"CAI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 245.
-
-
ara de apoio que posúe un extremo de diferentes formas para poder agarrala.
-
Especie de bastón longo, coa parte superior máis ancha para poder pousar o sobaco e cun apoio polo medio para a man, que se usa para axudar a camiñar. OBS: Normalmente, emprégase en plural.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución orixinada a partir das reunións dun grupo de literatos, regulamentada por Richelieu (1634), recoñecida por Luís XIII (1635) e polo parlamento (1637). No ano 1793 pasou a formar parte do Institut de France -compartindo sección cos pintores, os escultores e os músicos-, do que se desagregou en 1816 ao recuperar a súa histórica autonomía. A finalidade que lle atribuíu Richelieu foi a de regular a lingua francesa, polo que o seu propósito inicial foi a redacción dun dicionario (1694), dunha gramática (1932) e, posteriormente, dunha retórica e unha poética. Ten a súa sede en París. Os seus académicos, designados tamén co nome dos inmortels -a causa da divisa da institución, À la immortalité-, son titulares e elixidos por maioría absoluta. Non está dividida en seccións. Concede periodicamente o Grand Prix de Littérature e o Grand Prix du Roman.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós de Patres, Grecia (3.271 km2 ; 300.078 h [1991]). A capital é Patres. A antiga rexión de Acaia non tivo un papel destacado ata o 280 a C, cando se creou a Liga Aquea, que loitou alternativamente contra Esparta e contra Macedonia axudada polos romanos, que a disolveron no 146 a C, converténdose Acaia en provincia romana; a partir da conquista romana, o nome de Acaia serviu para designar toda Grecia. Despois das cruzadas dos ss XII e XIII, en que foi conquistada por Guillerme de Champlitte -quen a reinou co nome de Guillerme I de Acaia- e Godofredo de Villehardouin (1205-1210), constituíuse en principado do Imperio Bizantino, adoptando entón a denominación de Morea, e chegou a abranguer todo o Peloponeso. No ano 1267 Carlos I de Anxou, Rei de Sicilia, converteuse no seu soberano. Xaime III de Mallorca chegou a ser proclamado Príncipe de Acaia en 1334, pero a batalla de Llucmajor con Pedro III de Aragón truncou o incipiente proxecto imperial. O derradeiro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pasar o caínzo pola terra para que resulte máis chá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político francés, xurdido ao redor do xornal do mesmo nome (1908-1944), inspirado e dirixido por Ch. Maurras, L. Daudet e outros. Rexeitaba a democracia e preconizaba a acción directa como medio para a toma do poder. Defensor dun nacionalismo xenófobo e da monarquía absoluta, entendía o catolicismo como unha institución esencial para Francia, xerárquica e disciplinada. O apoio que durante a Segunda Guerra Mundial prestou ao goberno de Vichy (1940) provocou a súa desaparición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Alcaán Cidade asolagada na lagoa homónima por causa dunha maldición que Cristo lle botou cando, na compaña de Pedro, pasou polo lugar pedindo esmola e os habitantes botáronlles os cans. Segundo a tradición, a fórmula empregada por Cristo perdura no refrán “adeus vila de Alcaián que tamén me acirraches os cans”. Como tamén pode ocorrer noutras cidades mergulladas (por exemplo, as de Antela, Lobeira, Veria ou Valverde), escóitase o canto dos galos ás doce da noite do Nadal. O simbolismo acuático de pureza primordial devolve as cidades asolagadas a un estado de graza primixenia logo dunha falta cometida.
-
LAGOAS
Na parroquia de Seavia, do concello de Coristanco, situada na Braña Roxa (400 m) que desauga polo regueiro de Brañas Rubias. A lagoa aproveita o relevo aplanado da Depresión Meridiana e mais a impermeabilidade das rochas básicas desa área xeomorfolóxica. Tamén se chama Braña Rubia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cravo en forma de ángulo recto que se coloca nas paredes para pendurar elementos como cadros, papeis ou outros.
-
-
erso grego ou latino formado por un espondeo, un iambo, unha cesura e dous dáctilos, ou ben por dous dáctilos e dous troqueos. Este tipo de verso tamén foi utilizado polos poetas latinos do s V e moi apreciado para os cantos líricos dos gregos.
-
Estrofa grega, atribuída a Alceo de Lesbos e retomada por Horacio, composta por catro versos soltos: dous decasílabos compostos, un eneasílabo dáctilo e un decasílabo trocaico.
-
-
-
-
Gobernador árabe dunha provincia ou cidade.
-
Castelán ou gobernador dun castelo.
-
-
-
Persoa que nun centro penitenciario ou prisión preventiva tiña ao seu cargo a custodia e seguridade dos presos e a organización do réxime do centro. Corresponde ao actual director de prisión.
-
Funcionario que nas alfándegas ten a misión de gardar e conservar as mercadorías dos almacéns para a percepción do imposto do timbre do estado.
-
-
alcaide do mar
-
-
PERSOEIRO
Sacerdote da diócese de Tui, gobernador, Provisor, vigairo xeral e xuíz examinador sinodal do Bispado de Mondoñedo. Publicou no 1842 Respuesta a la carta que, bajo el nombre de “Un venerable eclesiástico de San Justo” se publicó en 1842, en el “Boletín Oficial” de la provincia de Pontevedra núm 67. Á súa morte, parte da súa biblioteca doouse á Biblioteca Provincial de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escribiu a comedia Aínda vive, en dous actos, estreada na Coruña no 1923.
-
-
Muller do alcaide.
-
Muller que realiza as mesmas funcións ca o alcaide.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oficio ou dignidade de alcaide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer actos de alcaiote ou alcaiota.
-
-
Persoa que incita ou encobre unha relación amorosa, mesmo na casa desa persoa, normalmente considerada non lícita.
-
Incitador de relacións sexuais ilícitas das que obtén beneficio.
-
Persoa ou cousa que serve para encubrir o que se pretende agochar.
-
Especie de cabaza coa cortiza de cor verde clara e manchas brancas, de polpa branca e fibrosa coa que se elabora o cabelo de anxo.
-
-
-
Oficio de alcaiote ou alcaiota.
-
Acto propio dun alcaiote ou dunha alcaiota.
-
-
GALICIA
Mestre e estudoso de temas lingüísticos e filolóxicos na Arxentina. No 1896 propúxolle ao goberno deste país a elaboracion dun texto oficial que solucionase o conflito da docencia e que servira de base para a aprendizaxe de cada materia. A súa idea foi aprobada dous anos máis tarde mediante a convocatoria dun concurso co fin de escoller eses textos básicos de ensino. Formou parte da Xunta Protectora da Academia Galega, fundada no 1906, e defendeu a creación dun idioma universal. Escribiu diversas obras e artigos relacionados con cuestións lingüísticas como: Ortografía, Fonética. Justificación de la usual española (1896) ou Correspondencia sobre cuestiones gramaticales (1900).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación privada, fundada no 1883 por un grupo de literatos e políticos franceses presidido por Paul Cambon, destinada a difundir a lingua e a civilización francesas por todo o mundo. En 1919, fundou en París un centro, École Internationale de langue et de civilisation françaises, destinado ao ensino da lingua francesa aos estranxeiros. A súa presenza espallouse tamén por outros países, sobre todo, en América Latina, SL de Asia, Extremo Oriente, Australia, Europa e países anglófonos de África. En Galicia, posúe sedes en Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.
-
PERSOEIRO
Xornalista especializado no eido gastronómico. Traballou en El Ideal Gallego e ocupou distintos cargos na axencia Efe. Colaborou nas obras Alimentos de España (no que se refire a hortalizas e verduras) e Enciclopedia Gastronómica de Navarra. En 1992 foi galardoado co Premio Nacional de Gastronomía.
VER O DETALLE DO TERMO