"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

    1. Sufixo derivativo aumentativo.

    2. Sufixo derivativo que indica o instrumento co que se dá un golpe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico que se presenta en forma de cristais monoclínicos dunha cor amarela, que se funden entre os 180,2°C e os 181,7 °C.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos abazís.

    2. Pobo do grupo caucasiano que habita na oblast autónoma dos Karachais e dos Cherkesos (Xeorxia), constituído por aproximadamente unhas 25.000 persoas. Os abazís son labregos e musulmáns sunnitas.

    3. Variante da lingua abkhaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomano, irmán de Abdülmecit I, a quen sucedeu no 1861. A súa tímida política de reformas provocou a un tempo a oposición dos tradicionalistas e dos constitucionalistas (Mozos Turcos). As revoltas nacionais na Península Balcánica (1861-1875) e Creta (1866-1868) xunto coa autonomía exipcia (1866), contribuíron á descomposición do Imperio Otomano, por outra banda suxeito ás influencias de Francia, Gran Betaña e Rusia. Obrigado a abdicar (1876), morreu asasinado poucos días despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano que desempeñou importantes cargos na súa orde. Orador distinguido, colaborou en El Eco Franciscano, do que chegou a ser subdirector. Entre as súas obras cabe citar Páginas espirituales de vida sobrenatural (1925), Leyenda de San Francisco de Asís escrita por tres de sus compañeros (1927) e Suma espiritual para las almas religiosas (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estudiou no Seminario de Ourense, do que foi profesor. Na súa xuventude colaborou en xornais ourensáns (La Nueva Época, La Región) onde deu a coñecer a maioría da súa obra poética recollida despois da súa morte no volume Poesías religiosas (1944), onde se recollen dous sonetos en galego “Diante do Sagrado Corazón da Trinidá” e “Teño dúas nais! (Morriña do ceo)”. Autor dunha produción de carácter relixioso, da que podemos destacar La tercera orden de San Francisco y la juventud (1914) e Oración fúnebre del Excmo. e Ilmo. Sr. Arzobispo de Santiago, Dr. D. Manuel Lago González (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No s XIX desenvolveu o seu labor como mestre de ensino primario en varias localidades galegas antes de pasar á Escola Normal de Mestres de Ourense como rexente. Publicou Tratado de Aritmética, seguido de nociones de Geometría, para todos los alumnos que concurren a las diversas escuelas y colegios de primera enseñanza (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República autónoma dentro da República de Xeorxia (8.660 km2; 516.000 h [estim 1993]). Ocupa o ángulo NO da depresión do Rioni, entre o Cáucaso e o Mar Negro. Presenta tres rexións fisiográficas: a litoral, as serras e a zona axial paleozoica do Cáucaso, que alcanza os 3.000-4.000 m. O clima é de tendencia subtropical, mediterráneo húmido. Destacan a agricultura e a minería da hulla. Unha sexta parte da poboación é, etnicamente falando, abkhaza; o resto está composta de xeorxianos, armenios e rusos. Sukhumi, a capital, é o centro cultural e industrial, así como un dos núcleos turísticos da riviera de Abkhazia. O nome de Abkhazia aparece no s VIII, no territorio da antiga Cólquida. Moreas de pobos forasteiros sucedéronse neste recuncho do Cáucaso: colonias gregas xonias sometidas a Mitrídates da Ponte, aos romanos, ao Imperio Bizantino, aos sasánidas, aos árabes e aos mongois. Entre 1806-1810, os rusos desprazaron os dominadores turcos. No ano 1921 constituíuse en República...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Abkhazia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Abkhazia.

    3. Pobo de aproximadamente 87.000 individuos que habita no NO do Cáucaso dentro do territorio de Xeorxia. Cristiáns dende o s VI, parte deles foron islamizados no s XV.

    4. Lingua caucásica do grupo abkhazo-adigueo, falada en Abkhazia e, a súa variante abazí, na oblats autónoma dos karachais e dos cherkeses, empregada por unhas 19.000 persoas. Ten unha literatura que se mantivo en estado oral ata que en 1865 se fixou o seu alfabeto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á lingua abkhazo-adigueo.

    2. Grupo occidental das linguas caucásicas setentrionais. Comprende o adigueo, o kabardino e o cherkés, que poden agruparse baixo o antigo nome de circasiano; o abkhazo, coa variante abazí, e o ubikh. Estas linguas caracterízanse pola pobreza do seu sistema vocálico, dous ou tres fonemas, compensada pola riqueza do seu consonantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se asemella ou tende ao branco.

    2. Que perdeu a cor da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza metálica ou doutro material que serve para asegurar ou cinguir, mediante presión, algunha cousa; normalmente ten forma de anel e vai suxeita a certos corpos cilíndricos establecendo un bo contacto con eles.

      2. Anel partido en dúas metades, unha das cales se fixa á parede e outra, desmontable, permite fixar unha cousa e cinguila.

      3. Anel de ferro que se emprega para manter cerradas as tenaces da forxa cando suxeitan un obxecto.

      4. Peza de metal que serve para asegurar unha peza de roupa cinguíndoa.

    1. Cada unha das defensas dos antebrazos. Dende comezos do s XV eran de ferro ou de aceiro.

    2. Barra de aceiro que nas naves de madeira reforza as cadernas.

    3. Peza de metal, marfil ou calquera outro material que serve para asegurar a unión dos elementos de certos instrumentos musicais.

    4. Peza que suxeita as follas das béstas da suspensión dos vehículos.

    5. Cordón que fixa as cortinas aos lados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de abrazar.

    2. Escudo dividido por dúas diagonais que, saíndo dos ángulos do flanco dereito ou do esquerdo, xúntanse na metade do flanco oposto formando un triángulo isósceles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen abraza.

    2. amplexicaule.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estreitar entre os brazos.

    2. Rodear un elemento con outro.

    3. Ser partidario dunha doutrina.

    4. Conter algunha cousa en toda a súa extensión.

    5. Coller ou soster co brazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abrazar ou abrazarse.

    2. Acción na que se asume a pertenza a un partido, asociación ou idea.

    3. Cruzamento de follaxes labradas ao redor dunha columna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei da Taifa de València (1076-1085). De familia amirita, rebelouse contra o Rei de Toledo al-Qādir acadando unha independencia de feito (1076), pero permaneceu baixo a protección militar de Afonso VI.

    VER O DETALLE DO TERMO