"Betán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 34.

  • Organización obreira de Betanzos afín á UXT, que xa funcionaba en 1933. Agrupaba a todos os traballadores dependentes do concello que tiñan unha ideoloxía socialista, entre os que había gardas municipais, recadadores de arbitrios, etc. Dentro das súas reivindicacións laborais estaban o aumento salarial, a xornada de 8 horas e o descanso dominical ou día libre. Funcionou ata o inicio da Guerra Civil Española (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización agraria máis antiga da vila de Betanzos constituída oficialmente en decembro de 1900. A súa fundación foi alentada no transcurso dunha visita que o líder socialista Pablo Iglesias realizou en 1899 á vila. Esta organización labrega, de orientación socialista, estaba conformada por xornaleiros, arrendatarios e pequenos propietarios de terras. Entre os seus obxectivos estaban os de mellorar a condición económica, moral e intelectual dos afiliados, establecendo relacións de solidariedade coas demais asociacións de carácter obreiro. Interveu nas loitas electorais municipais dende 1901, apoiando aos candidatos socialistas; e do mesmo xeito, entre 1907 e 1909, apoiou a Solidaridad Gallega, enfrontándose así ao caciquismo liberal do distrito. Nos anos da II República estivo adherida á Federación Agraria do Partido Judicial de Betanzos. Desapareceu nos comezos do alzamento militar de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada polo concello de Betanzos en 1953, subtitulado “Boletín de información municipal”. Desapareceu probablemente en 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baños de Molgas baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Betanzos ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista venezolano. Exiliado entre 1928 e 1936 e entre 1938 e 1941 polas súas actividades contra a ditadura, foi un dos fundadores en 1941 do partido Acción Democrática e presidiu en 1945 a xunta revolucionaria que derrocou a Isaías Medina Angarita. Tralo golpe de estado de Pérez Jiménez en 1948 houbo de exiliarse novamente. Logo de restablecerse a democracia no ano 1958, foi elixido Presidente deica 1964. Neste período levou a cabo reformas moderadas e perseguiu á extrema esquerda. Fundou os xornais Orve (1936) e El País (1943), e publicou diversas obras de carácter político como Una república en venta (1937) e Venezuela, política y petróleo (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político colombiano. Estudiou Arquitectura e Leis na Universidade de Medellín. Membro do partido conservador, foi ministro de Traballo no gabinete de Guillermo León en 1963 e embaixador en España en 1964. Presidente do 1982 ao 1986, o seu goberno caracterizouse polos intentos de deter a actividade guerrilleira en Colombia. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Iberoamericana en 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ila de Palestina, situada a uns 5 km ao L de Xerusalén, correspondente á actual El-’azariye (a Lazarium dos antigos itinerarios), onde segundo os relatos dos evanxeos Xesús resucitou a Lázaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Único viño da provincia da Coruña do que só existen colleitas particulares. Trátase dun viño tinto, aínda que non moi escuro, con moita agulla, acidez alta e sabedeiro cando é novo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Cidade que é a capital municipal do concello de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca homónima situado na provincia da Coruña no NO da Comunidade Autónoma de Galicia )43° 16’ 7’’ de latitude N e 8° 12’ 7’’ de lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Bergondo (comarca da Coruña) e de Paderne, ao L de novo con Paderne e tamén con Coirós e Oza dos Ríos, ao S outra vez con Oza dos Ríos e con Abegondo (comarca da Coruña), concello que marca os seus límites occidentais. Abrangue unha superficie de 24,2 km 2 cunha poboación de 13.328 h (2007), distribuídos entre a capital, Betanzos, e as parroquias de Brabío, Piadela, Pontellas, Requián, San Pedro das Viñas e Tiobre. Atópase a 24 km ao SL da cidade da Coruña e a 57 km de Santiago de Compostela. A capital do concello é a cidade de Betanzos. Cabeza de partido xudicial, está adscrito á arquidiocese de Santiago de Compostela.
    Xeografía física
    Climatoloxía
    O territorio municipal está baixo o dominio climático oceánico temperado, caracterizado por un réxime térmico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca do NO da Comunidade Autónoma de Galicia, situada no interior do Golfo Ártabro. Esténdese aproximadamente entre os 43°05’ aos 43° 20’ de latitude N e os 7° 30’ aos 8° 25’ lonxitude O. Limita ao N coa ría de Betanzos e coa comarca do Eume, (en concreto cos concellos de Pontedeume e Monfero), ao L coa comarca da Terra Chá (concello de Guitiriz), ao S coas comarcas de Ordes, Arzúa e Terra de Melide, e ao O coa comarca da Coruña (concellos de Abegondo e Bergondo). Abrangue unha superficie de 676,49 km2nos que acolle poboación total de 39.348 h, distribuídos nos concellos de Aranga (120,18 km2; 2.448 h), Betanzos (24,25 km2; 12.296 h), Cesuras (79,61 km2; 2.733 h), Coirós (33,63 km2;1.553 h), Curtis (116,6 km2; 4.523 h), Irixoa (68,23 km2;1.768 h), Miño (32,52 km2; 4.870 h), Oza dos Ríos (71,92 km2; 3.240 h), Paderne (39,93 km2;2.758 h), Vilarmaior (30,37 km2; 1.412...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. A etimoloxía deste nome de lugar é escura. con todo , como apelido xa se atesta dende o s XII: “Petrus Tinosus de Betanzos” (doc ano 1199 en P. García de Loscertales Tumbos del Monasterio de Sobrado de los Monjes I, 1976, p 243.

    2. Liñaxe que se estableceu en Baión, Vilagarcía de Arousa. Ás veces, os brasóns desta caste téñense confundido cos dos Andrade, probablemente por pertencer Nuño Freire de Andrade á fortaleza de Betanzos. Seica foi Gonzalo Díaz de Betanzos o primeiro en abandonar o apelido de Andrade e empregar o de Betanzos. As súas armas levan: en campo de azul, sete veneras de ouro, en tres paos de dous, tres e dous; bordo de prata, con oito aspas de goles. Algunha variante trae, en campo de prata, tres faixas de azul, ondeadas. Outros levan: en campo de ouro, tres leóns rampantes de goles, ben ordenados. Hai quen reseña outro escudo: en campo de sinople, un uz de ouro. Tamén se recolle un escudo partido: primeira partición, en campo de goles, cun castelo sobre rochas da mesma cor; segunda partición, en campo de sinople, cunha banda de ouro, engulida en cabezas de dragantes de sinople, perfiladas de ouro; bordo de prata coa lenda “Ave María Gratia Plena”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de carácter liberal aparecido na vila de Paderne (Betanzos) o 14 de maio de 1914. Deixouse de publicar aproximadamente o 7 de xuño dese mesmo ano. Trátase dunha publicación continuadora do tamén semanario Betanzos Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación do Centro de Betanzos de Bos Aires. Naceu nesa cidade o 1 de agosto de 1931, e aínda hoxe se publica. De periodicidade trimestral, desde 1974 aparece todos os meses de agosto de cada ano. As actividades do Centro, a vida do colectivo de betanceiros da Arxentina, os temas referidos a Betanzos e, en menor medida, a cultura galega, son os seus contidos. Bilingüe, aínda que domina o castelán, tiña unha extensión de entre 30 e 60 páxinas. A partir da década dos sesenta definiuse por unha clara tendencia antifascista e democrática que aínda mantiña nos anos oitenta do século XX. Ademais de reproducir textos clásicos de Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Valentín Lamas Carvajal ou Castelao, nas súas páxinas aparecen poemas e artigos asinados por Manuel Barreiro, Avelino Díaz, Álvaro Cebreiro, Eladio Rodríguez, Ramón de Valenzuela, José Otero Espasandín ou Federico García Lorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal gratuíto de periodicidade mensual editado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (Acebe), distribuído en Betanzos e na comarca das Mariñas. Apareceu o 1.11.1992 e ten unha tirada de 15.000 exemplares. Galeguizou a súa cabeceira no ano 1997 e escribíronse en galego a maior parte das súas informacións (90%). Conta con máis de vinte colaboradores entre xornalistas, historiadores, fotógrafos, debuxantes e filólogos. Entre as súas seccións, amais dalgúns artigos de opinión, destacan: “Praza do Campo”, con información local, “Información xuvenil”, “Tendencias”, coas últimas novidades discográficas, “Verbas”, coas novas achegas da literatura galega, “Deportes”, “Motor”, “Saúde”, “Historia” e “Asociado”, na que se inclúe unha entrevista con algún comerciante da vila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en novembro de 1913 como substituta dunha anterior chamada Nueva Era. Pretendía ser o órgano do Bando liberal-caciquista, de tendencia prietista. Tiña como subtítulo “Órgano do partido democrático”. A partir do 14 de marzo de 1914 pasou a chamarse Betanzos, un cambio de título motivado por problemas de índole político-administrativa. Editada na capital da bisbarra de Bergantiños, desde o terceiro número publicábase en Paderne, concello lindante co de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa de radio emitido dende Bos Aires todos os domingos a través da emisora CLAS FM no 102.7 do dial. Producido por Gerardo Martínez Santiago, vicepresidente do Centro Betanzos na Arxentina, presentado por Noemí Martínez en colaboración con Patricia e Mariano Dans e María Victoria Blanco Eiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Franciscano. Dende 1542 participou na evanxelización de América Central. Debido ao coñecemento que tiña das linguas indíxenas (guatemalteco, cachiquil, utlateco e tzutucil), publicou un catecismo bilingüe (español-cachiquil) e un vocabulario en lingua guatemalteca, do que non se conserva ningún exemplar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación territorial do Reino de Galicia no Antigo Réxime, que tiña a súa capital na cidade de Betanzos. Abranguía o treito litoral que se estende entre o porto de Fontán, na ría de Sada (actual concello de Sada) e o río de Esteiro, entre a ría de Ortigueira e Estaca de Bares, prolongándose polo interior ata Sobrado (Sobrado dos Monxes). Tiña como límites orientais as serras da Coriscada, da Faladoira, da Loba, o Cordal de Montouto e a Cova da Serpe. Como provincia do Antigo Réxime, non tiña máis competencias que as de servir como marco territorial de representación.

    VER O DETALLE DO TERMO