días”, director do programa “Tribuna Internacional” e colaborador en telexornais. Membro da Misión Técnica da CEE en Paraguai e investigador do Instituto Español de Estudios Estratégicos do Ministerio de Defensa. Publicou, entre outros titulos, Organismos internacionales (1975) e La Doctrina de Paz en Naciones Unidas (1995), e foi coordinador do libro Galicia desde el aire (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e músico. Dende 1959 ata 1966 dedicouse profesionalmente á música jazz como intérprete de batería e guitarra na Alemaña, acompañando en ocasións a músicos de renome como Ella Fitzgerald, Dizy Gillespie, Don Byas e Dexter Gordon, entre outros. Foi correspondente en Madrid do diario El Progreso e na Coruña dos diarios ABC, Ya, La Gaceta del Norte, foi redactor dos xornais Semanario Deportivo Riazor e La Voz de Galicia; traballou en El Ideal Gallego como reporteiro gráfico e a partir do 1981, pasou a ser director. En 1985 exerceu como xefe de redacción de Informativos da TVG, dirixindo asemade o programa “Outra Xeira”. En 1988 ocupou o cargo de xefe rexional de Prensa do PP e, na súa volta á TVG, foi escollido como director do departamento de Programación e Emisións ata que, no ano 1994 pasou a ser xefe do Servicio de Prensa da CRTVG. Dirixe dende 1987 a revista Furada. Editou un disco de música popular española...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático, xornalista e poeta de orixe galega. Foi secretario da Embaixada de Guatemala en San José de Costa Rica (1958) e en Bogotá (1962-1965). Colaborou no Diario de Centro América e La Tribuna. Foi galardoado nos Xogos Florais de Guatemala (1928 e 1943) e membro correspondente da Real Academia. Entre as súas obras en español destacan El dolor supremo (1926), Romances de la barriada (1938) e Síntesis de Guatemala (1966). En lingua galega publicou o poemario Dende o fondo canta o río (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de cantería. Realizou as obras de construción da capela da Nosa Señora do Porto de Marín, priorado do Mosteiro de Oseira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. En 1600 realizou, xunto con Melchor López, Baltasar Fernández, Juan Díaz e Baltasar González, a obra de construción das paredes exteriores do mosteiro de San Paio de Antealtares, de acordo coa traza de Mateo López.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ave duns 34 cms, grosa, co pescozo curto, cabeza grande e peteiro longo, de punta móbil e sensible, co que detecta e captura miñocas e larvas de insecto do humus nos bosques caducifolios. Os ollos grandes, propios da súa actividade nocturna, teñen unha disposición especialmente alta e atrasada ofrecéndolle á ave un campo de visión de 360°. A plumaxe é mimética de tons castaños como a follaxe seca do solo das fragas onde vive e aniña. Os pitos, nidífugos, son alimentados directamente polos pais e son transportados en caso de perigo, mesmo en voo, suxeitos coas patas e o peteiro. O voo é errático cun bater intermitente de ás. De distribución paleártica, está ausente na área mediterránea. Na Península Ibérica a súa presencia está limitada ao extremo norte como aniñadora restrinxida a Galicia e os sistemas montanos orientais. Ás aves sedentarias ibéricas súmanse en inverno importantes continxentes do resto do continente.
-
Ave moi apreciada en gastronomía. A súa preparación esixe o desplumado, pero é cociñada coa cabeza (sen os ollos) e con todos os órganos internos, menos a moega. O soufflé de arcea á Nasselrode, que inventou un conde ruso, mestura a carne de arcea, xamón, trufas e champaña. En Galicia, cocíñase igual ca o resto da caza de pluma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista deportiva bilingüe aparecida en Xubia (Ferrol) en xuño de 1986, editada pola Sociedad de Caza y Pesca de Jubia. Informa sobre pesca fluvial, concursos e técnicas, acuicultura, piscicultura e publicidade.
-
-
Circunscrición ou provincia eclesiástica que está baixo a xurisdición dun arcebispo.
-
Dignidade ou cargo de arcebispo.
-
Residencia do arcebispo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
O arcebispado compostelán, constituído por Xelmírez (1100-1140) o 31 de outubro de 1104, ten as súas orixes na diócese de Iria, sufragánea de Braga. Os fitos máis salientables desta fase anterior ao arcebispado son: a descuberta da tumba do Apóstolo Santiago, feito que motivou o traslado a título persoal dos bispos de Iria a Santiago de Compostela; o traslado da sé de Iria a Santiago de Compostela sendo bispo Adaulfo II; e a emancipación de Braga, lograda polo bispo cluniacense Dalmacio e outorgada por Urbano II. Ademais da sé arcebispal, Xelmírez acadou o título de sé metropolitana o 27 de febreiro de 1120 -confirmado o 23 de xuño de 1124-, cando Calisto II trasladou a Santiago de Compostela a metrópole de Mérida. Nestes primeiros tempos, a nova sé metropolitana foi constituída coas dióceses sufragáneas de Beja, Lisboa, Faro, Idanha, Coimbra, Viseu, Lamego, Ciudad Rodrigo, Salamanca, Ávila, Coria, Plasencia, Badajoz e Zamora. No ano 1199, logo de numerosos preitos entre Toledo, Braga e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao arcebispo.
-
-
Título que no organigrama da administración eclesiástica se confire á persoa responsable do goberno dun arcebispado. En esencia, trátase dun bispo que engade á administración da súa propia diócese unha certa autoridade, en gran medida de carácter honorífico, sobre outras dióceses que, xunto coa súa propia, conforman o que se designa como provincia eclesiástica, denominándose sufragáneos os bispos que encabezan as dióceses dependentes dun arcebispo. Estes serían os arcebispos plenos ou ordinarios; sen embargo, na estrutura eclesiástica hai outros dous tipos de arcebispos: os arcebispos titulares, dignidades honoríficas ocupadas por membros dos tribunais do Vaticano ou bispos auxiliares, debido a que corresponden a dióceses desaparecidas trala dominación islámica en Asia e África, e os arcebispos residenciais, aqueles que non gobernan sobre ningún bispo sufragáneo. Historicamente, o título de arcebispo xorde no proceso de adaptación da...
-
Axudante concedido polo Papa ao titular dun arcebispado, polo xeral con dereito a sucesión. As súas facultades quedan determinadas nas escrituras apostólicas de nomeamento.
-
Nas igrexas orientais, título que teñen as cabezas de demarcacións territoriais situadas fóra dun patriarcado. Actualmente só teñen este título os arcebispos ortodoxos de Grecia e de Chipre.
-
Metropolitano.
-
Arcebispo que rexe unha arquidiócese sen mando sufragáneo.
-
Arcebispo que porta tal dignidade de xeito só honorífico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convocado pola Consellería de Educación, o Concello de Santiago de Compostela, o Instituto de Bacharelato Rosalía de Castro e a empresa Cubiertas MZOV dende o ano 1995, o xurado está formado por estudiantes de COU nas tres modalidades do premio: lingua galega, lingua castelá e lingua estranxeira traducida ao castelán. Na primeira edición recibiron o premio Tic-Tac, de Suso de Toro, Lituma en los Andes, de Mario Vargas Llosa e A la sombra del granado, de Tariq Ali. Na segunda edición (1996), resultaron gañadores Xurxo Borrazás por Criminal, Javier Marías por Mañana en la batalla piensa en mi e Jostein Gaarder por El mundo de Sofía. Na terceira edición (1997), Ruído, de Miguel Anxo Murado e Unha noite con Carla, de Aníbal Malvar, compartiron o premio no apartado de lingua galega, Los héroes de la fortuna, de Antonio Soler e Antonio Tabuci por Sostiene Pereira. Na cuarta edición (1998), os gañadores foron...