"Australia" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado á parte meridional da Great Dividing Range, área que comprende o L do estado de Victoria e o SL do de Nova Gales do Sur, nunha lonxitude duns 320 km. É unha cadea herciniana, que discorre en dirección NL-SO. Inclúe os cumios da Great Dividing Range (Kosciusko, de 2.230 m, e Bogong, de 1.986 m). Os principais ríos do país nacen nesta serra (Murray, Murrumbidgee e Snowy).
-
ENTRADA LARGA
Estado federal de Oceanía que comprende o continente de Australia e a illa de Tasmania (7.682.300 km2; 18.508.000 h [estim 1997]). A súa capital é Canberra. Non forman parte da federación, pero se encontran baixo a súa soberanía, as illas Norfolk, Mcquarie, Heard, McDonald Christmas, Cocos, Ashmore, Cartier e o territorio do Mar de Coral.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Australia divídese en tres áreas claramente diferenciadas: as serras orientais, as terras baixas do centro e o escudo occidental. As serras orientais orixináronse polo dobramento a finais do Paleozoico dos sedimentos acumulados ao L do macizo australiano. No Terciario, a serra primaria elevouse en bloque e, ao longo de 300 km (Great Dividing Range) formou horsts, fallas, macizos e pequenas chairas litorais. O monzón do verán rega a zona tropical do NL e parte do L, de clima máis temperado grazas aos ventos do O e á corrente australiana oriental. Ao SL e ao S o clima é... -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Australia á beira da Gran Baía Australiana (984.000 km2; 1.427.936 h [1995]). A súa capital é Adelaide. A poboación xúntase nas penínsulas de Eyre e Yorke. O clima é desértico no NO. A pluviosidade aumenta cara ao S ata chegar a un clima temperado cálido. Os principais recursos económicos son a agricultura, a gandería e a industria. Colonia británica dende 1836, no 1901 converteuse en estado da Commonwealth de Australia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Australia que ocupa a parte occidental do país (2.525.500 km2; 1.726.095 h [1995]). A súa capital é Perth. Unha gran parte do seu territorio está ocupada polo deserto. Os ríos máis importantes son o Ord, o Fortescue e o Murchison. Os principais recursos económicos son os cereais, a gandería (ovina e bovina), o ouro, que se encontra na rexión de Murchison-Kalgoorlie, e o uranio de Wiluna. Australia Occidental foi fundada en 1829 como establecemento británico; no 1901 converteuse en estado da Commonwealth de Australia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Territorio do Norte.
-
GOLFOS
Golfo de Australia, no Océano Índico, situado na costa meridional, ao L do cabo Otway.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Australia -considerada como continente ou como estado-, ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Australia.
-
-
Relativo ou pertencente ao reino bioxeográfico australiano.
-
reino australiano
Segundo algúns botánicos, reino fitoxeográfico, rico en endemismos, que comprende basicamente o continente australiano e Tasmania. Considérase unha restrición do reino australo-papú.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos aborixes de Australia.
-
Pobo establecido en Australia procedente da Asia meridional hai 40.000 anos. Estímase que no momento da chegada dos europeos o seu número oscilaba entre os 300.000 e o millón de individuos. Habitaban sobre todo no litoral e comprendían un gran número de grupos territoriais e lingüísticos, aínda que con límites pouco determinados entre eles. Non obstante , a presión dos colonos desprazounos cara ás zonas desérticas e máis inhóspitas do interior. No ano 1993 os aborixes australianos eran uns 260.000 individuos (1,5% da poboación australiana), número que incluía unha maioría de mestizos, feito que sinala unha certa recuperación da poboación aborixe (138.000 en 1980). Actualmente, só unha minoría mantén as formas de vida tradicional dun xeito máis ou menos intacto. O contacto coa cultura occidental modificou profundamente a forma de vida dos australianos, o que comportaba un grao considerable de degradación, tanto no plano individual como no colectivo: introdución de enfermidades, de bebidas...
-
grupo humano australiano
Grupo humano que se localiza na illa de Australia, afastada bioxeograficamente do continente asiático pola liña Wallace. A orixe deste grupo é incerta: unha teoría sostén que é o resultado dunha evolución autónoma de tipos humanos instalados dende os primeiros momentos da ocupación humana das illas do sueste asiático (‘home de Xava’); outra, sen embargo, mantén que chegaron hai 40.000 anos procedentes da última expansión da humanidade moderna polo mundo. Algúns autores defenden a existencia de tres tipos diferenciados no seo do grupo australiano: barriniano, murraiano e carpentariano, aos que relacionan cunha ocupación da illa por vagas sucesivas e con elementos humanos diferentes. Non obstante , considerados globalmente, os aborixes australianos son bastante homoxéneos pola súa estrutura corporal, con predominio dos tipos lonxíneos, malia a gran diversidade ambiental en que viven (dende os desertos centrais aos bosques tropicais do norte). O tronco é alongado, con ombreiros e cadeiras...
-
-
Arte desenvolvida na moderna Australia. A pintura, fortemente nacionalista, centrouse na paisaxe. Os primeiros pintores eran topógrafos estranxeiros, especialmente ingleses. O primeiro grande artista foi Arthur Streeton (1867-1943), relacionado co Impresionismo. George Bell e a Herald Exhibition of Modern European Painting (1939) conseguiron poñer aos artistas locais en contacto coas novas correntes artísticas. Posteriormente triunfou o Expresionismo. Russell Drysdale nas súas creacións narra nostalxicamente a vida rural dos antigos colonos; Arthur Boyd e Sidney Nolan, pintor das montañas de Australia central, quen transmite a desolación próxima ao Surrealismo, cultivaron un espírito plein air. Fred Williams asimila influencias fauvistas e cubistas. En arquitectura, despois dun primeiro período colonial (obras de Francis H. Greenway), existiu un período contemporáneo no que se constrúen edificios culturais. Destacan tamén no apartado arquitectónico as obras de R. Grounds, F. Hassell...
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canberra.