"Bao" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 38.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s X) Xefe dos chidáns (907), pobo posiblemente protomongólico. Fundou o estado chidán sendo proclamado Emperador. Conquistou parte de Mongolia, Manchuria e chegou a Corea, onde destruíu o Reino Pohai (926). Promoveu a integración do seu pobo na civilización chinesa principiando unha dinastía que dominou o N da China.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de fútbol vasco fundado en 1898. Ao crearse o Campionato Nacional de Liga en 1928, foi un dos 10 equipos invitados pola Federación Española de Fútbol a participar na primeira división; dende entón militou sempre na máxima categoría. Acadou 23 títulos de campión de España (Copa) e 8 de campión de Liga. O seu uniforme componse de camiseta a raias brancas e vermellas con pantalón negro. Dende 1913 disputa os seus partidos como local no Estadio de San Mamés. Ao longo da súa historia vénse caracterizando por empregar unicamente xogadores naturais de Euskal Herria ou, cando menos, de orixe vasca, para o cal se esforza en manter unha escola de fútbol (Lezama) e potenciar os seus equipos inferiores. Froito deste traballo son as ducias de xogadores que, formados na súa disciplina, militaron nos equipos máis punteiros do estado ou na selección española (Telmo Zarra, Iríbar, Andoni Goicoetxea, Andoni Zubizarreta, Julio Salinas, Julen Guerrero, etc).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria domiciliada en Bilbao e creada no 1988 como resultado da fusión do Banco de Bilbao e do Banco de Vizcaya. En 1999 adquiriu Argentaria (Corporación Bancaria de España), converténdose deste xeito nun dos principais dous bancos españois, en competencia co Banco Santander Central Hispano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria con sede social en Bilbao nacida da fusión entre o Banco Bilbao Vizcaya e Argentaria (Corporación Bancaria Española), aprobada polos respectivos consellos administrativos o 19 de outubro de 1999.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Bilbao no ano 1857 e que tivo, ata o ano 1874, funcións de banco comercial e de banco emisor. Foi promovido pola xunta de comercio de Bilbao coa intención de convertelo nun instrumento de apoio ás empresas vascas. O seu crecemento asentouse na liña da banca mixta: unha rede de sucursais e unha carteira de valores industriais, na que destacan os sectores tradicionais do País Vasco: a siderometarluxia e o transporte marítimo e ferroviario. A crise bancaria que afectou a España no tardofranquismo e durante a Transición, deulle a oportunidade de adquirir algúns bancos afectados: tres do grupo Rumasa (Banco de Extremadura, Banco del Noroeste e Banco Latino), un galego (Banco de La Coruña), un valenciano (Banco de Promoción de Negocios) e un catalán (Banca Mas Sardà). No ano 1988 fusionouse co Banco de Vizcaya para formar o Banco Bilbao Vizcaya.
-
RIOS
Río da conca cantábrica, afluente do Ouro pola esquerda. Nace na vertente oriental da serra do Xistral, no lugar da Casela, na parroquia e concello do Valadouro. Percorre a parroquia en sentido NO-SL, recibindo o seu principal tributario, o Rego do Penido Novo, que baixa dende o pico homónimo, situado na liña axial dos cumios do Xistral. De seguida penetra na parroquia de Mor, no concello de Alfoz, onde desemboca no lugar de Santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ariante gráfica de Vao, apelido de orixe toponímica que remite ao topónimo Vao, voz procedente do latín vadu ‘lugar pouco profundo polo que pode atravesar unha corrente de auga’. Así que, aínda que etimoloxicamente este apelido debería levar a grafía v-, a miúdo adoita aparecer cun b- non etimolóxico.
-
Liñaxe asturiana oriúnda de Villavaler que se espallou por toda Galicia. As súas armas levan escudo partido: a primeira partición, en campo de azul, cun castelo de prata, sobre ondas de azul e prata, e dous leóns de ouro empinados aos seus muros e, saíndo da homenaxe do castelo, dúas cintas, tamén de prata, unha a cada lado, con cadansúa chave de ouro pendurada; a segunda partición, en campo de goles, con nove besantes de ouro, ordenados en tres paos e colocados de dous en dous e un de non. Algúns tratadistas recollen para a rama galega un escudo partido moi semellante: a primeira partición, en campo de azul, cunha torre de prata aclarada de sable sobre ondas de azul e prata e, saíndo das súas ameas, dúas cintas tamén de prata, unha a cada lado, con cadansúa chave do mesmo metal; a segunda partición, en campo de goles, con nove besantes de prata, colocados en tres paos, de tres cada un.
-
-
PERSOEIRO
Emperador de Annam. En 1925 sucedeu o seu pai Khai-Dinh. Baixo a presión xaponesa proclamou en 1945 a independencia do Vietnam, cun territorio que abranguía a Cochinchina e Tonquín. Logo da proclamación da República de Vietnam por Ho Chi Minh, exiliouse a Hong Kong (1946). En 1949 Francia nomeouno xefe dun teórico estado asociado de Vietnam. Sen apoio político, exiliouse a Francia, onde continuou exercendo as funcións imperiais. Foi deposto definitivamente do trono por un referendo organizado por Ngo Dinh Diem (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da conca do Xallas, afluente do Beba. Nace na Fonte de San Alberte, na parroquia de Beba, concello de Mazaricos, e desemboca no Beba, no lugar do Bao da Lama, na mesma parroquia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. A súa obra, na que reflicte escenas populares da realidade galega xunto con paisaxes tradicionais, é de carácter costumista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta chinés. Participou activamente nos conflitos militares e políticos que precederon á caída da breve dinastía Song (Liusong). Foi un fecundo autor de poesías fu e de poemas rituais escritos por encarga imperial. Amosou un fino sentido da natureza, con tendencia á melancolía. Os seus poemas de amor foron atribuídos aos espíritos nocturnos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore do xénero Adansonia da familia das bombáceas, de ata 20 m de altura, de toro extremadamente groso, que pode acadar os 23 m de diámetro e que acumula grandes reservas de auga durante a época das chuvias. Ten grandes flores brancas que son polinizadas por morcegos. Os froitos (denominados pan de mono) son alongados, coa polpa fariñenta e comestible. Vive nas sabanas da África intertropical e a súa madeira emprégase na fabricación de papel e teas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baía da costa SO de Irlanda, que se abre entre os cabos Sheeps e Uí Néid, constituíndo un porto natural.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Shanxi, no N da República Popular de China (337.765 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribeira de Piquín baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Hebei, no N da República Popular de China (483.155 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da rexión autónoma da Mongolia interior, na República Popular de China (983.508 h [1990]). Situada á beira do río Huang He, destaca sobre todo pola industria siderúrxica, pero tamén polas téxtiles, químicas, alimentarias e de maquinaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo francés. Defensor do Clasicismo, foi sempre contrario ás novas tendencias que propugnaba o Romanticismo. A súa obra, pouco orixinal, consta de adaptacións doutros poemas, como Jérusalem délivrée (1812), de Torquato Tasso, e as Poésies (1801), de Ossian. Escribiu tamén traxedias e sátiras contra o Romanticismo, coma o diálogo en verso Le classique et le romantique (O clásico e o romántico, 1825).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento construído en metal, tamén chamado trompa ou arpa de boca. Consta dun corpo en forma de pera ou de ferradura, cunha lingüeta de ferro ou aceiro no medio, fixada só por un extremo. O instrumento colócase entre os dentes suxeitándoo cunha man, mentres a outra fai vibrar a lingüeta. A caixa de resonancia é a propia boca do músico. Está a se recuperar o seu uso, que ata hai poucos anos estaba reducido case exclusivamente á zona da Fonsagrada.