"Avon" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 27.

  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, Gran Bretaña (1.346 km2, 982.300 [estim 1995]). A capital é Bristol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa norteamericana integrada no sector da perfumería e cosmética e especializada na venda a domicilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das substancias flavónicas do complexo vitamínico P, constituídas por unha mestura de distintas flavonas que teñen acción vitamínica. A súa deficiencia produce un aumento da permeabilidade e a fraxilidade das paredes capilares. Poden aparecer en concentracións importantes nos distintos cítricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apeiro de labranza con dous ganchos para arrincar o esterco e sachar a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Irlanda do Norte, Reino Unido (388 km2; 77.200 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome medieval de Eslavonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Eslavonia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Eslavonia.

    3. antigo eslavo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión natural do S de Europa, nos Balcáns, no interfluvio dos ríos Drave e Save, repartida entre Croacia, Serbia e Bosnia-Herzegovina. Formou parte da provincia romana de Panonia e desde a Alta Idade Media constituíu o sector oriental do Reino de Croacia. Trala dominación franca (812-818), invadírona os maxiares e no 925 acadou a súa independencia. A invasión turca de Serbia (s XVI) converteuna en refuxio de numerosos serbios, que se acabaron integrando cos croatas. Liberada dos turcos en 1699, uniuse ao Reino de Croacia en 1745. Entre 1849 e 1872 formou parte do Reino de Sirmia, e desde a Primeira Guerra Mundial pertenceu a Iugoslavia. Desde 1945 pertence á República Federada de Croacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Vento que sopra de poñente.

    2. Vento suave e propicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia incolora que se illa de diversas plantas da familia das primuláceas. Da flavona, igual que da isoflavona (3-fenil-4H-1-benzopiran-4-ona), derivan toda unha serie de pigmentos amarelos moi difundidos entre as plantas, como a quercetina. Algúns pigmentos desta clase empréganse para tinguir e estampar, e algúns derivados das flavonas teñen efecto sobre a permeabilidade das paredes capilares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos compostos fenólicos producidos normalmente polas plantas, cun esqueleto característico que está constituído por dous aneis de benzeno unidos por unha cadea de tres carbonos; a estrutura desta porción é a que se emprega para a súa clasificación. Os máis comúns son as antocianinas (de cor azul, vermella ou purpúrea), as auronas e as calconas (de cor amarela), as flavonas e os flavonois (de cor amarela pálida ou marfil), as catequinas, as leucoantocianidinas e as isoflavonas (incoloras).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destacan Cerca de Oviedo (1946), Cuentos de mamá (1952), Antología de cuentistas españoles contemporáneos (1959), Cuentos republicanos (1961), El teatro social en España (1962), El reinado de Witiza (Premio da Crítica 1969), Las hermanas coloradas (Premio Nadal 1969) e Cuentos de amor...vagamente (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ilercavóns.

    2. Individuo do pobo ilercavón.

    3. Pobo ibero tarraconense que controlaba un territorio pouco definido e que limitaba ao N cos cosetanos, ao S cos edetanos, ao NL cos ilerxetes e ao SO cos suesetanos. O territorio presentaba unha gran densidade de poboación de primeiro rango, consideradas centros políticos ou de control dun territorio, como Puig de la Nao (Benicarló), Puig de la Misericòrdia (Vinaròs) e Castellot de la Roca Roja (Benifallet). A escavación dos distintos xacementos permitiu constatar a súa ampla cronoloxía, que se estendeu entre o s VI a C e finais do s I a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago de Bismarck.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario mexicano. Sacerdote, en 1810 uniuse á revolta de M. Hidalgo. Proclamou a independencia mexicana (1813) en Chipalcingo, e unha constitución liberal en 1814, pero pouco despois os realistas sufocaron a revolta. Morreu fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paxaro da orde das galiformes, de marcado dimorfismo sexual, con machos que miden de 100 a 125 cm (sen contar a falsa cola, formada polas supracaudais) e con cabeza, pescozo e peito de cor azul metálica, as partes superiores grisáceas con raias escuras e as ás e o resto do corpo de cor castaña escura; presentan un penacho na cabeza; as supracaudais poden medir 150 cm, son dunha gran beleza e poden ser despregadas como un abano durante as exhibicións nupciais. As femias son de plumaxe inconspicua, teñen o penacho da cabeza máis reducido e as súas supracaudais son de dimensións normais. É orixinario de Sri Lanka e do S de India. En Galicia, a súa presenza limítase a parques e xardíns públicos e privados, como ave decorativa.

      1. Insecto lepidóptero, da familia dos satúrnidos e dos linfálidos, que pertence aos xéneros Saturnia, Inachis e Pavonia.

      2. pavón diúrno [Inachis io, Fam dos ninfálidos]

        Insecto da orde dos lepidópteros que chega a ter como máximo 60 mm e presenta unhas ás de cor vermella ferruxinosa con bordos grises amarelentos, que lle permiten efectuar un voo rápido.

      3. pavón nocturno [Saturnia pyri, Fam dos satúrnidos]

        Insecto da orde dos lepidópteros que ten unha envergadura de 120 a 130 mm, o corpo e as ás dunha cor castaña ou gris, e presenta manchas ocelares nas ás. As larvas, fitófagas, prexudican as pereiras e outras árbores froiteiras.

      4. pavón nocturno [Pavonia pavonia, Fam dos satúrnidos]

        Insecto da orde dos lepidópteros que alcanza entre os 50 e os 80 mm de envergadura. As ás anteriores teñen ocelos situados dentro dunha mancha branca.

    2. Capa moi fina de sulfuros e cloruros metálicos, de cor azulada, con que se revisten as superficies de metais ferrosos para que non enferruxen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Coñecida como La Niña de los peines, comezou a súa carreira aos oito anos. Considerada como unha das figuras máis importantes do cante flamenco e admirada por Federico G. Lorca, cantou nos principais cafés e teatros de diversas cidades de España. Interpretou diferentes xéneros -especialmente tangos-, popularizou Petenera e Zambra e foi a creadora de cantes como as bambas e as lorqueñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de pavonar.

    2. Que ten a cor do pavón.

    3. Tratamento de oxidación superficial que se aplica aos aceiros suaves co fin de formar unha película anticorrosiva que protexa o metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efectuar o pavonado dun obxecto de aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do asentamento do pobo prerromano dos superatos, no convento xurídico Astur. Situouse nas proximidades de Rosinos de Vidriales, ao N da actual provincia de Zamora. Tras as Guerras Cántabras (29-19 a C), instalouse no lugar un reducido campamento da Legio X Gemina romana, que se encargou de previr posibles accións violentas por parte dos astures, ata que Nerón o trasladou fóra do territorio peninsular (63 d C). Posiblemente volveron ocupar o campamento tras a caída de Nerón, así como tamén as tropas da Legio VII Gemina e a Ala II Flavia, creada por Vespasiano, que mantivo a súa presenza no lugar irregularmente desde o último cuarto do s I ata mediados do s III. A partir desa data non se tiveron noticias concretas de novos asentamentos, pero os restos arqueolóxicos indican unha ocupación tardorromana, que debeu ser bastante escasa en número.

    VER O DETALLE DO TERMO