"Asam" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 27.

  • Acción ou efecto de arrasar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pintores e decoradores alemáns, notables representantes do Barroco bávaro do século XVIII. O pai Hans George (Rott 1649 - 1711) foi pintor de frescos en Benediktbeuern e Fürstenfeld. Os seus fillos Cosmas Damian Asam , pintor, (Benediktbeuern 1689 - Weltenburg 1739) e Egid Quirin Asam (Tegernsee 1692 - Mannheim 1750), escultor e estucador, foron tamén arquitectos. Ambos os dous traballaban case sempre en conxunto. Viaxaron a Roma (1712-1713) onde estudiaron as obras de Bernini, Pietro de Cortona e Andrea Pozzo, entre outros. Ao seu regreso introduciron o gusto italiano no Barroco bávaro. Das súas obras destacan o altar maior de Rohr, a restauración do interior da Catedral de Freising, a Igrexa de Weltenburg, mostra do ilusionismo barroco, a decoración da abadía de Einsiedeln (Suíza) e a Igrexa de Johann-Nepomuk (1733-1735), en Múnic, máximo expoñente do seu estilo. Cosme Damian pintou os frescos da igrexa abacial de Osterhofen...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán xaponés, situado na parte central da illa de Honshū. A súa altitude é de 2.525 m. É o máis violento de todos os volcáns activos do Xapón. A erupción de 1783 matou milleiros de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización segregada da Asemblea Nacional-Popular Galega logo da expulsión en abril de 1976 dalgúns militantes da Unión do Pobo Galego (UPG). Creada en outubro de 1976, a organización abranguía no Nadal dese ano once bisbarras: Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Arousa, O Barbanza, Monforte, O Morrazo, O Salnés e Pontevedra. Celebrou o seu primeiro congreso en Vigo o 19 de decembro de 1978 cun cento de asistentes. Os seus principios organizativos eran autoorganización, democracia interna e aceptación de militancia para as plataformas que se integrasen na asemblea. Dedicouse á organización dunha central sindical galega e a apoiar os movementos agrario e mariñeiro. En marzo de 1977 afirmaba os seus obxectivos electorais, propoñendo o apoio a aquela candidatura que se concretase nun programa federalista e de esquerdas. No plano cultural a Asamblea Popular Galega tentou levar adiante un Congreso da Cultura Galega. No verán de 1977 impulsou a creación das Iniciativas de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [URD] Asemblea conservadora celebrada o 5 e 6 de febreiro de 1933 na cidade de Santiago de Compostela. Participaron representantes de todas as agrupacións locais da URD en Galicia co obxectivo principal de unir a dereita galega, en previsión de non volver á situación de división previa ás eleccións a Cortes de xuño de 1931, e que supuxo un fracaso estrepitoso da dereita a nivel estatal. A URG saíu reforzada da asemblea, cohesionada e organizada para competir en igualdade de condicións fronte á Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), de Casares Quiroga. A asemblea de Santiago de Compostela constituíuse no acto preparatorio do Congreso de Derechas Autónomas que ía ter lugar en Madrid entre o 28 de febreiro e o 5 de marzo de 1933, e do que sairía constituída a Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA), o partido conservador de maior relevancia da Segunda República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que comezou a publicarse en La Habana en 1915. Cesou en 1955. A lingua que utilizaba era o castelán agás algunha frase esporádica ou algunha cita en galego. Este boletín era un xeito de “gaceta oficial” que recollía textualmente todo o que se dicía nas sesións da Asamblea de Apoderados. Serviu de libro de actas e incluía debates, informes de comisións especializadas, balances financeiros, contabilidade, situación do sanatorio, do teatro, do colexio, etc. Trátase dunha valiosa crónica que dá mostra do esforzo e interese común dos emigrantes polas institucións que os agrupaba. Cada edición do boletín tiña case 300 páxinas. Publicouse regularmente durante uns 45 anos, ata que o Centro Galego desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na escola de Llotja en Barcelona e foi discípulo de Federico de Madrazo en Madrid e de Delaroche en París. É autor de composicións de tradición romántica e de decoracións murais, como a do Liceu de Barcelona; así mesmo, destacou como retratista. Obtivo a medalla de ouro na Exposición Universal de Barcelona de 1888.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión de Senegal, dividida en 1984 nas rexións de Ziguinchor e de Kolda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción blindada cuberta por unha bóveda de formigón ou de aceiro con seteiras e de dimensións reducidas que se utilizaba para protexer armas pesadas e, excepcionalmente, para acoller tropas. Comezou a empregarse durante o s XV. Na Idade Media as casamatas eran casetas móbiles, xeralmente provistas de rodas, que se usaban como protección para achegarse ás fortificacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira obra dramática impresa do teatro galego, escrita polo xornalista liberal Antonio Benito Fandiño Martínez en 1812 na prisión de Santiago de Compostela, onde cumpría condena polas súas actividades de carácter político. Foi escrita a requirimento de Xoán María Pazos, quen lle indicou o asunto (o dos matrimonios amañados) e os personaxes (Tía Goras, Xan Rouco, Técola e Perucho), o que fai pensar na súa posible representación. A obra publicouse en 1849, tal e como consta no seu título real: Sainete en gallego para cuatro personas, del célebre literato D. Antonio Benito Fandiño. Juguete inédito hallado entre los papeles de un curioso amigo del autor, y se da á luz para honrar su memoria. Es propiedad particular. Nadie debe reimprimirle. Orense 1849. Oficina de D. Juan María de Pazos, donde se hallará. A peza, escrita en galego e castelán -con predominio da primeira lingua-, ten unha extensión de 457 versos octosílabos agrupados en redondillas, con rima asonante e consonante....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao casamento.

    2. Que ou quen promove ou argalla casamentos. Na tradición oral recóllense ditos como: “A muller casamenteira que arranxa un casamento ten a festa enteira”.

    3. Que ou quen é afeccionado a emparellar persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de unir dúas persoas en matrimonio. Na tradición oral recóllense ditos como: “Algo terá o casamento cando o bendicen. Casamento malo logo é concertado. Casamento por interés, o contento dura un mes. Casamento sinxelo; nin el leva capa, nin ela mantelo. O casamento é bo de facer, mais quen o ha de soster, moito ten que saber. O casamento i o caldo, en quente e pelando. O casamento parece cousa do vento: canto ás veces máis se trata, máis logo se desbarata”.

      1. Cerimonia pola que se contrae matrimonio.

      2. Festa que acompaña a cerimonia pola que se contrae matrimonio.

    2. Paga que os patróns nobres lles esixían aos mosteiros cando casaba unha das súas fillas e que se destinaba para o dote ou para o mantemento do novo matrimonio.

    3. Compromiso que adquiren os noivos de unirse despois de dar a súa palabra.

    4. Unión de dous irmáns dunha familia con dúas irmás doutra, ou a unión dun home e dunha muller pertencentes a unha familia, cunha muller e un home doutra. Por este compromiso, ao saír da casa paterna, renunciaban reciprocamente á herdanza dos seus pais para adquirir a dos sogros.

    5. Convenio ou pacto feito en capítulos matrimoniais.

    6. Sociedade familiar creada por medio dun pacto de comunidade de bens entre dous matrimonios, un deles sen fillos, unidos entre eles por vínculos de parentesco, e que establece unha relación de sucesión comunitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra en agosto de 1894 como voceiro das asembleas pedagóxicas que se estaban a celebrar na cidade. Editáronse un total de dez números. Dirixida por Xosé Durán Alonso, contaba cun consello de redacción formado por E. Lorenzana, E. Couto Salcedo, Xosé López Otero e Xosé Juncal Berdulla. Pertenceu á Asociación de Maestros de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disonancia coas correntes, as condicións ou as circunstancias do momento.

    2. Diferencia entre as fases instantáneas de dúas magnitudes periódicas da mesma frecuencia. Na corrente eléctrica alterna é frecuente a existencia dun desfasamento entre a intensidade e a diferenza de potencial. O ángulo que forman os vectores representativos de ditas magnitudes chámase ángulo de desfasamento e o seu coseno é o factor de potencia. Segundo o signo, fálase de avance de fase ou de retardo de fase.

    3. Diferencia de niveis tecnolóxicos entre dous espacios económicos, un atrasado con respecto ao outro, que se mide polos gastos efectuados na investigación e desenvolvemento en cada un deles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base continuada dunha construción ou dunha parte dun edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou arquitectura e pintura na Escuela Nacional de Bellas Artes de Quito. Pintou temas humanos e sociais. O xigantismo e a dimensión mural, como tamén os personaxes crispados, convulsos e axitados, son característicos das súas obras. Da súa creación destacan os murais do Palacio de Gobierno y Legislativo de Quito, do aeroporto de Barajas (Madrid) e da sede da UNESCO de París. Obtivo, entre outros galardóns, o premio ao mellor pintor sudamericano da Bienal de São Paulo (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barra longa de madeira, de corda, de pedra ou de metal, ou de calquera outro material, disposta na parte superior dunha varanda, ou suxeita a unha parede, pola que se se pode pasar a man, ao subir unha escaleira. OBS: Nesta acepción adoita empregarse coa forma pasamáns.

    2. Tecido en forma de cinta ou cordón que serve para adornar vestidos, mobles ou calquera outro obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de elaborar pasamán.

    2. Conxunto de adornos elaborados con pasamán. Nos traxes tradicionais de gala, tanto masculinos como femininos, consiste nun entramado de pequenas boliñas de acibeche furadas, inseridas nunha rede de fío que reproduce deseños vexetais ou xeométricos.

    3. Obradoiro ou tenda de pasamán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fabrica ou vende obxectos suntuarios de pequenas dimensións, como adornos, pasamáns, botóns, galóns, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO