"Bergantiños" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Coro fundado en 1985 por iniciativa e baixo a dirección de Carlos Díaz O’ Xestal. Formado por 40 voces mixtas acompañadas de tambor, tamboril, pandeireta e gaitas. O seu obxectivo fundamental é recoller, ampliar e divulgar o folclore tradicional galego, sobre todo da bisbarra de Bergantiños. Nos fondos do seu arquivo posúe a obra do seu fundador, o contador de contos O’ Xestal. Actuacións en festas populares por Galicia (Padrón, Coristanco, Laxe, Laracha, etc); no Teatro Colón da Coruña e no Teatro García Barbón de Vigo. Todos os anos participa nos circuítos culturais da Deputación da Coruña, no concello de Carballo. Sucedéronse na súa dirección Miguel Gordillo e Arantxa Concheiro Guerrico; o seu presidente foi Antonio Iglesias e posteriormente Pedro Fernández Pombo. Gravou dúas casetes: Filmoteca 92, El Correo Gallego (1992) e Dial-Disco (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca do NO da Comunidade Autónoma, unha das máis claramente definidas e de maior personalidade de Galicia. A súa delimitación coincide practicamente coa conca do río Anllóns. Está integrada polos concellos de Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. A súa cabeceira comarcal é o núcleo urbano de Carballo, situado a 43° 12’ 50’’ de latitude N e 8° 41’ 20’’ de lonxitude O. Limita ao N co Océano Atlántico, ao L coa comarca da Coruña, ao O coa Terra de Soneira e ao S coas comarcas de Ordes e Xallas. Abrangue unha superficie de 739,28 km2nos que acolle unha poboación de 71.230 h (1998).
    Xeografía física
    A comarca participa en conxunto dos trazos característicos do clima oceánico húmido (temperaturas suaves, escasa oscilación térmica, frecuentes precipitacións, alta humidade relativa, etc), pero amosa no seu interior certos matices orixinados pola distinta orientación, latitude e lonxitude. Deste xeito a comarca do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado polo Centro Social e Cultural Bergantiños en Montevideo. O Centro fundouse a finais dos anos sesenta na capital do Uruguay. A iniciativa partiu dun grupo de activos representantes da comarca coruñesa como Walter Pena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Bergantiños, situado na provincia da Coruña no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa ría de Corme e Laxe e co municipio de Ponteceso, ao S cos concellos de Coristanco (Bergantiños) e Zas (Terra de Soneira), ao L con Coristanco e ao O co de Laxe. Abrangue unha superficie de 100,3km 2 cunha poboación de 5.091 h (1997), distribuída en dez parroquias: Anós, Borneiro, Canduas, Cesullas, Corcoesto, Cundíns, O Esto, Nantón, Riobó e A Silvarredonda. A capital municipal, A Carballa, na parroquia de Cesullas, está a 43° 12’ 40’’ de latitude N e 8° 54’ de lonxitude O, a 56 km de distancia tanto da Coruña como de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Carballo e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O concello de Cabana de Bergantiños está baixo o dominio climático oceánico húmido, e máis concretamente se inclúe no subtipo do litoral atlántico do NO, caracterizado pola influencia directa do Océano...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Carballo o 10 de febreiro de 1909 e que cesou a súa edición o 20 de xullo do mesmo ano. Fundado e dirixido por Xervasio Varela, contaba coa colaboración de Eduardo S. Serrano, Guillermo Díaz e Hernán Sáez, entre outros. Tiraba tres números ao mes e imprimíase nos obradoiros tipográficos do propio director. Ademais de noticias de carácter xeral e crónicas, incluíu unha guía para agricultores, un álbum poético e información histórica sobre Carballo e a súa comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Xulián que dá nome ao concello de Malpica de Bergantiños, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Bergantiños, no O da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia da Coruña, situado a 43° 19’ de latitude N e 8° 48’ de lonxitude O. Limita ao N co Océano Atlántico, ao L co concello de Carballo (Bergantiños), ao S co concello de Ponteceso (Bergantiños) e ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 61,4 km2cunha poboación de 6.432 h (2007), distribuída nas parroquias de Barizo, Buño, Cambre, Cerqueda, Leiloio, Malpica de Bergantiños, Mens e Vilanova de Santiso. A capital do concello é Malpica, situada a 51 km da cidade da Coruña e a 64 km de Santiago de Compostela. Está á arquiarquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Carballo.
    Xeografía física
    É unha estreita franxa de terra cinguida ao mar. O relevo non ofrece unha gran variedade, xa que se trata dunha superficie chá cunha altitude media de 100 m lixeiramente ondulada. Xeoloxicamente, presenta unha alternancia de gneis e xistos. As maiores pendentes sitúanse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter comarcal editada en Carballo a partir de 1997. Estaba dirixido por Xosé Manuel Lema e integrado no Grupo Líder. Cunha periodicidade mensual, incluíu as informacións municipais, deportivas, culturais ou sociais das localidades en que se distribuía, Carballo, Cerceda, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso.

    VER O DETALLE DO TERMO