"CEDA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 63.
-
-
Nome co que se denomina a disposición dos grafemas que constiúen unha lingua nunha orde que pode variar segundo as distintas tradicións de escritura. Descoñécese se foi o fenicio ou exipcio o primeiro en empregarse. Segundo A. C. Moorhouse (1953) todos os sistemas de escritura son variacións dun único modelo que pode ter a súa orixe nun grupo de alfabetos semíticos lixeiramente diverxentes, destacando a relevancia do fenicio xa que del vén o grego, pai das linguas europeas como o galego. A ordenación propia do alfabeto é un reflexo dos principios de ordenación léxica fundamentais e mesmo de estruturación dos saberes propios dunha cultura, como mostra a importancia dos dicionarios. Orixinariamente o termo abecedario significaba só a sucesión ordenada das letras latinas, despois por ampliación semántica pasou a designar calquera alfabeto.
-
Conxunto de cadros ou moldes para reproducir unha serie completa de letras e cifras.
-
-
Libro usado nas escolas para aprender a ler as letras, que se dispoñen en orde alfabética. Xa existen en pergameo no século IX.
-
Primeiro cartel dunha serie, na cal os nenos, ata o comezo do s XX, facían a aprendizaxe da lectura, segundo o sistema de Jean-Baptiste de La Salle.
-
-
Conxunto de instrucións informáticas que permiten representar en documentos de diferentes aplicacións tipos de letra cunhas características determinadas.
-
-
-
Herbácea do xénero Rumex de follas alternas, inflorescencias erectas con flores de tres tépalos externos diminutos e tres internos anchos que na frutificación se endurecen e rodean o aquenio. En Galicia están presentes as especies: R. acetosa na que se distinguen dúas subespecies (R. acetosa acetosa, extendida en ambientes diversos, e R. acetosa biformis, endemismo da costa norte ibérica); R. acetosella en ambientes húmidos e areosos e R. bucephalophorus en ambientes rochosos e areosos costeiros. As follas consúmense en ensalada ou como condimento, polo sabor acedo que proporciona o oxalato presenta na planta.
-
Oxalato de hidróxeno e potasio, que se atopa na aceda. Cristais de gusto amargo e velenosos. Emprégase para sacar manchas de ferruxe e de tinta, para limpar madeira e para decolorar estearina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de pórse aceda ou amarga algunha cousa.
-
-
Cambiar algo de xeito que se torne acedo ou agre.
-
Tornar ou tornarse acedo ou agre.
-
Dar un baño de ácido aos fiados ou aos téxtiles para destruírlles as materias minerais, mellorarlles o tacto e que quede frufrú.
-
-
GALICIA
Comarca do S de Galicia a medio camiño entre as áreas montañosas da Serra de Queixa e a sucesión de depresións tectónicas de Ourense-A Limia-Monterrei. Nunha superficie de 382 km2viven no 1996, 15.937 persoas, o que supón unha densidade de 41,71 h/km2. A comarca está formada polos concellos de Allariz (5.178 h), Baños de Molgas (2.292 h), Maceda (3.467 h), Paderne de Allariz (1.718 h), Xunqueira de Ambía (2.150 h) e Xunqueira de Espadañedo (1.132 h). O propio nome denota unha bicefalia: a comarca conta con dous pequenos núcleos urbanos de importancia semellante: Allariz e Maceda. Ambos reparten a súa influencia funcional. A proximidade a Ourense e a competencia interna impediu a consolidación dun centro reitor comarcal claro. A comarca artéllase ao redor de dous eixos. Un ao N: a estrada C-536 en dirección a Valdeorras no que se asenta Maceda. E outro ao S: a estrada N-525 que pasa por Allariz. As dúas vilas son tamén lugar de confluencia de estradas locais desde as...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura ou engadido que se fai a unha cousa de pouca importancia ou sen obxecto.
-
PERSOEIRO
Político chileno. No ano 1864, cando abandonou a carreira eclesiástica para dedicarse á política, afiliouse ao partido liberal. A partir do ano 1870 foi deputado en diferentes ocasións e, dende 1882 ata 1886, ocupou o cargo de ministro no gabinete do Presidente Domingo Santa María. Cando asumiu a Presidencia do país, no ano 1886, promoveu a educación pública e realizou numerosas obras públicas. En 1891, logo de oito meses de guerra civil, abandonou o cargo e suicidouse pouco despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Confederación Española de Derechas Autónomas.
-
CIDADES
Cidade do estado de Iowa, EE UU, á beira do río Cedar, afluente do Mississippi (108.750 h [1990]). Fundouse en 1849 e nela destacan as industrias alimentarias, farmacéuticas e a produción eléctrica, para a que aproveitan a forza motriz que proporcionan os rápidos do río.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de grandes dimensións que se emprega para a pesca de cerco na captura da sardiña.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Cerceda por ser onde está a capital municipal, o lugar do Campo da Feira.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
GALICIA
Concello da comarca de Ordes, situado na provincia da Coruña no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Laracha (comarca de Bergantiños) e Culleredo (A Coruña); ao S cos de Tordoia e Ordes (Ordes); ao L cos de Carral (A Coruña) e Ordes; e ao O cos de Carballo e Laracha (ambos os dous en Bergantiños). Abrangue unha superficie de 110,9 km 2 cunha poboación de 5.587 h (2007), distribuídos en nas parroquias de Cerceda, As Encrobas, Meirama, Queixas, Rodís e Xesteda. A capital municipal, a aldea do Campo da Feira, na parroquia de San Martiño de Cerceda, está a 43° 11’ 20’’ latitude N e 8° 28’ de lonxitude O, 30 km ao S da Coruña e 47 km ao N de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O termo municipal de Cerceda está baixo o dominio climático oceánico húmido; dentro dos subtipos galegos pertence ao das plataformas occidentais, caracterizado por abundantes precipitacións... -
-
Apelido de orixe toponímica que remite ao latín *cereceta, derivado de cerasu ‘cerdeira’ e mais o sufixo abundancial -eta ‘abundancia de cerdeiras’. A mesma orixe, pero co sufixo abundancial -etu, presentan os apelidos Cercedo, Cercido e Cerdido. Documéntanse desde o s XIII: “Fernan Peres de Cerzido” (doc ano 1284 en Enrique Cal Pardo, El monasterio de san Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos, 1984, p 247), “Juan Fernandes de Cercedo” (doc ano 1482 en J. García Oro, Galicia en la Baja Edad Media, 1977).
-
Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, cinco torres de azul, postas en aspa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo con torre defensiva situado na parroquia de San Pedro de Cerceda, concello do Corgo. Foi mandado edificar, no ano 1587, polo cóengo Rodrigo de Páramo, da familia Páramo, señores da Torre de San Salvador de Piñeiro. Á súa morte foi soterrado na igrexa de San Pedro de Cerceda, propiedade da casa que herdou a súa sobriña Catarina Armesto e Páramo. A última herdeira descendente da familia Páramo, María Quiroga Pardo, deixoulle a casa á súa afillada Carmen Gómez Aller. Está dedicada á labranza e só se conserva a parte central do pazo, sen torre nin ameado, xunto ás dependencias anexas.
-
PERSOEIRO
Mestre de cantería. Realizou en 1575 a capela de Pedro Carneiro na igrexa de Santa María a Nova de Noia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización xurdida a principios de 1964 coa pretensión de interpretar a tradición galeguista baixo unha óptica marxista, segundo a doutrina da liberación nacional dos pobos e os exemplos contemporáneos das loitas de descolonización. A súa xénese foi asemblearia, a partir de xuntanzas celebradas en varias cidades, na denominada operación Paloma Mensajera. O movemento contou coa participación de elementos de procedencia política moi diversa, dende democristiáns, nacionalistas e socialdemócratas ata militantes comunistas. O seu primeiro secretario xeral foi Antón Moreda. Aos poucos meses da súa fundación, nunha xuntanza celebrada en Santiago de Compostela, a organización decidiu expulsar os elementos cualificados como comunistas, entre eles o seu propio secretario xeral e diversas personalidades como Xosé Luís Méndez Ferrín, Bautista Álvarez ou Manuel María. A partir de entón, entrou nun período de decadencia que o levou á súa desintegración nese mesmo ano, ao mesmo tempo que xurdiron ou...
-
PERSOEIRO
Xeógrafo e naturalista. Foi catedrático de Agricultura no Instituto de San Isidro de Madrid. É un dos fundadores da moderna xeografía española. Destacan as súas obras Resumen fisiográfico de la Península Ibérica (1922) e Regiones naturales de España (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Discípulo de Alberto Lista, foi un dos representantes do romanticismo español. De tendencias liberais, despois da execución de Riego (1823) fundou, xunto con Patricio de la Escosura e outros, a sociedade secreta Los Numantinos, feito polo que o confinaron nun convento de Guadalajara. Recobrada a liberdade, fuxiu a Lisboa e despois a Londres, onde participou nas actividades políticas dos exiliados. En 1830 viviu as xornadas de xullo en París e pasou os Pireneos coa fallida expedición de Chapalangarra. Volveu a Londres e, amnistiado, dirixiuse a Madrid, onde ingresou na garda real. Así mesmo, foi secretario da legación diplomática na Haia e deputado a Cortes en Almería. As súas actividades revolucionarias recluírono en Cuéllar -onde escribiu a novela histórica Sancho Saldaña (1834)-, máis tarde en Badajoz e, ao rebelarse contra o goberno de Toreno (1835), tivo que esconderse. Prolífico articulista, cofundou o xornal El Pensamiento e colaborou con asiduidade na...
VER O DETALLE DO TERMO