"Arden" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 49.

  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘augardente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Florence Nightingale Graham.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Iniciouse co éxito da peza radiofónica The Life of Man (A vida do home, 1956) e foi un destacado membro do movemento Angry Young Men. Entre as súas obras, sometidas a técnicas brechtianas, salientan Live like pigs (Vivir coma porcos, 1958), Sergeant Musgrave´s dance (O baile do sarxento Musgrave, 1959), The happy haven (O refuxio feliz, 1960) e The workhouse donkey (A ama de casa parva, 1963), escrita, como as posteriores The hero rises up (O heroe sublévase, 1968) e The making of Muswell Hill (A creación de Muswell Hill, 1979), en colaboración con Margaretta D´Arcy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da Champagne, Francia (5.229 km2; 292.086 h [1995]). A capital é Charleville-Mézières.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión natural que se estende sobre a parte oriental de Bélxica, o norte de Luxemburgo e o departamento francés de Ardenas. O conxunto está formado por un macizo paleozoico completamente arrasado pola erosión e constituído sobre todo por xistos, asperón e filitas de cuarzo. A descomposición dos xistos produciu un solo arxiloso, impermeable, con briofitos e a conseguinte acumulación de turba, que foi utilizada durante moito tempo como material de combustión. Os Hautes Fagnes e a plataforma do Baraque Michel son as máis grandes destas áreas pantanosas. En agosto de 1914, principiando a Primeira Guerra Mundial, o exército alemán, en marcha cara ao oeste, venceu nas Ardenas á resistencia francesa. Durante a Segunda Guerra Mundial, a Wehrmacht (infantería alemana) rompeu nesta rexión a fronte defensiva francesa (1940); no mesmo conflito, a finais do 1944, tivo lugar nesta rexión a derradeira contraofensiva das tropas alemanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calor ou sensación de calor intensa.

    2. Sensación de picor que producen certas substancias.

    3. Grande interese e paixón que se mostra ao facer algunha cousa.

    4. pirose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da fase tectónica do ciclo oroxénico Caledoniano, situada entre o Silúrico e o Devónico ( oroxenia).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que arde, queima ou causa calor.

    2. Que pon moito fervor nalgunha cousa.

    3. Con moita paixón.

    4. En referencia a unha figura ardendo ou a un carbón aceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Luminosidade ou fosforescencia que presentan as augas mariñas orixinadas polos movementos dos peixes ou outros organismos que viven nelas.

    2. Calor ou sensación de calor intensa.

    3. Malestar provocado pola acidez ou o ardor de estómago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bebida obtida por destilación de líquidos prodecentes da fermentación alcohólica de diversas materias hidrocarbonadas naturais.

    2. Bebida espirituosa obtida a partir de bagazo de uva fermentado e destilado, ben directamente por vapor de auga, ben previa adición de auga, á que puideron engadírselle pousos do mosto nunha proporción determinada, efectuándose a destilación en presenza do propio bagazo a menos do 86% do volume, cun contido en substancias volátiles igual ou superior a 140 g/Hl de alcohol a 100% do volume, e cun contido máximo de alcohol metílico de 1000 g/Hl de alcohol a 100% do volume, segundo a normativa da Unión Europea. A augardente pertence ao mesmo tipo de bebida ca os marc franceses, as grappas italianas, as bagaçeiras portuguesas e os tsiroupos gregos. O grao normal da augardente está entre 47° e 50°, unha das bebidas máis fortes do mundo, comparable co vodka ruso, cos calvados de mazá de Normandía ou co ron de cana das Antillas. A destilación para a obtención de alcohol é un descubrimento árabe, e non anterior ao século X. A primeira utilización do alcohol foi...

    3. Tintura de xalapa (Exogonium purga); ten acción purgante drástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que vende ou destila viño, froitas e outras substancias para a obtención da augardente.

    2. Persoa á que lle gusta moito a augardente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén augardente.

    2. Que semella ou ten as propiedades da augardente.

    3. Voz áspera e ronca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle de regadío de Navarra e Aragón. Comeza no encoro de Yesa (río Aragón), atravesa as comarcas das Bardenas e as Cinco Villas, e chega ata o pantano de Ardisa (río Gállego). Rega un territorio de 110.000 h.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca natural da Comunidad Foral de Navarra, situada no interfluvio do Ebro e do Aragón, tamén chamada Bardenas Reales. Área de chuvias escasas, pero torrenciais, cunha vexetación pobre de matogueiras e carente de árbores, mais con abundantes pastos de inverno. O aproveitamento agrícola ten como base os cereais e a horta nas beiras dos ríos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fouce pequena que está unida a un pau longo, para facilitar o traballo de seitura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, en Andalucía, nos contrafortes de Sierra Morena, drenado polo río Arenoso (2.009 h [1996]). O clima é mediterráneo con certo carácter de continentalidade. A súa economía é principalmente agropecuaria, onde a cría de gando bovino e porcino son as actividades máis destacadas. A principal industria é a téxtil. Nos últimos anos adquiriron grande importancia as actividades relacionadas co turismo. Dentro do municipio está o Parque Natural de La Sierra, declarado Espacio Protexido en 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e sacerdote. Compaxinou a tarefa literaria, a misión pastoral e o compromiso político. Graduado como bacharel, trasladouse a México onde estudiou filosofía e letras, e despois a Nova York para ampliar estudios. En 1950 fundou en París a editorial El Hilo Azul. En 1956 ingresou no mosteiro trapense Our Lady of Gethsemany de Kentucky e en 1961 marchou a Colombia, onde estudiou teoloxía; catro anos despois ordenouse sacerdote en Managua. Foi dirixente da Frente Sandinista de Liberación Nacional e loitou contra a ditadura de A. Somoza. Trala vitoria sandinista en 1979, ocupou o ministerio de Cultura e en 1985 foi afastado polo Vaticano do sacerdocio. Pertenceu ao movemento Cristianos por el Socialismo, vinculado á teoría da liberación. En 1994 renunciou á súa militancia na Frente Sandinista de Liberación Nacional por discrepancias con parte da dirección do partido. Entre outras obras, publicou: Epigramas (1956), Salmos (1964), Homenaje a los indios americanos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [aimará: Chukiwanka Kunturi] (La Paz 1951) Pedagogo e político indíxena aimará. Licenciouse en Letras e Educación na Universidad de San Andrés de La Paz, onde traballou como profesor de lingüística e ciencias da educación de 1975 a 1992. En 1979 presidiu o congreso fundacional da Confederación Sindical Única de Trabajadores Campesinos de Bolivia (CSUTCG). Entre 1985 e 1989 foi deputado nacional do Movimiento Revolucionario Tupak Katari de Liberación e en 1993 foi elixido vicepresidente de Bolivia. Centrou o seu traballo fundamentalmente no recoñecemento social e xurídico das organizacións campesiñas e indíxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO