"Bautista" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 37.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e poeta en lingua castelá. É autor de poesías e da comedia Triunfos de Marino y Fortunas de Heliogábalo, da terceira parte do Teatro de los dioses de la gentilidad (1688) de Baltasar Vitoria, amais de traducións de obras italianas de carácter histórico ou filosófico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista, político, diplomático e escritor arxentino. Participou na política do ditador Rosas, á que máis tarde se opuxo. Foi conselleiro de Urquiza e exiliouse ao ser este derrotado por Mitre. É autor de Bases, escrito político que influíu sobre a Constitución de Arxentina do 1853, así como de gran número de traballos xurídicos e políticos, de artigos de costumes, dunha novela e de pezas de teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado. Estudiou Filosofía e Dereito na Universidade de Salamanca. Foi subsecretario da Gobernación e, despois da revolución do 1868, Presidente do Consello de Estado. En Madrid fundou o xornal El Guirigay e colaborou no Semanario Pintoresco. Ademais de numerosos traballos xurídicos, no 1834 publica o libro Poesías (1834), onde recolle composicións en castelán de estética neoclásica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Despois dos seus primeiros estudos no Seminario de Ourense, marchou a Madrid a cumprir o servizo militar. Na capital do Estado matricúlase na Universidade para estudar filosofía. Alí entra en contacto con Bernardino Graña, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Fernández Ferreiro, Ramón Lorenzo, Alexandre Cribeiro, César Arias, Reimundo Patiño e outros, cos que forma en 1958 o grupo Brais Pinto. Dende esta plataforma, que pretendía artellar unha alternativa ao piñeirismo cun maior grao de compromiso político, traballa en Madrid nos Seminarios de Cultura Galega do Centro Galego e do Club de Amigos de la UNESCO. En novembro de 1963 varios integrantes de Brais Pinto, entre os que se atopa, fundan unha organización política, a Unión do Pobo Galego (UPG), que se confirma nunha xuntanza celebrada en Santiago o 25 de xullo de 1964....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor de lingua castelá coñecido polo pseudónimo de Silverio Lanza. Nas súas obras reflíctese a realidade política e social do momento, como en Noticias biográficas acerca del Excmo. Sr. Marqués de Mantillo, publicado no ano 1889, Ni en la vida ni en la muerte, de 1890, etc. Foi considerado un precedente da Xeración do 98.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deuse a coñecer como poeta, arredor do 1900, logo de gañar o primeiro premio nun certame organizado polo Ateneo León XIII de Santiago. Outorgáronlle un premio pola composición “Íntima” na celebración do centenario de Rojas Zorrilla en Toledo. No 1910 gañou en Santiago a flor natural polo poema “Las cumbres” e o primeiro accésit por “La casa muerta”. Salienta a súa obra lírica en castelán Al amor del terruño (1915), libro de corte clásico e inspiración romántica que contén as súas poesías premiadas; o monólogo lírico Al desplegarse la rosa (1917) e, sobre todo, Diana de gaita (1930), na que mostra unha fermosa visión da paisaxe galega con gran sensibilidade. Algúns investigadores subliñan a influencia deste libro na obra de Amado Carballo -concretamente, en Proel e no poema “O Galo”- aínda que non estea aínda claro se a intervención se deu en forma de reciprocidade, de indución ou de maxisterio dunha das partes sobre a outra. De confirmarse este influxo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar explorador mexicano. Nas expedicións que dirixe na península de California (1774-1776) funda o que sería a cidade de San Francisco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e político conservador. Marqués de Figueroa. Doutor en Dereito e deputado nas Cortes por Pontedeume e pola Coruña. Foi ministro de Agricultura e Obras Públicas e de Gracia e Xustiza. Amais, foi presidente e vicepresidente do Congreso e membro numerario da Academia de la Lengua Española e da Academia de Ciencias Morales y Políticas. Publicou varias obras, entre elas: De la poesía gallega (1889); Del Renacimiento literario y artístico de Galicia (1890); La música popular gallega (1906). A súa poesía bilingüe está recollida nos volumes Del solar galaico (1917) e Libro de cantigas. En tierras galaico-lusitanas. Impresiones. Reminiscencias del vagar (1928). Ademais escribiu as novelas El último estudiante (1883), Antonio Fuertes (1885), La Vizcondesa de Armas (1887) e Gondar e Forteza (1900).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta castelán de ideoloxía absolutista. Escribiu poesía; sobre todo, erótica e festiva, que pode ser encadrada dentro do neoclasicismo (Terpsícore).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Ademais de estudo fotográfico na Coruña tiña unha fábrica de cervexas e unha sombrereiría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Almirante da armada. Xefe da escuadra de Marrocos en 1921, foi ministro de Mariña no goberno de Manuel García Prieto, marqués de Alhucemas (1922-1923). Colaborador do xeneral Miguel Primo de Rivera y Orbaneja durante a Ditadura, o Rei Afonso XIII nomeouno Presidente do Goberno trala demisión de Berenguer en xaneiro de 1930, coa encomenda de avanzar na restauración da orde constitucional. Con esa intención convocou as eleccións municipais do 12 de abril de 1931. Os resultados destes comicios provocaron a fuxida do Rei, a proclamación da Segunda República Española o 14 de abril, e o establecemento dun goberno provisional presidido por Niceto Alcalá-Zamora y Torres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino procedente do latín Baptista, e este do grego Baptistés (βαπτιστ ή ς) ‘bautista, o que bautiza’: Foi o alcume de san Xoán, chamado o Precursor, por ser quen bautizou a Xesús de Nazaré e o proclamou Mesías. O seu culto é un dos máis antigos da Igrexa e, polo menos, dende o Emperador Constantino, fóronlle dedicados numerosos santuarios e altares; a este santo consagróuselle a igrexa de Letrán, en Roma, fundada por Constantino, e moitos baptisterios, como os de Ravenna, Parma, Aix, Pisa e Florencia. Dun himno da liturxia de Xoán Bautista proceden os nomes das notas da escala musical, ao descubrir Guido de Arezzo no s XI que cada versículo empezaba nunha nota cada vez máis alta seguindo exactamente a escala diatónica: “Vt queant laxis, resonare fibris, mira gestorum, famuli tuorum, solve polluti, labii reatum, Sancte Ioannes”. O ut...
-
PERSOEIRO
Actriz. Estudiou declamación con Marta Grau no Instituto do Teatro de Barcelona. Despois de actuar no teatro, dedicouse ao cine e foi unha das actrices máis populares dos anos cincuenta e sesenta en filmes como Locura de amor (1948), Agustina de Aragón (1950), Condenados (1953), La tía Tula (1964), etc. Entre as súas últimas interpretacións destacan Extramuros (1985), Amanece, que no es poco (1988) e Hermana, pero qué has hecho? (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto castelán. Representante do momento de transición do Herrerianismo ao Barroco. No ano 1633 substituíu a Pedro Sánchez na construción de San Isidro el Real, que se comezara a edificar no 1622. A súa obra máxima é a igrexa de San Juan Bautista de Toledo, comezada no 1628.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro que estivo situado no lugar de Vilanova, na parroquia de San Xoán de Borneiro (Cabana). Foi un mosteiro familiar fundado por Arxilo Peláez. No ano 1095, foi doado ao mosteiro de San Xián de Moraime (Muxía).
-
PERSOEIRO
Compositor. Foi organista da catedral de València e unha das figuras máis destacadas dentro da música para órgano da segunda metade do s XVII. Excelente na arte da variación, a súa obra caracterízase polas fortes disonancias. Da súa produción consérvanse oito pezas corais de carácter relixioso e numerosas obras para órgano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Teoloxía e licenciado en Dereito Canónico. Publicou numerosos artigos na prensa e as obras Estudios acerca del régimen y administración de España en Ultramar (1896) e Cartas pastorales y otras exhortaciones (1898). Foi membro correspondente da Real Academia de Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, escultor, entallador e ourive. Entre as primeiras obras que realizou destacan os retablos de San Esteban de Orón (Miranda de Ebro) e de Briviesca. Chegou a Santiago de Compostela en 1564 e formou cara ao 1568 un obradoiro de pintura con Xoán Lombarte e Marcos de Torre, no que tamén participou o seu tío Juan Tomás Celma. En 1583 formou outro con Domingo González e Gabriel Felipe. Da súa obra escultórica consérvase, na catedral de Santiago de Compostela, o sepulcro de Xoán Martínez Ternero (1581), situado na capela de Santo Andrés, e o sepulcro de dona Mencía de Andrade (1582), que se conserva na capela da Azucena. Atribúeselle tamén o sepulcro do prior Xoán Vidal, morto no ano 1582, situado xunto á porta da Acibechería. Entre 1564 e 1580 dedicouse á pintura. Remodelou a capela maior da catedral de Santiago de Compostela e realizou unha táboa, conservada no arquivo da catedral, cos temas da Epifanía e da Resurrección, así como unha pintura da Ascensión (1569?), retocada posteriormente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi mestre de capela da catedral de València, da de Lleida e vicemestre da Capilla Real de Madrid. A súa produción é maioritariamente de carácter sacro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Madrid 1626? - 1687) Comediógrafo. Escribiu ao redor de 50 comedias que el mesmo editou en dúas etapas. Da súa produción destacan El honrador de su padre, El cerco de Zamora e El Hércules de Ocaña.