"Ayr" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 35.
-
CIDADES
Cidade da rexión de Strathclyde, en Escocia, Gran Bretaña (49.481 h [1981]). Situada na desembocadura do río Ayr, foi capital do antigo condado de Ayr.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador pertencente á escola medieval galego-portuguesa. Parece que naceu no seo dunha familia nobre, probablemente galega, xa que en Portugal o seu topónimo non orixinou liñaxe familiar tal e como ocorreu, segundo a documentación conservada, ao norte do Miño e en territorio castelán-leonés. A hipótese máis fiable é identificalo cun escudeiro citado nun testamento de 1224 do lugar de Ribadavia, de nome Airas Nuni de Asma. Tamén existe a posibilidade de que estivese emparentado con Diego Moniz; ademais, a cronoloxía que se lle supón é de finais do s XII e primeira metade do XIII, de xeito que coincidiría mesmo con Bonifaci Calvo na Corte de Afonso X. A súa obra redúcese a dúas cantigas de amor que se conservan unicamente no inicio do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, xa que tanto o Cancioneiro da Ajuda como o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana presentan lagoas no espazo textual que lles correspondería; curiosamente, o seu nome non aparece na Tavola...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canción inglesa á maneira de lied. A parte superior, sempre cantada, caracterízase pola continuidade da liña melódica; as outras partes poden ser interpretadas por voces, violas, virxinais ou laúdes.
-
PERSOEIRO
Décimo Emir do Al-Andalus (740-742). O Califa Hišām (724-743) enviouno a axudar ao seu delegado na Ifrīqiya durante a revolta dos bérberes do 740. Foi derrotado e tivo que se refuxiar en Tánxer, onde foi liberado polo gobernador do Al-Andalus ‘Abd al-Malik. A raíz deses acontecementos Bal ǧ foi proclamado Emir, pero morreu pouco despois. As forzas sirias, que el introducira, orixinaron un problema social que resolveu o emir Abū-l-Ha ṭṭ ār (743-745) instalándoas segundo o modelo oriental.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Baviera, Alemaña, á beira do Main, nos contrafortes de Fichtelgebirge (72.000 h [1990]). Núcleo comercial, industrial (téxtil) e universitario de importancia rexional. Obtivo sona internacional a raíz de que Richard Wagner a escolleu como lugar de residencia e instalou nela o teatro dos festivais, o Festspielhaus. Os festivais, totalmente dedicados á obra de Wagner, celébranse regularmente desde 1876. A cidade foi fundada no s XII polos condes de Andechs-Diesse; no ano 1791 converteuse en posesión de Prusia e no 1810 de Baviera. O s XVIII foi o do seu maior esplendor cultural e artístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Espectáculo musical celebrado en Bayreuth que conmemora a figura e obra musical de Richard Wagner, onde se reúnen os máis prestixiosos intérpretes da súa música. O festival realízase dende 1876 no Festspielhaus, teatro deseñado polo arquitecto Otto Brückwald, comezado en 1872 e rematado e inaugurado en 1876 coa estrea da obra O anel dos nibelungos. Entre 1945 e 1950 deixou de celebrarse, ata 1951, data na que se celebra anualmente e sen interrupción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O do brazo occidental do Nilo e ao S de Alexandría (10.130 km2; 3.973.000 h [estim 1995]). A capital é Damanhūr.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Precedesor de Samuel Beckett e do nouveau roman, a súa obra inicial inclúese na estética surrealista; posteriormente pasou a ser máis intimista e a basearse nas súas vivencias persoais. Como poeta publicou Le hollandais volant (O holandés voador, 1936), Poèmes de la nuit et du brouillard (Poemas da noite e da néboa, 1945) e Poésie-Journal (Poesía-Xornal, 1969-1980); no eido da narrativa é autor, entre outras obras, de Le froid du soleil (O frío do sol, 1963), Histoire de la mer (Historia do mar, 1973) e Histoire du ciel (Historia do ceo, 1979). Escribiu tamén numerosas novelas, guións de cine e curtametraxes. Dende 1973 é membro da Académie Goncourt.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e filósofo. Catedrático de Historia da Pedagoxía, colaborou na Grande Enciclopédie e no Ditionnaire de pédagogie de Buisson. Rector das universidades de Poitiers (1890) e Lyon (1895-1905), entrou na Académie des Sciencies Morales et Politiques (1907). Está considerado como o primeiro historiador da pedagoxía; e entre as súas obras destaca Histoire de la Pédagogie (Historia da Pedagoxía, 1885), Histoire critique des doctrines de l’education en France depuis le XVIème siècle (Historia crítica das doutrinas da educación en Francia despois do s XVI, 1897) e Les grands éducateurs (Os grandes educadores, 1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Entrou ao servizo do conde de Artois, en Versailles, onde estreou óperas cómicas (Nina, 1786). Autor de numerosos cuartetos de corda, da súa produción destacan Camille (1791) e Sargines (1788).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Necrópole exipcia da dinastía VI onde foron enterrados, entre outros, os adalides do nomós XII do Alto Exipto. Comprende dous grupos de tumbas rupestres: o meridional (52), onde a mala calidade da pedra provocou que se decorase con gravados e non con pinturas, e o setentrional, cos gravados de Hemre e Henku, datado no primeiro período intermedio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instituto ecuménico de estudios superiores de teoloxía situado no outeiro homónimo, entre Xerusalén e Belén. Creouse en 1971 como lugar de encontro e diálogo entre teólogos de todas as confesións cristiás. A súa dirección alterna sucesivamente entre as diversas igrexas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de templos construídos contra un acantilado ao noroeste do Karnak en Exipto. Consérvanse os restos de dous templos funerarios: o de Mentuhotep II (dinastía XI) e o de Hatšepsut (dinastía XIII), formado por unha serie de terrazas comunicadas entre si por ramplas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo poboado exipcio onde vivían os obreiros e artesáns que construíron a necrópole do Val dos Reis, na marxe do Nilo. Fundouse, probablemente, en tempos dos primeiros faraóns da dinastía XVIII e o seu máximo esplendor data da época ramésida. Consta de dúas partes: un núcleo central dunhas 70 casas rodeado dun muro, e dous barrios exteriores (ó N e ao O) con 50 casas rectangulares construídas en ladrillo, onde se localizaron pinturas, obxectos e diversas inscricións. No exterior do recinto hai unha necrópole onde se conservan pinturas e un templo da época ptolemaica dedicado ás deusas Hathor e Ma’at.
-
CAPITAIS
Capital do mu ḥ āfa ẓ a homónimo, Siria, situada na marxe dereita do río Éufrates (174.085 h [1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mu ḥ āfa ẓ a de Siria (33.060 km2; 722.000 h [estim 1995]). A súa capital é Dayr az-Zawr.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro copto próximo a Asyūt, no Exipto superior. Nel atopáronse en 1907 papiros dos ss VI e VII de carácter relixioso que conteñen pregarias litúrxicas e parte dunha anáfora eucarística de tipo alexandrino.
-
PERSOEIRO
Compositor inglés. Foi primeiro cantor da capela de Enrique VIII de Inglaterra e doutor das universidades de Oxford e Cambridge. Compuxo cinco misas a cinco voces e unha a catro, baseadas no cantus firmus litúrxico, dous Magnificat, motetes e cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de escultores e decoradores alemáns. Joseph Anton Feichtmayr (Linz 1696 - Mimmenbausen 1770) responsable das decoracións, entre outras, da igrexa de Neu-Birnau e da abadía de Saint Gall; e Johann Michael II Feichtmayr (Haid 1709? - Augsburgo 1772), que traballou, entre outras, na abadía de Zwiefalten e no castelo de Bruschal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Emirato da Unión dos Emiratos Árabes (1.150 km2; 83.000 h [estim 1997]). A capital é Al-Fugayra (2.000 h [1989]).