"Caballero" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 25.

  • GALICIA

    Médico, psiquiatra e escritor. Foi catedrático de Anatomía nas universidades de Granada (1893) e Santiago de Compostela (1895). Compaxinou o seu labor docente coa dirección do Hospital San Roque e do Manicomio de Conxo. Publicou Programa de Anatomía Práctica (1883, 1896) e Anatomía Práctica (1898) e, no eido da Psiquiatría, escribiu varios traballos en De re phrenopatica (1915) e leu numerosas conferencias. En canto á literatura, cultivou poesía, novela e ensaio, alternando galego e castelán. Iniciouse en 1883 coa obra bilingüe, en prosa e verso, Mesa revuelta. Ensayos literarios. En 1891 publicou o poemario Rimas, enteiramente en galego. Varios poemas recollidos na obra recibiron premios, entre eles o titulado “Brétemas”, galardoado nos Xogos Florais de Tui (1891) e “O arco da vella”, o máis divulgado do autor, premiado nun certame literario celebrado en Vigo en 1881. En colaboración co seu fillo Xoán Barcia Eleizegui escribiu as novelas Dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma castelá correspondente ao apelido galego Cabaleiro.

    2. Liñaxe aragonesa, espallada por toda España. As súas armas levan, en campo de goles, un cabaleiro armado de prata, xinete nun cabalo do mesmo metal, cunha espada denuda na man destra e unha rodela na sinistra. Os de Asturias traen, en campo de sinople, un castelo de prata posto sobre ondas de auga de azul e prata, sinistrados dun león rampante da súa cor, empinado aos seus muros e superado dunha estrela de ouro; bordo de azul con oito flores de lis de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Oficial da Mariña Mercante, obtivo a licenciatura en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, un Master in Arts en Economía na Universidade de Essex e o doutorado na Universidade de Cambridge. Foi profesor das universidades de Sevilla e Santiago de Compostela, onde exerceu como catedrático de Teoría Económica en 1983, e na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Militante do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), foi elixido deputado pola Coruña na terceira lexislatura (1982-1986), actuando como portavoz de asuntos económicos do grupo parlamentario socialista. Entre 1985 e 1988 foi ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. En 1990 foi elixido secretario de política institucional do Comité Executivo do PSOE. En 1997, cando se presentou como candidato á presidencia da Xunta de Galicia, foi elixido deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento galego. Entre outras obras publicou La crisis de la economía marxista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José María Carretero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra reflicte unha gran preocupación polos temas sociais, á vez que se apoia nunha linguaxe moi elaborada. Publicou as novelas Dos días de setiembre (1962), Ágata ojo de gato (1974), Toda la noche oyeron pasar pájaros (Premio Ateneo de Sevilla, 1981) e En la casa del padre (1988), entre outras; e poemarios como Las adivinaciones (1952), Memorias de poco tiempo (1954), Las horas muertas (1959), Vivir para contarlo (1969), Descrédito del héroe (1977), Selección natural (1983) e Laberinto de fortuna (1984), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Exerceu como diplomático e como director de El Tiempo (1939-1943). Cultivou a novela con títulos como El Cristo de espaldas (1952), Siervo sin tierra (1954) e Caín (1969), o conto   en obras como El nuevo príncipe (1969) e El almirante niño (1972), e o ensaio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou por libre na Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, e posteriormente no taller de Pancho Cossío. En 1952 trasladouse ao Brasil onde foi axudante de Locateli na Academia Nacional de São Paulo e perfeccionou a súa pintura. Realizou exposicións en varios países sudamericanos como Brasil ou Arxentina. En 1969 participou por primeira vez na Bienal de Pontevedra coa obra Pescadores, expuxo nas seguintes convocatorias e en 1975 recibiu a medalla de bronce por Mariscando. Ten obras no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Polígrafo. En 1752 ingresou na Compañía de Xesús. En 1767 marchou a Italia a consecuencia do decreto de expulsión da orde asinado polo Rei Carlos III. En Roma publicou un catálogo de incunables hispánicos, estudios e diversas obras en defensa da colonización castelá de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Evolucionou dende un surrealismo inicial cara a un formalismo de filiación picassiana. Posteriormente acadou a abstracción. Foi un dos máximos expoñentes da vangarda artística da Xeración do 27.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Ademais de cursar estudios de debuxo e pintura, estudiou maxisterio e piano. Nas súas obras reproduciu as porcelanas de Sargadelos e os encaixes de Chantilly, Bruxas e Camariñas, ademais de paisaxes, bodegóns e monumentos antigos. Realizou exposicións en diversas cidades e vilas de Galicia e en Madrid. Da súa produción salienta Combarro e Divina Pastora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e escritor. Entre as súas publicacións destacan a novela Pobre Luisa! (1885) e os estudios Dicionario tecnológico de ciencias médicas (1886), Higiene de la mujer (1889), Consideraciones clínicas acerca de la etiología y terapéutica de la neumonía (1893), Nociones de gimnástica higiénica (1894) e Historia de una epidemia de viruela (1898), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e micrógrafo. Ocupou en 1881 a cátedra de Física e Química do Instituto de Pontevedra onde tamén exerceu como director ao tempo que dirixía a fábrica da luz, a estación meteorolóxica e o laboratorio municipal. Realizou traballos micrográficos (microscopía e microfotografía), e mantivo unha estreita relación con Baltasar Merino e Víctor López Seoane, con quen quixo levar a cabo o primeiro estudo das diatomeas de Galicia. Colaborou cos científicos Santiago Ramón y Cajal e Odón del Buen, e coa Sociedad Española de Historia Natural, o Museo de Ciencias Naturales de Madrid, o Laboratorio Español de Oceanografía e a Junta para la Ampliación de Estudios. Impartiu cursos para a formación de especialistas nas técnicas microscópicas e de preparación de mostras. . En 1893 publicou La fotomicrografía e en 1897 Técnicas de las preparaciones microscópicas sistemáticas. En 1911 publicáronse dez láminas con 171 especies de diatomeas fósiles de Morón no libro La diatomología...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor teatral. Pertenceu á chamada Xeración dos 80 do teatro español. Titulado pola Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, na que exerceu como profesor. Autor das pezas como Y todo por nada (1986), Querido Ramón (1992) ou Squasch (1988), esta última representada pola Compañía de María en 1995, en versión de Xepe Casanova, con dirección de Quico Cadaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cecilia Francisca Josefa Böhl de Faber.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Intendente Xeral de Galicia dende 1721. Como corrixidor da Coruña, cargo inherente á intendencia, promoveu melloras nas rúas da cidade, así como a construción do acueduto de San Pedro de Visma e dos polvoríns de Montealto e A Estrada. Así mesmo, conseguiu a autorización real para crear na Coruña unha compañía para o comercio coas Indias, polo que dende abril de 1734 o porto da Coruña foi autorizado para abastecer de todos os xéneros de Europa ás provincias de Yucatán e Campeche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción española rodada en 1972 en exteriores e interiores da Escola Naval de Marín e nas cidades de Pontevedra e Vigo. Foi dirixida por Ramón Torrado e interpretada por Peter Lee Lawrence, Maribel Martín, Alfredo Mayo, Ramón Pons, Pepe Ruíz, Rafael Hernández e Adoración Vázquez, entre outros. Tres amigos, alumnos da Escola Naval de Marín, estragan a súa amizade por mor dun malentendido ocasionado polas relacións que un deles, Carlos, mantén con dúas mulleres. A axuda dun dos seus profesores será fundamental para recuperar esa amizade perdida. Cando todo volvía á normalidade, Enrique, un dos tres amigos, no intento por salvar un barco que naufragaba, morre. Ao finalizar o curso, no desfile final, xa como alféreces, lembran o seu compañeiro falecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ramon Deodat Caballero i d’Urbina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón (15.227 h [1996]). É a cabeceira e o centro económico da comarca agrícola de Las Bajas Cinco Villas. As principais actividades económicas son a agricultura, especialmente os cultivos de cereais, a industria agroalimentaria e a fabricación de maquinaria agrícola. De orixe ibérica, foille conquistada aos musulmáns por Afonso I de Aragón o Batallador (1106), quen lle concedeu a carta de poboamento. Foi escenario das loitas civís que precederon ao compromiso de Caspe. Alí tivo lugar a reconciliación entre Xoana Enríquez e Leonor de Navarra (1467). As tropas de Filipe V sitiárona durante a Guerra de Sucesión. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa románica de San Salvador e a de Santa María, de orixe románica e modificada no s XVII, declaradas Ben de Interese Cultural en 1931 e 1984 respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi autor de célebres zarzuelas como La Marsellesa (1876), El dúo de la Africana (1893), La viejecita (1897) e Gigantes y cabezudos (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura (9.492 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandería. A cidade foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1967. Destacan o dolmen de Toniñuelo (BIC, 1931) e os restos da antiga fortificación medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO