"Aurelio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 33.
-
PERSOEIRO
Poeta romántico da década do 1850 integrante do Liceo de la Juventud. Estudiou Dereito na Universidade de Compostela. Dende moi novo promoveu no Liceo de San Agustín unhas xornadas literarias, que o converten xa nun punto de referencia do movemento literario compostelán. Alí trabou amizade con Pondal, Luís Rodríguez Seoane e Rosalía de Castro, a quen dedicou o poema “Improvisación” e sobre a que influirá nun futuro. De feito a poesía “El murmullo de las olas” de Aguirre vén sendo un adianto de “Negra sombra” de Rosalía. Participou tamén como miliciano no levantamento de 1854 e foi, xunto con Eduardo Pondal, unha das figuras sobranceiras do Banquete de Conxo. Amais dun drama e da narración Risas y lágrimas, el mesmo comezou a publicación da súa obra poética, volume que sairía do prelo postumamente co título de Ensayos poéticos (1856-1858). A súa poesía, chea de sentimentalismo ten en María, Efigenia e Felisa Taboada as súas protagonistas. Xa que logo, toda ela está inzada...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (138-161) de orixe itálica. Sucedeu a Adriano e impuxo disciplina no estado. Gobernou como un déspota ilustrado, gañando a confianza das clases cultas. Promoveu unha execución humanitaria do dereito e mantivo a relixión tradicional. Preocupouse pola prosperidade económica e reprimiu as rebelións nas provincias por medio de legados. Baixo o seu goberno o Imperio chegou ao seu máximo apoxeo. No 139 adoptou a Marco Anio Vero, o futuro Marco Aurelio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor vasco. Director do museo de Arte Moderna de Bilbao (1924-1927), dedicouse preferentemente á pintura mural. A súa produción evolucionou dende un Sintetismo (corrente pictórica postimpresionista) ata un Realismo social de raíz étnica, emparentado co Fauvismo e co Cubismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Asturias sucesor de Froila I. No seu curto reinado estalou unha revolta de servos e mantivo boas relacións cos gobernantes da Córdoba musulmana. Sucedeuno no trono Silo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Cartago (393-430). Como dirixente da Igrexa africana afrontou, xunto con santo Agostiño, os problemas donatista e pelaxiano, defendendo a ortodoxia perante os pelaxianos. Convocou os grandes sínodos do 411. Enfrontouse ao Papa Zósimo, quen non aceptaba as accións dos bispos africanos. Introduciu o canto dos salmos nas celebracións litúrxicas e otorgou aos presbíteros a facultade de predicar substituíndo os bispos. Aurelio Agostiño foi colaborador seu. No martiroloxio xeromiano conmemórase o 20 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo de musulmán e cristiá, foi martirizado en Córdoba no 852, durante o reinado de ‘Abd al-Ra Palatino; ḥ mān II, xunto coa súa esposa Natalia (Sabigotho). No ano 858 os monxes Usuardo e Odilardo trasladaron os seus restos mortais a Saint-Germain-des-Prés. A súa festa celébrase o 27 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador romano de orixe africana. Escribiu un compendio de historia imperial titulado Caesares (Os Césares) no que repasa a biografía dos Césares dende Octavio Augusto ata Constancio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que vén do latín Aurelius, nome dunha gens romana, probablemente derivado da mesma voz indoeuropea da que procede Aurora; para outros investigadores ten a súa orixe no latín aurum ‘ouro’. Levan este nome os santos: santo Aurelio de Cartago (ss IV-V), arcebispo desta cidade norteafricana; santo Aurelio de Córdoba (s IX), degolado por orde de ‘Abd al-Ra Palatino; ḥ mān II; santa Aurelia de Estrasburgo (s IV), compañeira de santa Úrsula, quen conseguiu librarse da masacre de Colonia de 385, e santa Aurelia de Roma (s III), virxe e mártir na persecución do Emperador Valerio. A festa de Aurelia celébrase o 25 de setembro, o 15 de outubro ou o 2 de decembro, mentres que Aurelio conmemórase o 20 de outubro, o 27 de xullo e o 12 e 15 de novembro. Na tradición oral recóllense espresións como: “Por san Aurelio, bois ao cortello”, referida a un santo Aurelio que se celebra o 15 de novembro.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano. Foi profesor de Historia e Xeografía na Academia de Mariña de Nápoles. É autor de Della filosofia della storia (Sobre a filosofía da historia, 1787) e de compilacións de poesía. A súa achega principal foi a introdución en Italia dos prerrománticos alemáns.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, estivo ao cargo da administración diocesana do arcebispado de Santiago de Compostela e exerce como profesor de humanidades en educación secundaria. É autor de Arzúa en el Camino de Santiago (1987), Arzúa no Camiño de Santiago (1988) e La Religiosidad popular en Galicia: el municipio de Arzúa (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (211-217), fillo do Emperador Sétimo Severo, quen o vinculou a tarefas de goberno desde o 198, e de Xulia Domna. Recibiu o sobrenome de Caracalla pola peza de vestir que levaba. Á morte do seu pai asasinou o seu irmán Sétimo Geta e os seus partidarios. Promulgou no 212 a Constitutio Antoniana que concedía a cidadanía romana a todos os homes libres do Imperio. Emprendeu campañas militares nas fronteiras do Rin e do Danubio. Asasinárono despois de pasar o Tigris nunha conspiración dirixida polo prefecto do pretorio. Datan do seu goberno o mapa de camiños coñecido como Itinerario Antonino e as termas que levan o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (283-285). Derradeiro representante da dinastía dos ilirios, sucedeu o seu pai Caro no Imperio de Occidente, mentres o seu irmán Numeriano administraba o de Oriente. Trala morte do seu irmán (284), adoptou o título de Germanicus Maximus e, despois de derrotar preto de Verona o usurpador Marco Aurelio Xuliano, loitou contra Diocleciano, proclamado sucesor de Numeriano en Oriente e que non o recoñecía. Derrotouno nunha batalla á beira do río Marus (Mesia Superior), pero foi asasinado por un dos xefes do seu exército.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (282-283). Coñecido como Persicus Maximus, foi proclamado emperador polo exército despois do asasinato de Probo. Asociou o goberno aos seus fillos Carino e Numeriano. Derrotou na Panonia o pobo xermánico dos cuados, pasou a Asia, venceu os sármatas, conquistou Mesopotamia e Seleucia e chegou a Ctesifonte. Sucedérono os seus fillos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, monxe e político romano. Ao principio do s VI tivo unha importante actividade política; no 533 chegou a prefecto pretorial e influíu poderosamente na reconciliación de Teodorico coa Igrexa romana. Cara ao 550, fundou o mosteiro de Vivarium, preto de Scylacium (Squillace), de liña beneditina, onde se dedicou á transmisión da cultura grega mediante a copia de manuscritos e pergamiños. Ademais, empregaba no ensino algunhas das súas obras e no seu programa de estudios incluía as Sagradas Escrituras e as artes liberais. Como político escribiu Variae (Varias), conxunto de cartas con referencias a decretos e editos imperiais. Dos seus escritos filosófico-teolóxicos destacan De anima (Da alma), Institutiones divinarum et saecularium litterarum (Disposicións sobre as letras divinas e profanas) e Historia ecclesiastica tripartita (Historia eclesiástica tripartita). Tamén escribiu unha recompilación titulada De orthographia (A ortografía),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (268-270). Recibiu o apelativo de Gótico e destacou como militar durante o goberno do Emperador Decio. Defendeu as Termópilas do ataque dos bárbaros e no reinado de Valeriano foi gobernador da Iliria. Sucedeu a Galieno á fronte do Imperio, despois de ser elixido emperador polos seus soldados. Venceu os godos en Margus e detivo o avance dos alamanos, pero fracasou no intento de pacificar a Galia e Exipto. Morreu víctima da peste e sucedeuno Aureliano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (180-192), fillo de Marco Aurelio. En 176-177 foi proclamado imperator e augusto, e converteuse desde este momento en correxente. Adoptou o nome imperial de Marco Aurelio Comodo e comezou o seu goberno asinando un acordo de paz, pouco favorable para os romanos, cos pobos dos marcomanos, os cuados e os buros. Exerceu o poder dun xeito despótico, sen contar co Senado e cos colaboradores do seu pai, e apoiouse no exército e na plebe. Atacou a nobreza senatorial, que tramou varias conspiracións na súa contra e tivo que someter dous levantamentos en África e Britania. Durante o seu goberno tentou equilibrar a situación económica con escasos resultados, preludio da situación de postración económica do Imperio no s III. Morreu asasinado a instancias da súa amante, Marcia, e dos seus servidores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (284-305). Comandante da garda imperial e máis tarde cónsul, foi elixido emperador por un tribunal de xenerais á morte de Numeriano (284). Logo da desaparición de Carino (285), irmán de Numeriano e coemperador, o Senado recoñeceulle a dignidade imperial. Asociou ao poder a Maximiano, un oficial da súa confianza, e cedeulle o control da metade occidental do Imperio, mentres se reservou o goberno da metade oriental e a dignidade de Augusto Iovius. A bipolarización da autoridade imperial permitiu que Maximiano reprimise o movemento bagauda e que Diocleciano recuperase Armenia. Non obstante , os conflitos políticos e sociais medraban no Imperio, polo que en maio do 293 vinculou o poder a outros dous militares, en calidade de césares: Constancio Cloro para Occidente e Galerio para Oriente. Diocleciano controlaba Tracia, Exipto e Asia, o césar Galerio gobernaba as provincias danubianas, Maximiano administraba Italia e África, e o seu césar Constancio, Hispania, a Galia e Britania....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político. Foi deputado por Valdeorras (1872-1873; 1898-1899; 1901-1903), por Ponferrada (1893-1895) e senador pola Coruña (1896-1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (218-222). De nome Sexto Vario Avito Basiano, foi sacerdote do deus Elagabalus en Émesa, a súa avoa, Xulia Mesa, fíxoo pasar como fillo natural de Caracalla e foi proclamado emperador polo exército. Chegou a Roma en 219 e introduciu o culto ao seu deus, mentres que deixou o goberno nas mans da sua nai Xulia Soemias e da súa avoa. En 222 asociou ao trono ao seu primo Alexianus, que reinou como Alexandre Severo trala súa morte ás mans dos pretorianos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi director da Dirección General de Bellas Artes. Instalouse na Coruña (1960), onde fundou a galería Artes e se dedicou á creación da Escola de Restauración de Belas Artes. Entre a súas obras destacan Paisaje al atardecer (1977) e Aldeana (1977).
VER O DETALLE DO TERMO