"Bene" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 119.

  • PERSOEIRO

    Teólogo e filósofo francés. O seu sistema filosófico asemellábase ao panteísmo posterior; así mesmo, defendeu a inexistencia do inferno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto lombardo. Centrou a súa actividade en Parma, onde esculpiu o Descendemento da Cruz da Catedral (1178), realizou a portada do baptisterio (1196) e, xunto cos seus discípulos, principiou a decoración do seu interior. Tamén realizou a fachada da Igrexa de Santo Andrés de Vercelli (1223). As súas composicións, dotadas de volume e dun sólido modelado, exerceron unha ampla influencia no nacemento do Gótico italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral norteamericano (1776). Distinguiuse na Guerra da Independencia dos EE UU (1775-1783). Participou no sitio de Quebec (1775), nas batallas de Ridgefield e de Saratoga (1777). Nomeado comandante de Filadelfia (1778), desertou e pasouse ao exército británico (1779), trasladándose a Inglaterra en 1780.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político italiano. Emigrou a Bélxica, onde fundou a Sociedade Económica Belga. Escribiu Situazione economica del Belgio (Situación económica de Bélxica, 1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de carácter benéfico constituída en 1891 en Santiago de Compostela por iniciativa da Condesa viúva de Taboada. Foi a sucesora dunha experiencia similar en 1855. Os seus obxectivos principais foron a vixilancia da roupa, alimentos e sanidade dos establecementos benéficos da cidade, fundamentalmente do Hospicio. As donas da alta sociedade compostelá controlaban a súa xestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e erudito ilustrado. Iniciou a súa formación científica e humanística en Toulouse e completouna en París, onde exerceu o cargo de secretario do embaixador de España. Foi director de Matemáticas na Academia de las Nobles Artes de San Fernando e redactor xefe do Mercurio Histórico y Político. Distinguiuse pola súa tarefa de difusión da cultura científica na Península Ibérica, onde as súas obras foron adoptadas como libros de texto polos colexios e polas universidades, especialmente os Elementos de matemáticas (10 volumes, 1772-1783) e os Principios de matemáticas (3 volumes, 1776). A súa independencia de criterio fixo que fose condenado pola Inquisición, que o acusou de ateísmo e de materialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Benedicto Conde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da chaira de Sharon, Israel, que constitúe un arrabaldo de Tel Aviv (130.500 h [1997]). A antiga Bene Beraq aparece mencionada na Biblia como centro dunha escola do Talmud.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saúdo final epistolar de orixe romana (vale ou valete, ‘estea(n) ben’) que pasou ao bene valiat merovinxio (sinal real de expedición de documentos e de validación) e chegou finalmente ao bene valete pontificio, que ten valor de subscrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, dramaturgo e cineasta italiano. Actor e director teatral, realizou longametraxes onde quixo fundir o cine, o teatro e a ópera: Nostra signora dei turchi (A nosa señora dos turcos, 1968), Caprici (Caprichos, 1969), Don Giovanni (1970), Salomé (1972), Un amleto di meno (Un tráxico de menos, 1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico húngaro, emigrado aos EE UU. As súas dúas grandes películas, de concepción bretchiana, son Death of a Salesman (A morte do vendedor, 1951), segundo a obra de Arthur Miller, e The Wild Man (O home salvaxe, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo flamengo. Foi o primeiro en demostrar que o número de cromosomas das diferentes células dun organismo é constante e característico de cada especie, e que se reduce á metade nas células xerminais durante a meiose, restaurándose no cigoto, despois da fecundación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta e crítico. Compaxinou a creación literaria cunha ampla variedade de traballos de oficina. Entre 1938 e 1941 residiu case continuamente en Bos Aires. De volta a Montevideo (1945), colaborou en diversas publicacións periódicas, dirixiu a revista literaria Marginalia e codirixiu Número e, a partir de 1954, fíxose cargo da sección literaria de Marcha. Por motivos políticos abandonou o seu país en 1974 e viviu en Arxentina, Cuba, Perú e España. Entre a súa produción literaria destacan os poemarios Sólo mientras tanto (1950), Poemas de la oficina (1956), La casa y el ladrillo (1977), El olvido está lleno de memoria (1995); as novelas Quien de nosotros? (1953), La tregua (1960), Gracias por el fuego (1965), El cumpleaños de Juan Ángel (1971), Primavera con una esquina rota (1982), La borra del café (1992); os contos Esta mañana (1949),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático. Estableceu unha filosofía matemática da natureza fundamentada nas ideas de Arquímedes e atacou duramente a Física e a Cosmoloxía de Aristóteles. Estudiou a caída dos corpos. Foi seguidor de Copérnico e tivo influencia nos estudios de Galileo. O seu libro máis coñecido é Diversarum speculationum liber (Libro das especulacións diversas, 1585).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Formouse co seu irmán maior Giuliano. Dedicouse preferentemente aos traballos en madeira e á escultura ornamental en mármore. En Florencia executou as obras máis representativas: San Xoán con putti (1476-1481), na porta da Sala dei Gigli no Palazzo della Signoria; o busto do comerciante Pietro Mellini e sobre todo o púlpito de Santa Croce (1472-1475), con cinco relevos sobre a vida de san Francisco. En 1489, seguindo directrices brunellescas, ideou o pazo que lle encomendou Filippo Strozzi en Florencia e, contra o 1490, construíu preto de Arezzo o pórtico de Santa María da Gracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula litúrxica que aparece con frecuencia no Breviario e no Misal. É recitado polo celebrante de costas aos fregueses. É un versículo que se introduciu en prosas e oficios rimados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pregaria dita sobre todo nos conventos antes das comidas e que comeza con esta palabra latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método utilizado para a análise cuantitativa e cualitativa de azucres redutores, especialmente a glucosa, presentes en diferentes tipos de mostras, por exemplo en líquidos orgánicos. Baséase na precipitación do óxido de cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO