"COI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 307.

    1. de acoirazar.

    2. Revestido dunha coiraza de placas de ferro ou aceiro que proporcionan protección.

    3. Tipo de barco de guerra de gran tonelaxe no cal o armamento e a protección prevalecen sobre a velocidade e a autonomía. Desde os inicios da navegación mecánica foi o máis grande, pesado, armado e defendido de todos, e substituíu ao navío de antano na función do barco de liña. O uso da hélice permitiu instalar as máquinas e as caldeiras por debaixo da liña de flotación, onde a protección era completa, pero a posterior invención de proxectís explosivos fixo vulnerable a parte somerxible das naves e cómpre revestilas dunha coiraza ou blindaxe. Durante a Segunda Guerra Mundial, no que foron afundidos numerosos acoirazados, diminuíu o seu papel como eixe das flotas de batalla e foi substituído polo portaavións, se ben a mariña de guerra dos EE UU reactivou algúns no 1980, como bases de fogo flotante. Actualmente, ademais de dispoñer dunha artillería potente, están equipados con mísiles de diversos tipos e unha gran cantidade de canóns automáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir cunha coiraza.

    2. Protexer algo con ferro ou aceiro.

    3. Facer que alguén se volva insensible ou invulnerable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferir ou matar a alguén a coiteladas ou utilizando outro tipo de arma branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Ao principio defendeu a política dos galicanos e dos xansenistas no parlamento de París, onde foi avogado xeral (1690), procurador xeral (1700) e chanceler (1717-1718; 1720-1722; 1737-1750), desautorizando dende 1720 os seus antigos correlixionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant (60.921 h [1996]). Industria téxtil, produtos metálicos e maquinaria, minerais e produtos non metálicos, papel e artes gráficas, e alimentación. Organízase cada ano o espectáculo dos mouros e cristiáns. Os íberos e, sobre todo, os musulmáns organizaron o territorio e concentraron a poboación. Xaime l reconquistou Alcoi no 1244. Alcoi coñeceu a axitación da Xermania e a revolta mourisca contra a expulsión do 1609, que marcou unha época de decadencia. No s XVlll, Alcoi adquiriu unha grande importancia industrial. Dende o congreso de Córdoba (1872), Alcoi foi sede da comisión federal internacionalista española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de socorros mutuos sobre o gando fundada en febreiro de 1932, mantivo a súa actividade ao longo da década dos trinta. O obxectivo era asegurar as cabezas de gando dos socios obedecendo a unha estratexia propia dos gandeiros procedentes das comunidades rurais galegas, ante a falta de protección estatal. A Alianza Gandeira foi a terceira sociedade mutualista da parroquia de Coiro (as outras fundáranse sen moito éxito en 1901 e 1912) instaurada nun momento en que o comercio gandeiro galego se favorecía das importantes exportacións a Portugal e ao interior do Estado (principalmente Barcelona e Madrid).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor da Costa de Marfil. É autor en lingua francesa de pezas de teatro dunha grande importancia para o desenvolvemento do teatro indíxena. Escribiu tamén ensaios socio-culturais sobre a África moderna (La mare aux crocodiles, 1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Aplicouse na determinación da distancia Terra-Sol (paralaxe solar). Encabezou a expedición a Nova Caledonia para observar o tránsito de Venus polo disco solar, en decembro de 1874.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e organista francés. Compuxo diversas obras, cun estilo similar ao de Corelli. Publicou o libro Principes de l’accompagnement du clavecin (Principios do acompañamento do clavecín, 1718).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Discípulo de Simon Guillain. Autor do busto do cardeal Pierre de Bérulle, feito á maneira italiana. A estatua de Gaspar de La Châtre (Musée du Louvre) considérase a súa obra mestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pasteleiro francés. No ano 1809 gañou o premio de doce mil francos ofrecido por Napoleón a quen solucionase o problema da conservación dos alimentos para os seus exércitos, e no 1810 publicou o resultado dos seus traballos. Ao establecer que un tratamento térmico axeitado nun recipiente hermético é un metodo seguro para a conservación dos alimentos asentou as bases da industria conserveira. As bases teóricas do seu sistema non foron comprendidas dun xeito coherente ata anos máis tarde, para o que foron fundamentais as contribucións de Pasteur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico e político. Foi deputado liberal no 1830 e líder dun grupo de extrema esquerda. Presidiu o Consello Xeral do Sena e foi membro do Goberno Revolucionario Provisional (1848) e ministro do Interior e de Mariña da Segunda República; aboliu a escravitude das colonias francesas. Xunto con Biot proseguiu a medición do arco do meridiano de París, iniciada polo astrónomo Méchain. Foi elixido académico aos 32 anos. Director do Observatorio de París (1830) e secretario perpetuo da Académie des Sciencies, descubriu os fenómenos da polarización rotatoria nos cristais de cuarzo, e os da polarización cromática; explicou o escintileo das estrelas segundo o principio das interferencias; determinou exactamente o diámetro dos planetas neutralizando o efecto da irradiación; descubriu a cromosfera solar e a polarización da luz difundida pola Lúa; detectou o chamado punto de Arago, un dos tres puntos da vertical que pasa polo Sol nos que a radiación difundida celeste ten polarización nula...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Responsable da adopción do sistema métrico decimal na República Francesa, foi antecesor de Cauchy, Boole, Hamilton e Grassmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aeronauta francés. Con Pilâtre de Rozier fixo a primeira ascensión en globo libre o 21 de novembro de 1783. Saíron do castelo de La Muette, atravesaron París e aterraron en Butte-aux-Cailles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou un figurativismo esquemático e totémico (1942-1952) que desembocou nunha abstracción lírica que, despois dunha estadía en Tahití, evolucionou cara á alusión de fetiches.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e pensador. Formado polos xesuítas, de mozo introduciuse en ambientes mundanos e libertinos que lle inculcaron un certo esnobismo social. Estudiou Dereito sen moito entusiasmo e deuse a coñecer cuns versos satíricos que lle valeron durante os primeiros anos da Rexencia (1715-1718), diversos confinamentos e unha breve estadía na prisión da Bastilla. Unha traxedia neoclásica, Oedipe (1719), chea de alusións políticas e anticlericais, fíxoo popular entre a nobreza e recibiu protección do rexente e do Rei (concedéronlle dúas pensións en 1722). Insistiu na súa crítica subversiva no poema épico La Henriade (edición clandestina de 1723), malia o que seguiu frecuentando a corte e mesmo foi invitado á voda de Luís XV. Non obstante , a disputa co cabaleiro de Rohen (1726) reportoulle unha nova estadía na Bastilla e o exilio en Londres ata 1729. Este período inglés transformouno nun burgués consciente e combativo, máis sensible á historia e cultura estranxeiras -descubrimento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou marquesa de Maintenon (Niort 1635 - Saint-Cyr 1719) Escritora e dama da corte de Luís XIV de Francia. Casada co poeta Scarron, tivo un salón moi célebre e encargóuselle a educación dos fillos do Rei e Madame de Montespan. Viúva, contraeu matrimonio morganático (1648) con Luís XIV. Exerceu unha grande influencia na política relixiosa do monarca. Os seus conceptos pedagóxicos, inspirados nun moralismo ríxido, están recollidos nas súas Lettres (Cartas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal napoleónico. De orixe humilde, alistouse no exército revolucionario en 1792 e ao cabo dun ano ascendeu a xeneral. Loitou nos Pireneos Orientais contra os exércitos españois de Carlos IV (1793) e contra os austríacos en Italia (1796). Colaborou no golpe de estado do 18 de frutidor do ano V (4.8.1797). En 1804 Napoleón nomeouno mariscal e, en 1806, duque de Castiglione. En 1810, despois de tomar Girona, foi nomeado gobernador xeral de Catalunya (xaneiro-maio de 1810).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Desde 1888 dirixiu a revista Revolución Francesa e foi o iniciador da historiografía sobre a Revolución Francesa. Discrepou con Hippolyte de Taine. As súas teorías foron completadas por posteriores indagacións de Albert Mathiez. Escribiu Études et leçons sur la Révolution Française (Estudios e leccións sobre a Revolución Francesa, 1893-1924) e Histoire politique de la Révolution Française (Historia política da Revolución Francesa, 1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Gracchus Babeuf (San Quintín, Picardía 1760 - Vendôme, Orleans 1797) Teórico e revolucionario. Fundou en París o diario Le Tribun du Peuple (A tribuna do pobo), portavoz do seu ideario comunista igualitario, desde onde combateu a Robespierre por conservador. Fundou o Club des Égaux (Club dos Iguais) pechado polo Directorio en 1795. Nos comezos de 1796 creou unha organización secreta para derrocar o Directorio, na que tamén participaron antigos xacobinos e tivo ramificacións na policía e no exército. A Conspiración dos Iguais foi denunciada en maio do mesmo ano a Carnot, feito que provocou a detención de Babeuf e outros conxurados. Os partidarios do babovismo intentaron unha nova sublevación das tropas, pero fracasaron. Babeuf foi executado en 1797.

    VER O DETALLE DO TERMO