"Atari" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 69.

  • Persoa ou entidade á que se lle adxudica algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á orde dos antipatarios.

    2. Celenterado da orde dos antipatarios.

    3. Orde de zoantarios, formado por pólipos pequenos, con seis tentáculos, que viven en colonias. As colonias poden acadar grandes dimensións e soen ser arborescentes, de aspecto semellante ás gorgonias. Habitan en augas profundas nos Océanos Índico, Pacífico e Atlántico, e tamén noutros mares. Os representantes deste grupo reciben o nome de coral negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e erudito italiano. Condiscípulo e amigo de Harvey en Padua, exerceu nesta cidade e en Venecia. Foi o precursor do preformacionismo sendo o primeiro en afirmar a existencia do embrión en estado preformado no seo do ovo non fecundado (1625).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que toma en arrendamento unha propiedade (vivenda, terras, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aquel a quen se lle asigna a herdanza ou legado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ordenador moi popular a finais da década do 1970 e primeira metade da seguinte, que popularizou videoxogos a nivel doméstico, como o do Comecocos (Packman en inglés), que acadou unha gran sona e difusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘pita’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á roda de dentes agudos e oblicuos que fai mover o mecanismo de certos reloxos.

    2. Aplícase á roda dentada que transmite ás rodas da bicicleta a forza exercida sobre os pedais a través dunha cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino procedente do grego Ekaterine, quizais derivado de Ekatos, atributo de Apolo, ou de Hécate ( ἑ κάτη), deusa nutricia da xuventude e da maxia. No mundo cristián occidental, este nome relacionouse co adxectivo grego καταρός ‘limpo, puro’; por esta razón, a forma Catharina espallouse por todas as linguas occidentais mentres que en Oriente perviviu a grafía tradicional: Aikaterine (grego moderno) ou Ekaterine (ruso). Como antropónimo presenta as variantes gráficas Cateliña, Cataliña, Catalina e os hipocorísticos Catuxa e Catia. Santa Catarina de Alexandría, patroa dos teólogos e filósofos, celébrase o 25 de novembro; Santa Catarina de Siena, patroa de Italia e das mulleres solteiras, o 29 de abril; e Catarina Labouré, quen tivera unha visión da Virxe en París en 1830 da que naceu a advocación da Milagrosa, o 28 de novembro....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virxe e mártir cristiá. A tradición relacionouna coa célebre filósofa pagá Hypatia e fixo dela a Palas Atenea cristiá. Conta a lenda que un ermitán a converteu ao cristianismo e lle propuxo como único noivo digno do seu mérito a Xesús. Segundo unha tradición do s IX, morreu martirizada en Alexandría durante a persecución dos cristiáns efectuada por Maximino, gobernador de Exipto. Disque venceu dialecticamente a 50 doutores ou sabios de Alexandría, enviados polo Emperador para refutar a súa elocuencia. Logo, foi azoutada e encarcerada pero logrou sobrevivir ao ser alimentada por unha pomba. Durante o seu cativerio logrou converter a Emperatriz Constanza e o xefe de tropas Porfirio. Posteriormente, o emperador acordou martirizala mediante unha roda dentada de púas ou coitelas, pero un raio esnaquizou a roda e cegou os verdugos. Finalmente, morreu decapitada. Conta a lenda que da súa ferida xurdiu leite e que uns anxos trasladaron o seu corpo ao monte Sinaí, onde se construíu un mosteiro que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra (1509-1536), filla dos reis Católicos e nai de María Tudor. En 1502 casou con Arturo, príncipe de Gales, e, trala morte deste, co seu irmán, Enrique VIII de Inglaterra. Rodeouse de serventes casteláns e foi protectora dos humanistas. A falta de sucesión masculina e a paixón do rei por Ana Bolena conducírono a anular o primeiro matrimonio (1531) sen esperar pola decisión papal (1533), o que provocou a ruptura con Roma e o inicio do cisma anglicano. Estivo recluída nos castelos de Hampthill (1531), Bucken (1533) e Kimbolton (1535), pero nunca renunciou ao título de raíña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal (1525-1557), filla de Filipe o Fermoso e Xoana a Tola. Casou en 1525 con Xoán III e exerceu como rexente durante a minoría de idade do seu neto don Sebastián (1557 e 1562).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra (1662-1685) e rexente de Portugal (1704-1705), filla de Xoán IV. Casou en 1662 con Carlos II de Inglaterra. Trala morte do rei trasladouse a Somerset e en 1696 regresou a Portugal, onde foi rexente durante a enfermidade do seu irmán Pedro III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Valois (París 1401 - Bermondsey 1437) Raíña de Inglaterra, filla de Carlos VI de Francia. No Tratado de Troyes acordouse o seu casamento con Enrique V de Inglaterra (1420), recoñecido como herdeiro do soberano francés. O seu fillo Enrique VI foi proclamado rei de Francia e Inglaterra. En 1428 casou con Owen Tudor e un dos seus netos, Enrique Tudor, foi rei de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela (1390-1406), filla do duque de Lancaster e neta de Pedro I. O seu casamento en 1388 con Enrique de Trastámara, futuro Enrique III, puxo fin ás loitas dinásticas entre os descendentes de Pedro I e os Trastámara. Ambos os esposos recibiron o título de Príncipes de Asturias, denominación que dende aquela levan os herdeiros da coroa española. Foi correxente do seu fillo Xoán II dende 1406.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña (1553-1559) e rexente (1560-1574) de Francia, filla de Lorenzo de Medici, duque de Urbino. En 1533 casou co futuro Enrique II de Francia. Despois da morte do seu marido en 1559 dirixiu a política francesa, tanto durante a rexencia como no resto do reinado do seu segundo fillo, Carlos IX. Ante o avance protestante negociou acordos políticos co seu xenro Filipe II, casado con Isabel de Valois, pero na Paz de Saint-Germain (1570) mostrou tolerancia cos protestantes. Alarmada pola influencia que o calvinista Cologny exercía sobre Carlos IX, acabou cedendo á presión católica e consentiu a matanza de san Bertomeu o 24 de agosto de 1572.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa italiana. De nome Catarina Benincasa, aos dezaseis anos entrou na Terceira Orde dominicana e levou unha vida ascética, consagrada a obras de penitencia. En 1376 foi a Aviñón co fin de convencer a Gregorio XI para que a sé papal regresase a Roma, co conseguinte volta do papa, despois de 70 anos en Aviñón. En 1378 mediou na paz entre Florencia e Gregorio XI, e preparou a adhesión de Nápoles a Urbano VI. Entre as súas obras destaca o Diálogo "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ( Il libro della divina doctrina "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";) e 380 cartas que amosan a súa actividade político-relixiosa. No ano 1461 foi canonizada e en 1970 proclamárona doutora da Igrexa. Declarada por Pío II segunda patroa de Roma, é patroa tamén das mulleres solteiras. Os dominicanos pretenderon que tamén sufrira a estigmatización como san Francisco, feito que negaron os franciscanos. Na iconografía viste hábito branco e capa negra dos dominicanos, leva na man a flor de lis "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";(...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. De nome Caterina Fieschi, filla do vicerrei de Nápoles, consagrouse á beneficencia desde 1473. Inscrita no misticismo, escribiu un Trattato del Purgatorio e un Diálogo entre a alma e o corpo. A súa festa celébrase o 15 de setembro. "2 Stone Sans";"2 Stone Sans";

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";( 1540-1542 "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";) . Foi a quinta esposa de Enrique VIII e o seu casamento, celebrado en 1540, decidiuse co fin de anular a influencia de Thomas Cromwell, protector de Ana de Clèves. Acusada de adulterio, foi encarcerada na Torre de Londres e, posteriormente, decapitada. "2 Stone Sans";"2 Stone Sans";

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz titular de Constantinopla (1283-1307), filla de Filipe I de Courtenay e Beatriz de Anjou. En 1301, por medio dun contrato matrimonial, cedeulle os señoríos de Courtenay e os dereitos sobre Constantinopla ao seu marido Carlos de Valois, futuro Carlos I de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO