"Brač" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 67.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula cabalística máxica e ritual de orixe hebrea creada polo médico gnóstico Sereno Samónico no s I. Nela, os elementos gráficos dispóñense en once fileiras de xeito que se suprime sucesivamente en cada unha a última letra da anterior ata formar un triángulo. O seu emprego medrou na época medieval e adquiriu un sentido máxico chegando a empregarse como amuleto co fin de lle conferir á persoa un sentimento de protección.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sorprendente en grao superlativo.
-
-
Emitir unha voz os bois e as vacas ou outras especies de ruminantes.
-
Diminuír a violencia provocada por algo ou alguén.
-
Berrar por mor da dor.
-
Diminuír a violencia ou intensidade de determinados fenómenos atmosféricos, como o vento ou a chuvia.
-
-
GOLFOS
Golfo de Grecia Central na costa do mar Xónico, onde desemboca o río Arakhthós. Comunica co mar por medio dun canal duns 2 km de anchura coa localidade de Préveza na saída. Na costa S están os pequenos portos de Vónitsa e Amfilokhía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pé métrico da poesía grega e latina formado tres sílabas, que seguen a ordenación de unha longa entre dúas breves.
-
-
Relativo ou pertencente aos beribraces.
-
Individuo do pobo beribrace.
-
Pobo prerromano establecido nas paraxes montañosas do noroeste da Comunitat Valenciana, cara aos ss VI-V a C. Segundo a Ora Maritima de Rufo Festo Avieno, única fonte que o menciona, baseaban a súa actividade económica na gandería.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade da Galia, capital dos eduos, situada no monte Beuvray (Nivernès), que a finais do s I a C e por orde dos romanos, foi abandonada polos seus habitantes, que se trasladaron á nova cidade de Augustodunum (Autun), levantada na chaira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[it: Brazza] Illa do Mar Adriático situada en Dalmacia, Croacia (396 km2; 15.000 h). As súas principais localidades son os portos de Supetar e de Bol. A súa economía baséase na produción agrícola (viña, oliveiras) e na gandería lanar. Foi dominada sucesivamente polos romanos, bizantinos, narentanos, maxiares e por Venecia dende 1420 a 1797. Logo de estar baixo o dominio austríaco, en 1918 pasou a formar parte de Iugoslavia e en 1941 foi anexionada polo goberno italiano de Dalmacia. Ao remate da Segunda Guerra Mundial pasou de novo a formar parte de Iugoslavia. En 1991 quedou integrada, finalmente, en Croacia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte inferior da vestimenta dos guerreiros galaicos que cubría as pernas.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo italiano. Traballou o xénero satírico da farsa cavaiola. É o autor de La maestra (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático, conde de Peñaranda. Dende 1648 foi conselleiro de estado. Entre 1664 e 1674 ocupou a presidencia do Consello de Indias, foi vicerrei de Nápoles entre 1659 e 1664, e presidente do Consello de Italia entre 1674 e 1676. Actou como plenipotenciario nas negociacións de Westfalia (1645-1648) e contribuíu á Paz de Münster en 1648. Foi conselleiro de política exterior da Raíña Mariana de Austria aínda que a súa influencia na corte diminuíu ante a presenza do xesuíta Nithard. Ante a presión francesa nos Países Baixos (1672) fixo entrar a España na grande alianza ofensiva da Haia (1673).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade romana que apareceu tralas guerras astur-cántabras (29-19 a C), arredor do ano 25 a C. O Emperador Octavio Augusto, despois das campañas nas que someteu os pobos do norte da Penísula, fundou a cidade no territorio Entre-Douro-e-Minho, aproveitando a estratéxica situación da que dispuña entre os núcleos indíxenas da rexión. A composición do nome da cidade inclúe a presenza do nome do populus ao que pertence, os Bacari. Foi capital do convento denominado Bracaraugustano, no Baixo Imperio, e xunto cos conventos lucense e asturicense, formou a provincia da Gallaecia. Xa a principios da era cristiá converteuse na capital do reino suevo. Corresponde á actual Braga, no Norte de Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Braga ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Braga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subdivisión da provincia romana da Tarraconense ou Hispania Citerior. Esta circunscrición territorial e administrativa, creada polo Emperador Augusto, tiña por capital a cidade de Bracara Augusta (hoxe Braga), onde se centraliza a recadación fiscal, se executa a xestión económica e se administra xustiza. Non hai acordo entre os estudiosos con relación aos lindes territoriais do Conventus Bracarensis ou Bracaraugustanus, pero admítese que limitaría, ao N, co Lucense (describindo unha liña que partindo da ría de Vigo, ascendería lixeiramente ata Nogueira de Ramuín e logo seguiría, desde a confluencia do Miño e o Sil, bordeando as beiras do Sil ata o convento Asturicense), ao O, co Atlántico, ao S, co Douro e, ao L, separaríano do Convento Asturicense, as serras de San Mamede e da Queixa, xunto cunha liña un pouco esvaecida entre os ríos Túa e Sabor, afluentes do Douro. Ao remate do s III d C, coas reformas de Diocleciano, este convento quedou incluído na provincia de Gallaecia.
-
-
Relativo ou pertencente aos brácaros.
-
Individuo da tribo galaica prerromana dos brácaros.
-
Poboación indíxena que habitaba ao S da antiga Gallaecia no momento da chegada das tropas de Décimo Xuño Bruto. Aparece citado nas fontes clásicas polos historiadores Apiano, Plinio e Estrabón. Suponse que os brácaros tiñan por centro a propia localidade que logo será capital do Convento Bracarense, é dicir, Bracara Augusta, hoxe Braga, e pode que se estenderan tamén ata a Serra do Gurês.
-
-
PERSOEIRO
Humanista italiano. Estudiou os clásicos e traduciu a Ciropedia de Xenofonte. Tamén escribiu unha serie de tratados en forma de diálogo como o Liber facetiarum (Libro de chistes, 1438-1452).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e periodista. É autor, entre outras obras, de Il picolo santo (O pequeno santo, 1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que bracea.
-
-
Mover ou axitar os brazos dun modo continuado e repetitivo coa finalidade de sinalar algo.
-
Nadar botando os brazos fóra da auga volteándoos no ar cara a adiante.
-
Axitar o cabalo as patas dianteiras airosamente ao andar levantándoas de xeito que parece que toca a cincha con elas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adorno a xeito de aro que se coloca ao redor do brazo, no antebrazo ou no pulso. Os da época prehistórica acostumaban a ser metálicos, de ouro, prata ou bronce. Os conxuntos máis importantes corresponden á Idade do Bronce e á época castrexa. Os da Idade do Bronce pódense clasificar en tres tipos: de sección cilíndrica, con molduras curvas e de sección poligonal, sendo os conxuntos máis salientables os de Agolada, Lamela, A Estrada e Caldas de Reis. Na época castrexa presentan formas de moldura curva ou adoptan forma de torque.