"Benedicto" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 23.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Benedicto García Villar.
-
PERSOEIRO
Papa (575-579), chamado Bonoso. Durante o seu pontificado, Roma foi asediada polos lombardos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (684-685). Conseguiu do Emperador Constantino IV que o dereito de ratificar a elección pontificia fose delegado no exarca de Ravenna. Ocupouse especialmente dos asuntos relixiosos da Península Ibérica, animando o XIV Concilio de Toledo. Venerado como un santo, a súa festa celébrase o 7 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (855-858). Elixido contra a vontade do Emperador Luís II, foi prendido polo antipapa Anastasio III, a quen sostiña o Emperador. Restablecido polo clericato romano, foi recoñecido finalmente polo Papa, gobernando a Igrexa con enerxía e amosando un interese especial pola evanxelización das Illas Británicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (900-903). No 901 outorgou a Coroa Imperial a Luís, Rei de Provenza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1032-1044, 1045, 1047-1048). Sucesor de Xoán XIX e Benedicto VIII, que eran tíos seus, pertencía á familia condal de Tuscolo. Aos vinte anos, con suborno, foi elixido Papa (1032). Por mor da súa vida disoluta foi expulsado de Roma. Sostido por Conrado II ata 1039, foi destronado en proveito de Silvestre III. Regresou a Roma en 1045, pero unha facción romana apartouno do cargo por incompetencia para gobernar. Abdicou a cambio dunha pensión a favor do seu padriño o arcipreste de Letrán, Giovanni Graziano, quen tomou o nome de Gregorio VI (1045-1046). Volveu a Roma no 1047 e só se mantivo no solio pontificio oito meses. Renunciou e fíxose monxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (964-965), chamado Grammaticus pola súa cultura. Foi destituído por Oto I, quen o depuxo e o desterrou a Hamburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (973-974), elixido por presión do Emperador Oto I. Morreu esganado, por instigación do antipapa francón Bonifacio VII, na prisión de Castel Sant’Angelo, onde o recluíu a facción dos Crescenzi, irmáns do Papa anterior, Xoán XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (974-983). Foi elixido pola facción dos condes de Tuscolo e sostido polo Emperador Oto II. Convocou dous sínodos reformadores e en marzo do 981 condenou a simonía no Concilio de Letrán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome que adoptou Teofilacte, da familia dos condes de Tuscolo, ao converterse en Papa (1012-1024). Antes da súa elección como Papa era segrar. Despois do seu nomeamento foi expulsado de Roma polo antipapa Gregorio VI. Coa colaboración de Enrique II de Alemaña derrotou a Gregorio, pretendente á sé pontificia, e foi reposto na cadeira xestatoria no 1014. Ese mesmo ano impuxo a coroa de Emperador do Sacro Imperio Xermánico a Enrique II de Saxonia. Expulsou os sarracenos de Sardeña e axudou ao abade Odilón de Cluny na súa reforma monástica. No sínodo de Pavia (1022), condenou o concubinato dos clérigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome que adoptou Giovanni Mincio ao converterse en Papa (1058-1059), tralo seu paso pola sé de Velletri. Foi elixido polo partido antixermánico á morte do Papa Estevo II en 1058. A entronización á forza de Benedicto X polos tusculanos non foi recoñecida por Pedro Damián nin pola maioría dos cardeais que o destituíron en 1059. Coa elección de Nicolao II como Papa, Benedicto X someteuse a el.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome que adoptou Nicolò Boccasini ao converterse en Papa (1303-1304). Relixioso dominicano, xeral da súa orde (1296-1298), foi nomeado cardeal e bispo de Ostia (1298). Sucesor de Bonifacio VIII, fixou a súa residencia en Perugia. Fiel a Bonifacio VIII cando o atentado de Anagni, perdoou a Filipe IV o Fermoso, pero excomungou a Guillerme de Nogaret. Foi un destacado protector das ordes mendicantes. Foi beatificado por Clemente XII en 1736.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome que adoptou Jacques Fournier ao converterse en Papa (1334-1342). Monxe cisterciense, foi abade de Fontfreda (Narbona) e bispo de Pamies (1317) e de Mirapeix (1326); en 1327 acadou a condición de cardeal. Foi o terceiro Papa residente en Aviñón. Durante o seu pontificado suprimiu a encomenda de bispados e abadías (1335) e condenou a simonía e o nepotismo. Así mesmo, esforzouse por rematar co cisma grego e por restablecer a paz entre Francia e Inglaterra. Puxo fin á controversia sobre a “visión beatífica” coa bula Benedictus Deus (1336). En 1336, co ánimo de precisar os estatutos das ordes relixiosas, reorganizou as congregacións beneditinas e a orde do Císter. En 1339 comezou a construción do pazo dos papas de Aviñón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome que adoptou Pedro Martínez de Luna ao converterse en Papa (1394-1417). Está considerado como un antipapa. Estudiou Dereito en Montpellier e como canonista defendeu a plenitude do poder papal contra as teses conciliaristas. Participou, en medio das revoltas de Roma de 1378, na elección de Urbano VI, que foi declarada inválida, entre outros, polos cardeais franceses; así mesmo, participou na elección de Clemente VII en setembro de 1378, feito que deu lugar ao Cisma de Occidente (1378-1417). Morto Clemente VII, Pedro Martínez de Luna foi elixido Papa o 28 de setembro de 1394 en Aviñón, a pesar da oposición de Francia. Foi deposto no Concilio de Pisa (1409), pero negouse a renunciar. Abandonado polos últimos estados fieis (Aragón, Castela, Navarra e Escocia), encerrouse dende 1415 na fortaleza de Peníscola. Foi deposto novamente no Concilio de Constanza (1417) e excomungado. Fixo prometer a catro cardeais que o apoiaban que nomearían un sucesor. O elixido foi o cóengo de Teruel Gil Sánchez...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome que adoptou Pietro Francesco Orsini ao converterse en Papa (1724-1730). Relixioso dominicano, foi nomeado cardeal en 1672 e arcebispo de Menfredonia (1675), Cesena (1680) e Benevent (1686). Trala súa elección, combateu as ideas xansenistas, aínda que a adopción de certas posicións agostiñas fortaleceu en certa medida este movemento. Neste sentido, impuxo a aceptación da bula Unigenitus; así mesmo, procurou aplicar a doutrina de San Tomé sobre a graza eficaz (1724). En 1725 declarou inválida a consagración de Corneli Steenhoven, iniciador en Utrecht da actual igrexa dos anciáns católicos. Canonizou a San Xoán da Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome que adoptou Prospero Lambertini ao converterse en Papa (1740-1758). Foi o Papa máis importante do s XVIII. Erudito canonista e reitor da Universidade de Roma, foi nomeado bispo de Ancona (1727) e arcebispo de Boloña (1731). Foi nomeado cardeal en 1728. Ao morrer Clemente XII, despois dun conclave que durou seis meses, Lambertini foi elixido Papa. Benévolo, con tendencias regalistas (concedeu amplos privilexios aos príncipes europeos), os seus concordatos realizaron amplas concesións ao poder real. Unha mostra desta prudencia diplomática é o concordato asinado con España en 1753. Mantivo o rigor doutrinal da Igrexa, aínda que mostrou benevolencia cos xansenistas e suprimiu a Inquisición en Toscana. Mostrouse intransixente con algunhas das prácticas misioneiras orientais, coñecidas co nome de “cuestión dos ritos chineses e malabares”, que prohibiu; este feito retardou a evanxelización do Extremo Oriente. Fomentou o comercio e a agricultura, realizou diversas reformas, e nas súas bulas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome que adoptou Giacomo della Chiesa ao converterse en Papa (1914-1922). Doutorouse en Dereito en Xénova e comezou os seus estudios de Teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma. En 1878 foi ordenado presbítero, entre 1885 e 1887 foi auditor do cardeal Rampolla na nunciatura de Madrid, a quen substituíu na secretaría de estado entre 1901 e 1907. Pío X nomeouno arcebispo de Boloña en 1907 e cardeal en 1914. Ao pouco de iniciarse a Primeira Guerra Mundial (1914-1918) foi elixido Papa, en sucesión de Pío X. Durante a guerra, cada un dos belixerantes quixo obter del a condena dos seus adversarios; sen embargo, o Papa mantívose neutral e intentou por medio de proposicións de paz (1.8.1917) acurtar as hostilidades dunha loita que definiu como “inútil estrago”. Ademais, condenou as violacións do dereito e da xustiza durante o conflito bélico. A guerra fixo ver a Benedicto XV a conveniencia de resolver a cuestión romana para acadar unha plena independencia de actuación. En 1919 alzou a prohibición...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa. De nome Joseph Alois Ratzinger, estudou filosofía e teoloxía na universidade de Múnic e na escola superior de Filosofía e Teoloxía de Freising. Foi ordenado o 29 de xuño de 1951 e doutorouse en Teoloxía no ano 1953 coa tese “Pobo e casa de Deus na doutrina da Igrexa de Santo Agostiño” Impartiu clase nas universidades de Bonn, Münster, Tübingen e Regensburg. En 1962 aportou unha notable contribución ao Concilio Vaticano II como consultor teolóxico do cardeal Joseph Frings. En 1977, Paulo VI nomeouno arcebispo de Múnic e Freising e nese mesmo ano recibiu a consagración episcopal. Antes de ser nomeado papa o 19 de abril de 2005, foi prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe, presidente da Pontificia Comisión Bíblica e da Pontificia Comisión Teolóxica, cardeal e deán do Colexio de Cardeais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín Benedictus ‘bendito’; xa que logo, forma culta correspondente ao prenome Bieito. Quince papas levaron este nome e mesmo dous acadaron a santidade: Benedicto II e Benedicto XI. A festividade de Benedicto celébrase o 7, 8 ou 11 de maio, ou o 7 e 31 de xullo; e a de Benedicta o 4 de xaneiro, 6 de maio, 29 de xuño ou 8 de outubro. Ás veces, conmemórase tamén os días de san Bieito. Este nome presenta como variantes as formas Benedito/Benedita, e como hipocorístico Bene.
-
GALICIA
Xornalista e fotógrafo. Coñecido como Bene, foi un dos membros fundadores da Agrupación Fotográfica Gallega no ano 1946. A diferenza da maioría dos fotógrafos integrantes deste tipo de asociacións, case todos afeccionados, dedicábase á fotografía profesional, labor que compaxinaba co de xornalista. A súa obra está marcada por un fondo sentimento relixioso, na que tenta recoller elementos que resultan imposibles. Traballou en El Pueblo Gallego entre os anos 1937 e 1952, ano no que ingresou en Faro de Vigo. Internacionalmente realizou reportaxes en Portugal, Arxentina, Alemaña e no Sáhara. Participou na I Fotobienal celebrada en Vigo en 1984.
VER O DETALLE DO TERMO