"Avellaneda" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, na ribeira do río El Riachuelo (346.620 h [1991]). Forma parte da conurbación do Gran Bos Aires. É un dos centros industriais máis importantes do país. O seu nome foille dado polo Presidente Nicolás Avellaneda, no 1904, en substitución do de Barracas do Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe procedente de Bizkaia que pasou a Galicia fundando varias casas. Hai investigadores que pensan que a súa verdadeira orixe está na terra galaica aínda que logo se estendeu por La Rioja, Bizkaia, Castela, Murcia, Andalucía e outras rexións españolas. Unha rama pasou tamén a América. Diego López de Avellaneda, señor da casa de Avellaneda, en Logroño, asistiu á conquista de Sevilla en 1248. Xoán de Avellaneda, oriúndo de Galicia, levaba como armas: en campo de ouro, sete roeles de goles, 2, 2, 2 e 1; partido de prata, cunha venera de azul en xefe e un lobo cebado dun cordeiro de prata, pasante e de sable, colocado en punta. Outra variante nas armas dos Avellaneda trae: en campo de ouro, dous lobos de sable, un sobre o outro, cebados de dous cordeiros, e bordo de goles con oito aspas de ouro. Algúns ostentan: na primeira partición, sobre campo de azul, trece besantes de prata colocados en tres paos, con cinco besantes o do centro; na segunda partición, en campo de prata, dous...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alfonso Fernández de Avellaneda.
-
PERSOEIRO
Bispo de Tui entre 1526-1537. No Sínodo Diocesano de 1528 estableceu a obriga de que os párrocos levasen un rexistro de bautizados no que figurase a data de nacemento e o nome dos pais e padriños, libros que foron reunidos no Arquivo Histórico Diocesano, o que posibilitou a realización de numerosos estudios, fundamentalmente xenealóxicos. Mandou construír o ciborio da catedral, colocando nel o seu escudo de armas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada polo Centro Galego de Barracas al Sud, na cidade arxentina de Avellaneda. Saíu o seu primeiro número o 1 de setembro de 1903. De periodicidade mensual, sufriu diversas interrupcións nos anos 1921 e 1922, e sobre todo a partir de 1927; ademais, desde ese ano sairá cada dous, tres ou catro meses. O seu primeiro director-administrador foi A. Paredes Rey, para seguir logo, pero só como directores, Abelardo Álvarez, Francisco Bárcena e, a partir de 1915, H. Chantrero. Nun editorial en castelán de 1903 xa quedaban explicitados os seus obxectivos: achegar Galicia aos emigrantes, conservar a tradición inculcándolla aos descendentes e facer respectar o nome de “gallego” en América. A utilización do galego quedaba case restrinxida ás páxinas poéticas, xa que a publicación era case toda ela en castelán, pero a nómina de autores que pasaron polas súas páxinas foi importante. Así publicaron traballos en castelán, sobre historia, Benito Vicetto ou Xaquín Costa; Antón Villar Ponte e Xoaquín...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que asinou o autor dunha segunda parte de El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, publicada en Tarragona en 1614.
-
PERSOEIRO
Escritora cubana. De tendencia romántica, colaborou na revista La Aureola baixo o pseudónimo de La Peregrina e dirixiu a revista Álbum cubano de lo bueno y de lo bello. Da súa produción destacan Leoncia (1840), Poesías (1841 e 1850), Alfonso Munio (1844), Baltasar (1858), El artista barquero o Los cuatro cinco de junio (1861) e Devocionario nuevo y completísimo en prosa y verso (1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Avellaneda, Arxentina, a partir de 1931. Subtitulada “Todo por Galicia y para Galicia”, ata o nº 270, foi o voceiro do centro galego desa localidade. Cunha tiraxe de 8.000 exemplares e periodicidade mensual, incluíu aquelas notas de interese para os socios, completando os contidos con artigos relacionados con Galicia. A partir da década de 1940 denominouse Boletín Oficial del Centro Gallego.